Cortaderia selloana.

Herba da Pampa. Hierba de la Pampa

Esta herba veu de Arxentina polos anos 1980,  simplemente como planta de xardín. Florece no verán. Hoxe desgraciadamente está espallada por toda Galicia. Trátase dunha planta invasora. O que se chama unha planta ruín.

Ata agora aparecía a beira das estradas e en autoestradas, vías férreas, agora xa se ve incluso a beira dalgúns ríos...

Mala cousa.

Seica non crece por riba dos 400 m., menos mal...

En galego chámase Herba da Pampa e tamén Cortadeira.

 

Ver  características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Herba da Pampa.

Descoñezo o autor da fotografía.

Trátase dunha planta con talos de ata 3 metros coas beiras serruladas, por ese ten ese nombre científico de Cortaderia, é bastante cortante debido o contido de sílice.

As raíces son profundas e moi grosas e trátase dunha planta dificil de erradicar.

O final ten aspecto de plumeiro. Os masculinos de cor grisaceo e as femininas tirando máis a rosa.

 

Descoñezo o autor da fotografía.

Procede de Arxentina e sempre se empregou en xardíns.

Hai xente que lle chama rabo de zorro ou rabo de raposo.

En castelán recibe varios nomes: plumero, plumerillo, cola de zorro, carrizo de la Pampa, paja penacho, paina, cortaderia, ginerio o gimnerio.

Descoñezo o autor da fotografía.

As flores femininas xustifican que se utilicen nos xardíns. O peor é que están plantas transmiten as súas esporas aproveitando o vento ata a trinta kms. Son polo tanto unas invasoras incribles.

INvaden zonas húmidas como marismas, depresións dunares e ribeiras de ríos, e poden tamén pervivir en bosques e entre matogueiras. Forman masas moi grandes que impiden o crecemento das plantas nativas e alteran o ecosistema  dunha forma grande.

 Mellor e desterrala, non se debera ter nos xardíns polo problema xa dito. De todolos xeitos desfacerse desta planta non é doado xa que bota unhas raíces moi grosas e profundas, que normalmente require de máquinas.

 

Volver.