Daboecia Cantabrica.

Tamborela. (Brezo -Tambarilla)

Atópase en brezais, bosques claros e terreos rochosos ácidos. Realmente é unha carrasca ou queiruga especial. En Galicia tamén lle chaman cubilón.  Ten ata 70 cms.

As flores son colgantes e de cor púrpura-roxiza. O curioso é  a súa forma en pomo.

A fotografía está sacada a 1.100 metros en Chandrexa de queixa (Ourense).

 

Ver características e outras Daboecias.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DABOECIA CANTÁBRICA.

Variedades:

Esta é variedade sacada da fotografía de Miguel López, feita no Caurel.

Dase nos bosques claros e florece entre Xuño e octubro.

O curioso é a forma da flor en pomo e racimos moi bonitos que  chama a atención.

O feito de que se de no entorno do río Lor, no Courel,  xustifica esta referencia que fago na miña páxina.

Esta fotografía é a que trae o libro "Guia de campo de las flores de Europa" de Oleg Polunin.

Realmente os cores cambian un pouco.

O importante é que se trata dunha queiruga (brezo en castelán). As flores son pendulares, dunha cor rosa e outros. A corola é en forma de pomo das portas. As follas son elípticas co marxen enrollado, verdes lustrosas e máis oscuras polo outro lado.

A daboecia é en realidade un brezo, ou sexa das familia das ericaceae, en galego recibe o nome de cubilón ou tamborela. Tamén daboecia, brezo e queiruga maior.

A fotografía é do libro "Guía de la flora del Parque natural del Xurés", de Íñigo Pulgar,  onde afirma que se presenta ata os 1.000 m. neste Parque Natural de Ourense e sempre en terreos a carón de pequenos regatos.

 

A fotografía é do autor da www, está sacada a 1.100 metros de altura en Chandrexa de Queixa (Ourense), xusto a carón do camiño que leva a Ferrería, subindo polo río Navea.

Trátase dunha Daboecia, o que os galegos chamamos cubilón.

Fotografía S. Lorenzo. Mayoi 2005.

Variedade bicolor.

Florece entre xuño e novembro.

En realidade trátase de brezos especiais.

Variedade "Arielle".

Variedade "Charle Nelson".

Estos datos, referentes as variedades, están sacados do link seguinte.

Esta é a variedade "Polifolia", ou sexa Daboecia cantábrica polifolia.

A flor é cor rosa e florece polo verán.

Xosé Ramón García fala dela como a Queiruga Maior e dice que se distingue das demais queirugas polas follas, que aquí son maiores e de forma ovalada ou lanceolada, coas beiras reviradas.

A fotografía está sacada de internet e ten a firma de Debra Teachout-Teashon ©2001

 

Río Navea en Chandrexa. Fotografía do autor da web.

Saír.