Primula vulgaris.

Primavera (Primavera)

En galego chámase tamén cáncaro.

Ten moitas flores, que nacen individualmente sobre longos pedúnculos. Estas flores teñen un cáliz que as fai inconfundibles. É frecuente velas preto dos ríos. As flores son blancas ou amarelas.

Antiguamente era unha planta medicinal moi importante, utilizábase para os catarros,  bronquitis , gripes, neumonía, tos ferina, reumatismo e a gota. Incluso a raíz ten propiedades hemolíticas.

Hai xente que as follas cómenas  en ensalada.

A fotografía é de Josef Hlasek.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Primula vulgaris.

 Primavera ( Primavera)

 

As flores suben individualmente dende o centro da roseta de follas. Follas moi grandes entre 5-25 cm., lanceoladas ou ovais, irregularmente dentadas; ten pedúnculos de 6-20 cm. , que se tumban o fructificar, con pelos longos. Corola de 2-4 cm. de diámetro.

Dase en lugares húmedos, prados, preto dos ríos, bosques sombríos.

Non é dificil de identificare.

En castelán dinlle primavera, en galego tamén, pero algunhos dicen cáncaro, cáncere, prímula e tamén herba de San Pablo.

As flores teñen un pedúnculo moi longo, sobre 20 cms.

En castelán tamén lle chaman orejas de oso.

Nesta fotografía vense tamén os pedúnculos.

Descoñezo o autor da fotografía.

Pola miña banda atopei esta planta en moitos lugares, pero vín moitas subindo a Devesa da Rogueira, no Courel en Lugo, o pe do regato do mismo nome.

Tamén en Monforte nas ribeiras do Cabe e do río Mao.

Seica o té de pétalos da primavera é moi agradable, ademais de sedante. Tamén hai xente que a come como ensalada.

Esta fotografía é do autor da web, está sacada no río Pentes en  Barxa (Ourense) onde están as minas de wolfram, xusto onde sae o río na montaña furada.

Ver este link, no que aparece a utilidade desta planta.

Saír.