Phyllostachys viridiglaucescens. Bambú. (Bambú de China)

Bambús a carón do río Barbañica en Ourense

O Bambú figura por méritos propios dentro das plantas ou arbustos a carón dos ríos galegos. Non é abondoso e vese pouco xa que o bambú,  do que hai moitísimos xéneros,  procede de paises como Asia, América e incluso Africa.

Os méritos propios son que resultan dun material extraordinario para facer  canas dos pescadores entre outros moitos usos.

 

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características do Bambú

Bambú a carón do río Barbañica en Ourense.

 

Nome científico:

Phyllostachys viridiglaucescens
 

Taxonomía da planta:

Reino: Plantae

División: Magnoliophyta

Clase: Liliopsida

Orden: Poales

Familia ; Poaceae

Subfamilia: Bambusoideae

Xénero: Phyllostachys
Especie: Phyllostachys viridiglaucescens

 

O nome castelán é o de Bambú de China.

Nota:

Non estou seguro que este bambú da fotografía sexa precisamente o da especie Phyllostachys viridiglaucescens, xa que hai moitos en Galicia,  como as variedades flexuosa, aurea, etc.

O que si é:  un bambú.

Características familiares dos bambús:
    Arundinaria, Bambusa, Dendrocalamus, Phyllostachys, Sasa SPP. Hay unas 1.000 especies agrupadas en unos 50 xéneros.

O Phyllostachys é un deles.
 

 

Os bambús son orixinarios de Asia, América e Africa. O Bambú foi introducido polos portugueses no século XVI.

Dende logo é unha planta moi útil tendo moitísimas aplicacións aparte da súa mitoloxía e simboloxía.

Moitos chámana o "aceiro vexetal" debido a súa dureza.

As canas de pesca de bambú son auténticas xoias pola súa forza e a súa elasticidade.

Por eso figura esta planta nestas fichas.

Viveros de Bambú en Galicia.

A planta do Bambú é fácil de recoñecer,  cando está formada xa a cana,  polo aspecto que tén.

Cana do Bambú.

As follas tamén son moi características. lanceoladas, longas, pasan algunhas dos 20 cms.

Este é o aspecto da plantación.

Esta fotografía está sacada no río Sarria preto do muíño de Mercedes e Jose Antonio Mourin dous amigos. Todo un detalle ter bambú a carón do muíño.

Ver este link da miña visita ó seu muíño.

salir.jpg (922 bytes) Saír.