Mexacán. (Diente de León)
O Mexacán chamado en galego Leitaruga e Dente de León é un grupo de especies de follas basais grandes e grosas, de lóbulos triangulares dirixidos hacia atrás.
Florece en maio. Vese moi a menudo nos prados.
As follas pódense comer en ensalada ou como verdura. Son moi diuréticas.
A súa raíz foi usada en tempo como achicoria e polo tanto como sustituto do café.
A flor é moi característica, dun amarelo rechamante...
Quen non soplou algunha vez estas esferas deliciosas que nada máis sentir o vento xa voan e desaparecen...
Na fotografía son as sementes do mexacán.
As follas son moi alongadas e verdes. Son lanceoladas.
Os pedúnculos botan leite o arrincalas.
Florecen todo o ano , realmente, dependendo do terreo.
O nome científico é Taraxacum officinale.
En castelán chámase Achicoria amarga e tamén amargón, e por suposto dente de León.
Foi usada, as súas raices, como sustituto do cafe.
É Depurativo, desintoxicante, diurético, colerético, dixestivo e laxante.
É unha planta amarga cuio consumo continuado pode causar molestias na mucosa gástrica. O latex que exuda pode irritar a pel por contacto.
Presente en toda Galicia.
Este ano 2013 vense moitísimo a principios de abril pola zona do Cabe no Incio.
Indicaciones y comentarios: a súa principal capacidade é limpar o organismo de axentes tóxicos. Ten efectos diuréticos e desintoxicante. Actua sobre a vesícula e os rils, imposibilitando a formación de cálculos, facilitando a emisión de orina e a eliminación de toxinas.. Combate a oliguria e a dificultade de orinar e axiliza a curación de outros trastornos como cistitis e uretritis. Ë un depurativo para os hipertensos, enfermos de gota, ademais o sobrepeso por retención de fluidos. Como tónico estomacal estimula os procesos dixestivos e suaviza as dixestións dificiles, posibles malestares e intoxicacións.
Explicación de por que se chama dente de León.
Tomado deste link, que por certo trae unhas fotografías fantásticas. Na fotografía vense estos dentes que explico a continuación.
Seica o Doctor e botánico Leonhart Duch, no século XVI recomendaba o "Taraxacum officinale" os seus pacentes como astrinxente, antidiarreico, para o dor estomacal e para favorecer a menstruación: tomando como medida unha peza á que chamaba "dente". Así os pacentes tomaban un número determinado de dentes según a doenza e o grado.