Gobio gobio. Gobio. (Gobio)

É un peixe cativo, 10-15 cms de lonxitude e dende logo moi escaso en Galicia. Quere augas moi limpas, xa que é moi susceptible as alteracións físico-químicas.

O parecer hai gobio no Tea, no Bibei e no Lor. Dende logo no Bibei teño as miñas dúbidas.

Estos datos están sacados do libro "Inventariación piscícola de los ríos gallegos" da Xunta de Galicia. O gobio non é un peixe galego, é un peixe introducido.

Ver  características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DO GOBIO.

Fotografía de F. Gómez Caruana. Libro de peixes de España. xulio 2001.

Gobio. Río Tea en Pontevedra. Fotografía de Martín Mayo.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Alimentación Reproducción Interés
     
protección Curiosidades

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Gobio gobio ( Linnaeus, 1758)

 

Clasificación:

Reino: animalia

Filo: Chordata

Clase: Actinopterygii

Orden: cipriniformes

Familia: Ciprinidae

Xenero: Gobio

Especie: Gobio

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Fotografía de F. Gómez Caruana. Libro de peixes de España. xulio 2001.

Gobio

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Gobio, Gobi, Gobioa. Góbio.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Gobio. Río Tea en Pontevedra. Fotografía de Martín Mayo.

Peixe pequeno entre 10-15 cms inda que pode chegar ata 25 cms.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

 

Corpo fusiforme, alongado, recuberto de grandes escamas. A cabeza é curta e grande. A boca tena en posición inferior, ten labios carnosos e na comisura un par de barbelas que estiradas ata atrás chegarían ó ollo. Os ollos son grandes e están situados bastante no alto da cabeza. A aleta dorsal ten entre 7-10 radios, a anal entre 8-11 , as pectorais entre 14-17 , as ventrais 10 e a caudal 19.

Fotografía de Gobio de F. Gómez Caruana.

Na linea lateral aparecen de 36 a 44 escamas.

A librea é verde parduzca ou verde grisácea, os flancos son máis claros con reflexos platexados. Tanto do dorso como nos flancos está recuberto de manchíñas negras o pardas ( as veces con reflexos azuados).

Está claro que a forma do seu corpo reflexa que é un peixe de fondo.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Fotografía de F. Gómez Caruana.

Nútrese de crustáceos, moluscos, larvas de insectos, ovos e crías de outros peixes.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Vive en augas ben osixenadas, augas doces, frescas e limpas e moi correntes con leitos de coios e pedras.

Na nosa comunidade aparece inventariado pola Consellería de Medio Ambiente no ano 1997 no río Tea en Pontevedra, así como no río Bibei ( neste río non cita onde). Teño as miñas dúbidas sobre o río Bibei hoxe.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

A freza ten lugar nos meses de verán ( entre maio e agosto) e dependendo da edade, unha femia pon entre 3.000 e 7.000 ovos.

Necesita augas batidas e limpas.

Este peixiño parece ser un bon indicativo de si o río está en boas condicións.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Fotografía de F. Gómez Caruana.

Especial. Cada vez quedan menos. De feito é un peixe descoñecido polos pescadores polo menos de Ourense.

Supoño que en vías de extinción.

Efectivamente confirmo por medio de Xosé Barcia do grupo ecoloxista Adenco de Ponteareas que se trata dunha especie non galega. Queda polo tanto explicado que sexa prácticamente descoñecido.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Fotografía de F. Gómez Caruana.

En Galicia dende logo non está protexido. Eu penso que non está protexido ningún peixe, polo menos no papel.

En Italia é un dos peixes máis raros e que presenta o maior peligro de extinción.

En España está catalogado de vulnerable.

En Galicia ??.

Atrévome a decir por suposto que "da man do Señor", aquí miramos soio para os peixes no plato...

Factores de ameaza sobre este peixe a nivel do estado e según o Ministerio de Medio Ambiente e o CSIC : as presas hidroeléctricas, as minicentrais, o botar peixes exóticos os ríos, a contaminación, etc.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Gobio. Río Tea en Pontevedra. Fotografía de Martín Mayo.

A súa carne foi moi valorada en Francia onde o gobio estaba considerado como o peixe típico para fritura. Tamén se utilizaba moitísimo como cebo vivo para a pesca de outros peixes depredadores máis preciados.

 

 

Ir a características

 

 

Saír