Foeniculum vulgare.

Fiúncho. Hinojo.

Trátase dunha planta apiácea, coñecida e abondosa que cheira moito. Cheira a anís.

As follas son coma fíos. Bota as flores polo verán de cor amarela. Cando as flores dan froito, chámanse anises. As follas empréganse nos maios.

É unha das sete plantas básicas para facer a mestura para elimina-los malos espíritus a noite de San Xoan.

A fotografía está sacada en Ourense, a carón do río Miño, polo paseo de Quintela.

É bastante abondosa.  Perenne.

 

Ver características

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FIÚNCHO

Fiúncho no paseo do río Barbaña. Ourense ciudade.

 

Trátase dunha planta coñecida e abondosa que cheira moito.

As follas son coma fíos. Bota as flores polo verán de cor amarela. Os tallos son brilantes.

Cando as flores dan froito chámanse anises, e o parecer bótanse as castañas para cocer. As follas están dispostas en grandes umbelas.

As follas empréganse nos maios.

Pra facer o Maio/ fumos a roubar/ frores e fiúncho,/ quixéronnos matar

É unha das sete plantas básica para facer a mestura para elemina-los malos espíritus a noite de San Xoan. Os froitos tamén se utilizan para facer anís.

Dase moi ben en terrenos secos, baldíos, terrapléns e a carón dos ríos.

En castelán chámase hinojo común, en galego fiúncho e fiollo, e en portugués funcho.

De ata 2 metros, con tallo estrilado brilante, glauca e olorosa.

 Folla de contorno triangular, con lóbulos filiformes de extremo cartilaginoso.

Umbela con 4-30 radios xeralmente sin brácteas; flores amarelas.

 Dase ben nos bordes de camiños, estradas, etc.

O fiúncho é especial para as flatulencias, malas dixestións, inflamación intestinal, inflamacións dos ollos, tos, asma...para casi todo.

O froito ten un aceite esencial con anetol que é moi bon para todo o anterior.

Ollo: ten contraindicacións. Para ver estas infusións é interesante o libro "Plantas y remedios naturales de los Caminos de Santiago" de  Txumari Alfaro.

 

Fotografía do autor da www.

O fiúncho presenta na parte de abaixo un talo robusto, como se pode ver na fotografía  de Debra Teachout-Teashou.

O fiúncho presenta un talo corpulento. Fotografía do autor da www.

Outra fotografía.

Para rematar unha fotografía que me gusta especialmente, nela vese perfectamente porque a esta planta se lle chama fiuncho:

Saír.