Lupinus luteus.

Faba loba. (Altramuz amarillo)

A faba loba simplemente me chamou moito a atención en moitos prados, polo mes de xuño,  que están cubertos destas flores.

Non é moi frecuente na beira dos ríos pero hai zonas onde os prados, repito, están cubertos delas. Sobre todo pola zona do Incio en Lugo.

Esta é a razón da ficha deste planta marabillosa.

Na fotografía está cuns estralotes, pero a planta é a da dereita.

Ver  características.

salir.jpg (922 bytes) Saír        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lupinus luteos. Faba loba.

A planta é doada de identificar.

É bastante grande.

A cor amarela das flores.

A súa forma é bastante característica.

O seu cheiro non deixa lugar a moitas dúbidas.

Onde se ve hai moitísimos pes desta planta.

Ver fotografía nesta misma ficha.

 

A faba loba ou faba bravía vina en moitos prados,  e moi abondosa como se mostra na fotografía.

Hai prados cubertos desta flor a finais de maio, polo menos na zona do Incio, concretamente na Serra de Vilasouto. Rubían. Lugo

En Calvos (Vilasouto-Incio-Lugo) a faba loba chámanlle fabocas. Así queda dito.

A planta é erecta e vellosa, entre 20 e 80 cms. con flores de cor amarela dourada que cheiran a violeta.

Trátase dunhos racimos entre 5 a 10 racimos que teñen un aspecto moi bonito.

Tamén presentan o froito que son auténticas fabas.

As follas teñen entre 6-8 folíolos un pouco abovados.

Este é o froito da faba loba.

A faba loba dase moi ben en terreos que son pastos arenosos, moi cultivados.

De feito onde estaba este prado o ano pasado había centeo e así cambiando continuamente.

Este é o aspecto do prado.

A faba loba é cultivada como forraxe e como abono verde.

As semillas frescas son velenosas.

Ver a fotografía en grande abaixo...

Este é o aspecto xeral do prado onde foron feitas as fotografías anteriores. Calvos, serra de Vilasouto. Incio. Lugo.

 

Outra fotografía sacada no mismo prado. Xuño do 2005. Calvos. Vilasouto. Incio. Lugo.

 

Fotografía sacada do libro Diversidade publicado pola Xunta de Galicia e firmado por Rogelio P. Moreira.


Saír.