Rosmarinus Officinalis. 

Romeu.  (Romero).

Trátase dun arbusto bastante coñecido e abondoso que cheira moito, e sempre está  verde. Pode chegar ata 2 metros.  Leva, como se ve,  moitas follas estreitas verde oscuras, algo duras e reviradas polas beiras. As follas miden de 2 a 3 cms. O romeu utilízase moito en Galicia para os croques e o reuma.  Incluso se utiliza na cociña.  É unha das sete plantas básicas para facer a mestura para elimina-los malos espíritus a noite de San Xoan. 

A fotografía está sacada polo autor da www no Paseo das Ninfas, a carón do río MIño, en Ourense.

Ver outras características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.           

ROMEU

Trátase dun arbusto bastante coñecido e abondoso que cheira moito. Sempre verde.

Para mín cheira ben, para outra xente é un pouco cargante o seu cheiro. Pode chegar ata 2 metros.

Leva como se ve moitas follas estreitas, verde oscuras, algo duras e reviradas polas beiras. De 2 a 3 cms.

O romeu utilízase moito en Galicia para os croques e o reuma. Incluso se utiliza na cociña.

En galego chámase romeu. En castelán romero. 

Pode chegar ata 2 metros.

Leva como se ve moitas follas estreitas, verde oscuras, algo duras e reviradas polas beiras. De 2 a 3 cms.

O romeu utilízase moito en Galicia para os croques e o reuma. Incluso se utiliza na cociña.

En galego chámase romeu. En castelán romero. 

É unha das sete plantas básicas para facer a mestura para elimina-los malos espíritus a noite de San Xoan.

As flores van en ramiños antre as follas.

Son bilabiadas, con dous estames e corola lila.

O cálice leva tamén dous labios, o de enriba soio, e o de abaixo dividido en dúas puntas.

Frolece de primeiros da primavera deica os primeiros do outono.

Fotografía de J.R. Manhart.

Cocidas con viño emprégase contra o reuma e os croques.

Tamén se utiliza nos estados de agotamento, unha cucharilliña  de herba nun 1/4 de litro de auga fría, logo quentada ata que ferva. 1 taza pola mañan e outra o mediodía.

Tamén se utiliza como especie tanto para carne como para os peixes.

Ten sustancias activas: aceite esencial, resinas, taninos, principios amargos, ácido de romero.

Como medicinal é unha herba moi apreciada en Galicia.

Romeu no paseo das ninfas en Ourense, a carón do río MIño. 23/11/2005

Saír.