Asphodelus albus.

 Abrótega. (Gamón)

Son abondosas nos prados de alta e media montaña das provincias de Ourense e Lugo. Tamén por suposto na Coruña e Pontevedra, pero menos.

A fotografía (do autor da www, como todas as da ficha) está sacada a 1.100 metros de altitude, nas montañas de Chandrexa de Queixa, Ourense,  e xusto a beira do río Queixa (Navea).

A flor é marabillosa e orixinal pola súa feitura. Hai prados enteiros  cubertos desta planta,  na zona dita.

Ver  características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Abrótega. Abrotia ou brotia.

Prado cuberto de abrótegas ou brotias. Chandrexa de Queixa.

Con esas "pellas" xogaban en tempo os rapaces có canivete.

A abrótega chámase en galego con moitos nomes:

Brotia, abrotia, aboítega, abroia, abródiga, abrótena, albrotia, albróxita,  mórtegas,  asfodelo, breca, gamón, cabeco, cadavo, herba do gando, lumbrieiro, nunú, ouropesa, pé de pita, petuga,  e un longo, longísimo etc.

O cal quere decir que é unha planta coñecida de sempre polos nosos paisanos. Ademáis moi ben coñecida.

Os máis usados son: abrótega, brotia e abrotia.

Trátase dunha liliácea.

Esta fotografía está sacada, polo autor da www, en maio do ano 2005.

Trátase dun prado de auga abondosa xa que hai un regato do que se aproveita a auga para enchoupalo e ter unha boa herba.

Dende a primaveira bota un talo sen follas longo e no cumio deste talo aparece unha espiga de froles blancas, que se van abrindo pouco a pouco.

Leva moitas follas na base, estas follas son longas, case dun metro, con rameta aguda no borde da folla.

Parece dende lonxe que as herbas do pe da flor son espadañas.

Vese que non.

Desas follas verde sale un talo, no que se ven as espigas e as flores.

Nesta fotografía vese perfectamente esta espiga da que falamos, tamén se ven as frores unhas abertas outras in abrir.

Estas vanse abrindo dende a primavera ata o verán pouco a pouco.

O froito das abrótegas que se chamaban pellas, antes de madureceran eran usados polos rapaces para tirar có canivete ou tutel. (Son unhas boliñas moi pequenas de cor marrón)

Hoxe estas costumes e xogos, prácticamente soio saben delas os máis bellos do lugar.

Os mozos ou cativos hoxe xogan a outras cousas...

As froles chegan a 5 cm. de diámetro e os talos a 1 m.

Nesta fotografía sacada no mismo lugar pero quince días máis tarde vense perfectamente as pellas que usaban os rapaces para o canivete ou tutel.

Aquí xa están moi grandes.

As raíces son tuberosas grosas e os talos son rexos e como está dito de ata 1 metro.

Medra por regra xeral en terreos degradados, por exemplo por queimas ou abandonados.  Por regra xeral en toxeiras, uceiras pastos ou rochedos derivados de rocas silícecas.

Na fotografía o río Navea, na Serra de Queixa. En primeiro lugar o prado onde saquei as fotografías.

 

As raíces tuberosas frescas cortadas ou machacadas,  aplícanse externamente contra ecemas, herpes e psoriase.

Por Toledo chámanlle Vara de San Xose.

A planta é tóxica para os humans xa que conten asfodelina, que realmente non sei o que é.

O que si sei é que:

Tamén é curioso que o gando o pastar nestes prados non tocan a esta planta. A planta é boa para usos externos, seica non é boa directamente. É tóxica.

Seica a fermentación dos tubérculos produce alcol, pero ollo con este dato está sacado de internet e non cita a fonte.

Tamén se usa como cosmético.

Tamén como uso ornamental, non me estrana  ver a seguinte imaxen:

 

O texto está copiado, na súa maior parte, do libro Flora de Galica de Xosé Ramón García.  Editorial Follas Novas. 1979 .

Tamén do libro Guía de Plantas Medicinais de Galicia de Antonio Rigueiro e varios. Galaxia 1996.

Os fotografías son do autor da www: Secundino Lorenzo.

Todas as fotografías están feitas neste prado a carón do río Navea ou río de Queixa, xusto onde baixa o regato da Fraguilla, o pé do pobo de Taboazas. Un lugar sin lugar a dúbidas singular.

Neste prado, na parte de arriba,  vense un gran carballo (xa enfermo)  e o seu fillo, máis o lonxe no centro un pradairo singular e a dereita un bidueiro.

No medio, casi parece o corro de Bruxas as nosas esbeltas abrotias ou abrótega, unha planta que me chamou poderosamente a atención, e como non, puxen unha ficha.

Realmente vendo estas imáxenes enténdese perfectamente que se reivindique unha natureza marabillosa e que se fagan e xustifiquen páxinas www como a miña...

Por suposto as abrotias, si as deixan,  cada ano aumentan. Maio do 2007.

Saír.