Oenante. Felandrio acuático.
Herba moi abondosa en moitos ríos e regatos de Galicia.
Pode botar ata 1,5 metros de altura. Por baixo pode ter ata varios metros, cún talo recio e moi asentado no leito do río.
É tóxica tanto a planta como as raíces, que son espectaculares de grandes. Cuidado con elas...
Descoñezo o autor da fotografía.
Lóbulos das follas basais ovais ou redondeadas. De ata 1,5 m. de altura, robusta e ramificada.
Raíces moi grosas e amarradas moito o leito dos ríos, poden ter ata varios metros por debaixo do río, refírome o talo. Este é oco e asurcado. Repito que as raíces son velenosas.
Follas lustrosas, as basais pinnadas 3-4 veces, con segmentos de base en cuña, lobulados e algo dentados; as superiores primadas 2-3 veces. Umbelas con 10-40 radios. Flores blancas ou rosadas. Froito cilíndrico.
As veces hai tramos do río cheos desta planta. Neste caso o río é o Mao en Montederramo (Ourense) e a herba inda non sae do río polas crecidas. No verán estará toda fora como nas fotografías seguintes.
Moitos pescadores chámanlle perexil , pero esta planta non ten nada que ver con el. En castelán si que se chama felandrio, cicuta acuática e tamén perejil de las brujas.
Xunto có Oenanthe crocata, o chamado pe de boi, son dous oenanthes que hai nos ríos galegos.
Fotografía sacada no río Mao.
Moitas veces a oenanthe sae fora da auga, realmente ten uns talos moi grandes, recios e fortes.
Está moi amarrada o fondo do río.
En galego non sei como se chama. En Portugal ten moitos nomes: falandrio acuática, funcho de auga, cicutaria dos paúis.
Outra imaxen. Descoñezo o nome galego desta planta. Moitos dicen perexil pero non é evidentemente.
Como planta medicinal foi empregada nas doenzas da rexión toráxica. Esta indicada en: catarro pulmonar, tos crônica, bronquitis, tuberculosis pulmonar, tamén no asma, dores de cabeza e inflamacións oculais. Pero ollo que é peligrosa e hai que saber as dosis exactas. As raíces son tóxicas mortais.
Esta fotografía está sacada no río Miño a dous kilómetros de Peares, río abaixo. Aquí abundan moito, aparte das arrabazas, estas plantas.
En castelán chámanse felandrios, en galego descoñezo o nome, inda que hai unha moi parecida que se chama Pé de Boi, que é da mesma familia, a Oenanthe crocata.
Fotografía do oenante onde se ve o amarre forte o leito do río. Neste caso está fortemente amarrada o canle e a auga pásalle por riba. No verán sacará os seus ramallos fora...
Detalle da planta. Oenanthe aquatica.
Detalle do perexil (o cheiro é moi distinto).Petroselinum crispum
Sen dúbida é unha planta altamente velenosa, todos os Oenantes, en especial a crocante. Os tubérculos ou raices que se ven no dibuxo poden producir tamén a morte. Inda por riba son de gusto doce.
Outra imaxen das raíces. Ó cortalas teñen cor blanca e son doces.
Ollo que son velenosas mortais.