Na sensacional fotografía de Josef Hlasek vese perfectamente o frundio, en castelán mirto.
Realmente é un arbusto que pode chegar os dous metros.
Atópase as veces a carón dos ríos galegos e nas brañas.
Florece na primavera.
Non está de máis coñecelo xa que utilízase como medicinal, ornamental en incluso na elaboración de licores.
O frundio ten este aspecto.
Esta planta chámase en galego: frundio, frundo, frundiño, mirto de Barbante e tamén en algún lugares palmas.
En castelán chámase mirto ou mirto de Barbante. Tamén arrayán brabántico.
O nome de myrica ven do grego muron e fai referencia o perfume desta planta. O de Gale seica é o nome que se lle da en Escocia.
As follas son dentadas na parte máis exterior. Ten uns puntiños doutra cor que son en realidade esencias.
É polo tanto unha planta aromática, eso é evidente.
O froito é unha drupa seca e acastañada.
A planta pode botar ata 2 metros e dende logo parece unha pequena árbore. A cortiza é negra ou negruzca.
As follas son longas e o final aserradas. Os puntiños que ten , que son doutro cor, son esencias. Vense ó trasluz.
Atópase a carón dos ríos galegos pero no norte de Galicia, ou sexa toda a provincia da Coruña, o norte de Lugo e o norte da provincia de Pontevedra.
Pode atoparse ata 1.000 metros de altitude.
As flores que se ven na fotografía son verdosas amarelas. As masculinas e as femininas saen en plantas distintas.
Ten unha floración precoz na primavera.
Tense usado para escorrentar insectos tamén dicen que teñen propiedades sudoríferas.
O froito tense usado para facer licores e proporciona un colorante amarelo.
Tamén se ten utilizado como ornamental.
Bibliografía usada "Guía das árbores de Galicia" de Henrique Niño e Carlos Silvar; e "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García.