Erica arborea.

Uz. Brezo blanco.

A uz , urce, urce blanca é abondosa preto das beiras dos ríos galegos, sobre todo na parte oriental de Galicia, dende os Ancares ata Verín. Foi cultivada como ornamental.

É moi abondosa nos montes galegos.

A fotografía está sacada no Rodicio, en Ourense.

 

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

UZ. URCE BLANCA. UR BLANCA.

 

Fotografía do autor da www, sacada no Rodicio en Ourense.

Descripción:

Trátase dun arbusto entre 1 a 4 metros co tronco moi delgado e flexuoso. (Ollo, pode chegar a medir ata 7 metros). 

Grande e ramificada, de aspecto plumoso, con follas moi numerosas, diminutas, verde vivo, con grandes e densos racimos piramidais que teñen moitísimas flores blancas e rosadas, moi pequenas e perfumadas.

 

Dibuxo do Libro Guía das árbores de Galicia de Henrique Niño e Carlos Silvar.

 

Bioloxía:

A uz ten pedúnculos longos e corola acampanada.

Algúns dos pelos das ramiñas novas son espinosas.

As follas son moi pequeniñas entre 3 - 5 mm.

Flores moi numerosas, algo olorosas.

Florece sobre febreiro a marzo nas altitudes baixas e a finais da primavera nas altitudes mais altas.

O froito é unha cápsula sin pelos que se abre en catro valvas.

 

 

Habitat:

Matorrais e brezais .

Dase moito cerca dos ríos de Galicia, pero máis ben na zona do Caurel en Lugo e na zona oriental de Ourense. Barco de Valdeorras, Chandrexa, Montederramo, Vilariño de Conso e Verin. 

 

 

Fotografía de Russ Collins.

Nomes:

Chámase uz, uz branca, Urrigata, Brezo branco. En castelán urce.

 

Uz, sacada do libro "Guia de Campo de las flores de Europa" de Oleg Polunin.

 

Curiosidades:

A madeira é moi boa combustible, utilízase para quentar o forno antes de cocer o pan.

Dos tallos obtense un excelente carbón.

Mediciña:

É diurética.

Noutro tempo utilizouse contra as picaduras das víboras.

 

 

 

 

Nota importante:  en Galicia hai varios tipos de uces: a Erica arborea, desta ficha, a Erica Umbelata (queiruga de umbela), Erica Cinerea (queiruga de tres follas), Erica Australis e Erica Ciliaris (Queiruga veluda). Todas son bastante parecidas.

Texto sacado dos libros Guía das árbores de Galicia de Henrique Niño e Carlos Silvar e do libro "Claves de la Flora de España " de Mariano Garcia Rollán. Tamén da "Guía de campo de las flores de Europa" de Oleg Polunin.

Fotografía da uz en flor sacada en Leboreiro, a carón do río Mao en Ourense.

Uzes no Rodicio. Ourense

Uces no río Navea. Chandrexa de Queixa. Ourense.

 

Saír.