Nome
científico:

Tinca Tinca. Linnaeus 1758.
Clasificación:
Orden: cipriniformes
Familia: ciprinidae
Xénero: tinca
Especie: Tinca tinca.
Ir a
caracterísiticas 
|
Nome galego:

Tenca
Ir a
caracterísiticas 
|
Nome
castelán:

Tenca
Ir a
caracterísiticas 
|
Dimensións:

O normal está entre 20-40 cm e de peso
600 grs. ata 2 kg. Pero pode dar un máximo de 70 cms. contra 10 kg de
peso.
Ir a
caracterísiticas 
|
Identificación:

Ríos e regatos. O dibuxo é exacto e
nel vese perfectamente a cor da súa librea.
Ten o corpo ovalado e robusto. A boca é
pequena, terminal, con un par de barbillóns nas comisuras e con labios
grosos.

Os ollos son pequenos, co iris bermello ou
amarelo.
Os ápices das aletas son redondeados.
O dorso e os flancos son pardo negruzcos, pardo
verdosos ou verdosos.

Na fotografía de 1973 vese unha tenca de 3 kg.
de peso, descoñezo o autor da fotografía.
Ir a
caracterísiticas 
|
Alimentación:

Insectos de todo tipo, algas, macrofitas
acuáticas, etc.
Según Argibay, un maestro pescador que vive en
Ourense, entran moi ben a miñoca pequena e sempre a fondo. A tenca
no come nada que flote.
Alimentase soio no verán. No
inverno pasa en sistema pasivo.
Ir a
caracterísiticas 
|
Habitats:

Ríos en xeral.Tamén en lagos. Soe
vivir en pequenos bancos, en augas quetas ou de curso lento, con fondos
blandos e temperaturas por riba dos 20º.
En Galicia atópase nos encoros de Castrelo e Velle
( según Argibay).
Había moitas en Vilagarcía no encoro de Con,
onde está hoxe a estación Hidrobiolóxica. Un ferroviario de Monforte
seica foi ó que as trouxo, así llo dixo en secreto a Argibay, que
por suposto durante varios anos disfrutou delas pescándoas. Logo
puxeron proteción do encoro e deixou de ir.

Ir a
caracterísiticas 
|
A
fresa ou desove:

A freza ten lugar en maio ata finais de agosto. Os ovos
verdosos de 0,8-1,5 mm de diámetro e número de 280.000 a 827.000 son
depostos en grupos ( a intervalos de dúas semans e un tempo de dous
meses) entre as hidrófitas. As larvas eclosionan os 2-8 días e miden
4.5 mm.
O macho distínguese da femia
nas aletas ventrais, no macho engrosan mais
Ir a
caracterísiticas 
|
Interés:

A súa carne é grasa, tenra e gustosa coa condición
de tela varios días en auga limpa que lle quite ese deixe que ten de
fango ou salvaxe.
As mellores son as que non pasan de 25 cms.
Este peixe é moi apreciado en Extremadura onde é o Peixe
nacional extremeño, ou sexa o peixe por excelencia.
Ir a
caracterísiticas 
|
Protección:

Ningunha.
Ir a
caracterísiticas 
|
Información dos pescadores:

Información suministrada por José Ramón Rguez.
Rguez:" A Tenca atópase en Galicia ampliamente distribuido
polos encoros do río Miño -augas abaixo dos Peares- e do Sil, xa que
se dispersou baixando polas augas do Sil dende a zona leonesa.
É moi abondosa no encoro de Castrelo e no encoro de Velle.
Tamén a pescan os pescadores de carpas de Cortegada. Non se fan moitas
capturas xa que non se pesca específicamente : a fondo, con lombriz e
pre-cebado o amencer ou o solpor. José R. R. pescounas no encoro de
Castrelo fai tres anos ( 1997) con capturas máis ben pequenas de talla
- 500 grs.-, pero ten noticias de capturas de ata dous kilos".
Ahora sei, xa non é un segredo que Argibay pescou en tempos
tencas no encoro de Con en Vilagarcía, polo menos ata que puxeron a
valla.
Ir a
caracterísiticas 
DISTRIBUCIÓN
EN GALICIA.

TENCA
Algunhos exemplares poden verse no río Umia e no río
Ulla. Non é moi común a tenca en Galicia pero si existe e por suposto
debemos conservar.
Según Argibay, de Ourense, hai moitas nos encoros de
Castrelo e Velle.
Ir a
caracterísiticas  |