Merendera montana.

Tollemerendas. Quitameriendas

 

A tollemerendas, tamén chamada quitamerendas e merendera é unha planta herbácea de follas lanceoladas e da familia das lilyacias..

Florece entre agosto e outubro en prados e claros de toda Galicia.

A fotografía está sacada a finais de setembro na Edreira en Chandrexa de Queixa, a carón do río de Queixa.

É curioso saber de onde lle ven o nome...

 

Ver outras características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O seus nomes populares proveñen de que marca a época na que o día empeza a devalar, ou sexa os días son máis pequenos, e polo tanto os xornaleiros non lles servía a merenda no campo os traballadores. Xa tiñan que ir á casa.

Tamén os pastores que cando aparecen estas flores xa saben que hai que deixar o pastoreo que veñen os fríos...

A Merendera montana chámase en galego Tollemerendas e tamén Quitamerendas.

É sinónimo a Merendera pyrenaica. Trátase é bulbosa na base de dous ou tres cms. As flores normalmente solitarias son púrpuras e as veces blancas de todo, raramente dúas.

Son seis sépalos

As anteras son amarelas.

Fotografía sacada deste link que ten outras fotos marabillosas.

 

 

 

Neste trozo de ponte da Edreira, en Chandrexa deQueixa (Ourense) hai varias quitamerendas.

No Courel vese moito a finais do verán a tollemerendas, no libro "A flora de Os Eidos" de Jvier Guitian, que fai un percorrido polo Courel da man de Uxio Novoneyra así aparece, está claro questa planta anuncia o outono:

Nacen as tollemerendas

polos campazos i os chaos

na Cemba da Remesqueda

no souto de San Romao.

 

Saír.