Tradescantia (Orella de gato). (Pamplinas)
Esta planta é unha invasora actual do río Miño, según o libro "As bioinvasións na Galiza" de Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández publicado por Edicións a Nosa Terra (2004).
É máis, según estos autores a trasdescantia é o abeiro da sombra da mimosa un sistema xenuino moi extendido e persistente que quizais sexa o máis característico do río Miño hoxe.
Ver características e fotografías.
As follas da tradescantia non son comidas polos animais o que leva a súa proliferación, tamén axudada polos pescadores da zona que nas súas botas espallan a planta.
Realmente é actualmente unha invasora do río Miño.
A fotografía é de A. Murray da Universidade de Florida (en pouco tempo porei fotografías miñas).
É unha planta de orixen americano introducida en moitos lugares (incluso nas Canarias onde se chama Orella de gato ou quesadillo) e que que se convirtiu en invasora de lugares húmedos. Os fallas son envainantes e algo carnosas, ovadas ou ovado-lanceoladas.
En castelán tamén lle chaman pamplinas.
A tradescantia é unha planta moi utilizada en xardinería xa que ten unhas follas moi bonitas sobre todo a variedade variegata. Require poucos cuidados.
É unha planta de follas duras, que quere moita luz. É unha planta moi resistente e vai para arriba sempre, é moi raro que sexa atacada por parásitos.
O nome en xardinería é Amor de hombre (seica si se ten na casa esta planta seguro que nunca vai faltar o amor dun home) .
As flores están formadas por 6 segmentos e son blancas ou de cor lila pálido.
O nome de Fluminensis fai mención a Río de Xaneiro.
fluminensis: epíteto xeográfico que alude a Río de Xaneiro (Flumen Ianuarii).
Tradeschantia é o nome xenérico dedicado a John Tradescant (1608-1662),
Na fotografía sacada dun link da Gomera , onde o parecer é abondosa, vese perfectamente a flor e as características da mesma.
En Arxentina tamén lle chaman estrellita, está claro o nome. Trátase neste caso de flora da ribeira de ríos do norte do país.