Amelanchier ovalis. Guillomo. Durillo

 

 

Trátase dun pequeno arbusto entre 1 e 3 m. coa casca avermellada, florece entre marzo-xullo e as flores son de 5 sépalos e 5 pétalos e 5 carpelos e aparecen en grupos de entre 2 a 10 corimbos.

Os froitos son en pomo moi característicos entre azulados-anegrados, na madurez, pruinosos e de sabor doce.

Vese nas zonas montañosas do Sur de Ourense, polo Xurés. Tamén o vín nas ribeiras do río Bibei pola zona das Ermidas no Bolo.

 

Ver  características.

.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Guillomo ou Durillo

Fotografía do Proyecto Forestal ibérico.

Familia: Rosaceae

Orden: Rosales

Clase: Dicotyledoneae

 

É un arbusto caducifolio que normalmente ten entre 1 e 4 m. de altura. As ramas son flexibles e resistentes e as follas ovaladas e aserradas. As follas son ovaladas de beiras regularmente dentadas, con envés tomentoso cando novas e logo glabro. As flores saen en entre abril e maio.

Os froitos son drupas globosas comestibles, de cor azul tirando a negro.

Fotografía do Proyecto Forestal ibérico.

As flores son moi características xa que teñen:  5 sépalos e 5 pétalos e 5 carpelos e aparecen en grupos de entre 2 a 10 corimbos.

Fotografía de Jordi Badía.

En castelán recibe moitos nomes: guillomo, durillo, durillo agrio, bellomera, cornillo e outros.

Descoñezo o nome galego, por eso poño o de guillomo que é o máis coñecido en castelán.

                                 

Descoñezo os autores das fotografías.

Os froitos son en pomo moi característicos entre azulados-anegrados, na madurez, pruinosos e de sabor doce.                

A mediciña tradicional dice que a corteza con bicarbonato de sodio ten propiedades de hipotensor, diurético e anti inflamatorio. As follas tamén teñen propiedades hipotensoras e antipiréticas e a savia tamén se utiliza como diurético e antireumático.

 

Descoñezo o autor da fotografía.

Vese nas zonas montañosas do Sur de Ourense, polo Xurés. Tamén o vín nas ribeiras do río Bibei pola zona das Ermidas no Bolo.

Fotografía Secundino Lorenzo.

 Río Bibei pola zona das Ermidas no Bolo, o día que saquei esta sensacional fotografía vín gillomos na zona.

 

Bibliografía:  Guía das plantas de Galicia de Xosé Ramón García.

Volver.