Medicago sativa

Alforfa. Alfalfa

Fotografía S. Lorenzo. Río Barbaña. Xuño 2022

A alforfa, chámase así en galego, en castelán é alfalfa, tópase moi abundante a carón dos ríos Barbaña e Lonia en Ourense. Tamén se chama Trebo caracol (xa que é parecida ao trebol e os froitos leva unha vaina parecido ao caracol.

É unha planta que pode botar ata 90 cms. as flores son azuis ou violetas e moi características. Florece casi todo o ano, pero sobre todo entre maio e agosto.

 

Ver outras características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A alforfa ( alfalfa en castelán) é unha planta leguminosa, o froito é parecido ao guisante,   que se utiliza como forraxe, conta con propiedades importantes en canto a nutrición e como mediciña.

Seica ven de Asia Central e o mellor foi introducida en España polos árabes.

Na China utilízase como consumo humán. Desa forma combaten os doores dixestivos e renais.

Esta lámina do prof. Otto Wilhelm Thomé, mostra distintos estadios da planta. Ver como se parece o trebol, e os froitos en forma de caracol e que levan dentro unha tipo de froito parecido a lentexa.

O froito é unha vaina que da varias voltas en espiral. O froito é do tipo dos guisantes, lentexas ou garbanzos.

Son moi boas para o gando, de feito utilízase a nivel mundial como a principal alimento do gando.

 

 

A alfalfa e o froito. Descoñezo ao autor da fotografía.

Seica é moi boa polas vitaminas que ten,  así como minerais como o  ferro, cinc e fósforo. Tómase para controlar a anemia e a fatiga física, é polo tanto un tonificante. Hai xente que a toma coa ensalada.

Outra fotografía a carón do río Barbaña enm Ourense.

 

Saír.