Athyrium filix-femina.

Fentos (Helechos.)

Os fentos son as plantas máis coñecidas pola xente, en xeral.  Pero ollo, en Galicia hai 71 especies, según a recente "Guía dos fentos de Galicia" de Henrique Niño Ricoi, Baía Edicións, de decembro do 2008. Por suposto están excluidas as ornamentais.  Algúns son moi abondosos nas beiras dos ríos galegos.

Para os pescadores son moi prácticos os fentos, xa que postos na cesta da pesca conservan moi ben as troitas e peixes todo o día.  A troita ten tendencia a dar a espiña, cando esto ocurre é mellor tirar con ela;  para que non pase eu utilizo os fentos.  Os mellores fentos para conservar as troitas:  os fentos femia. Persoalmente distingo os machos das femias o tacto... Cincuenta anos a pe de río, teñen que sirvir de moito...digo eu...

Ver características e as diferencias cós fentos macho.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DO FENTO FEMIA.

      

Fento femia,  fotografías do autor da web. Na fotografía da dereita vense os soros que son ovais cousa que os distingue dos fentos machos que son redondeados. Ver máis abaixo en grande.

Fento femenino. Athyrium filix- femina (L.) Roth.

 

fento femia.

 

Trátase dunha planta moi vivaz e vistosa. Poden ser bastante grandes sobre 1,30 m.

As láminas son de contorno  lanceolada como se ve no dibuxo, cun peciño (pecíolo) corto.

As folliñas (que se chaman pinnas) son tamén lanceoladas e no envés levan os soros que son ovais e outros arqueados como se pode ver no dibuxo. Están na parte de atrás ou sexa no envés.

Este fento é moi abondoso en Galicia incluso ata os 2000 metros. Atópase en lugares húmidos e sombrizos e dende logo a beira dos ríos galegos.

Para mín ten un tacto especial que me fai distinguilos do fento macho. Eu, sempre que vou de pesca a troita,  o primeiro que fago e tratar de atopar este fento que para mín conserva de forma especial as troitas. O peor é que últimamente en moitos lugares non os atopo, sobre todo en alta montaña.

Información sacada da "Guía dos fentos de Galicia" de Henrique Niño Ricoi, Baía Edicións, de decembro do 2008

Vexamos as diferencia do fento femia e do fento macho:

Para mín son moi distintas o tacto, o fento femia é moito máis suave, as folliñas son distintas e dende logo os soros son completamente distintos xa que no macho son redondeados e no femia son ovais. Tamén son distintas as raíces. Ver os dibuxos:

fento femia. ...... Fento macho.
Fento femenino. Athyrium filix- femina. Fento macho. Dryopteris filis-mas (L.) Schott

Estos dibuxos son de Otto Wilhelm Thomé. Sensacionais.

Ver cousas do fento macho, para ver as diferencias:

Fento macho. Dryopteris filis-mas (L.) Schott

 

Fento macho.

 

Trátase, tamén,  dunha planta moi vivaz e vistosa. Poden ser bastante grandes sobre 1,40 m. Os rizomas (xunto a raíz) son grosos. Ver o dibuxo.

As láminas son de contorno  lanceolada como se ve no dibuxo e moi estreitadas na base, algo máis na punta, cun peciño (pecíolo) corto.

As folliñas  (que se chaman pinnas) son tamén lanceoladas, simétricas,  e no envés levan os soros que son redondeados en dúas filas como se pode ver no dibuxo. Están na parte de atrás ou sea no envés. Por suposto son distintos do fento femia.

Este fento é moi abondoso en Galicia incluso ata os 2000 metros.

Atópase en lugares húmidos e sombrizos e dende logo a beira dos ríos galegos.

Para mín non ten o tacto especial  dos fentos femia o que me fai distinguilos.

Información sacada da "Guía dos fentos de Galicia" de Henrique Niño Ricoi, Baía Edicións, de decembro do 2008

Ver algunhas fotografías miñas sacadas o 15 de Xuño no río Deza en Lalín:

Fento femia a carón do río Deza.

Os soros do fento femia anterior.

Soros do fento macho.

Saír.