Ludwigia spp. (Duraznillo de agua)

Fot. A. Mallel.

A ludwigia é unha planta que actualmente  está a invadir os ríos galegos de forma preocupante. Florece en ríos e regatos de pouca corrente, sobre todo charcos e regatiños pequenos.

Ë un problema, xa que a larga baixa a calidade da auga, trae patóxenos, mosquitería, etc; tamén é un problema a súa erradicación xa que presenta moitísimos atrancos, reprodúcese rapidamente e crea unha biomasa dificil de tratar. Si non se fai ben é peor o remedio que a enfermedade.

Últimamente a Xunta, por medio da CHMS,  está actuando en Ourense, no encoro de Castrelo de Miño contra esta planta invasora. Concretamente nos concellos de Cenlle e Castrelo. As augas paradas, os encoros,  é o que traen os nosos ríos grandes como o río Miño, cantidade de especies invasoras de todo tipo... Agora é ludwigia, pero antes foi a carpa, o bas, etc.

Ver este link

 

Ver outras características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ludwigia spp.

Duraznillo de agua.

Descoñezo ao autor da fotografía.

 

Son plantas herbáceas acuáticas emergentes, perennes e moi fortes. A súa erradicación presenta problemas por este motivo. As follas son parecidas as dos sauces. As flores son amarelas.

O que fai nos regatos é acabar coas plantas propias do regato en base a tupir a superficie e polo tanto non teñen luz para vivir. Dificultan a navegación e a vida do regato. A larga baixa a calidade da auga, increméntanse os patóxenos, e a mosquitería entre outras cousas...

Neste lugares inda por riba proliferan os mosquitos.

Ata agora o problema estaba en Cataluña e Valencia, pero xa está extendida o río Tajo e por suposto en Galicia.

Fotografía no río Miño polos concellos de Cenlle e Castrelo. Descoñezo ao autor da fotografía.

É de orixen americano, inda que temos unha variedade propia  como é a Ludwigia palustris, pero da que estamos a escribir hai moitísima variedade e xa é problema, seguramente provocado polos criadeiros de flores;  a planta é bonita e hai variedades con outros colores. Un mal uso nestos criadeiros en canto o refugallo, simplemente botalo o río pode ser a causa desta proliferación...

 

Saír.