Barbus barbus Bocagei.

  Barbo.  (Barbo).

BARBO COMÚN.

(Pode medir por riba do medio metro e botar ata 15 kg. Son típicas as barbelas na boca.)

Este peixe loitador (dou fe deste detalle) abundaba en algúns ríos da Provincia de Ourense, concretamente no río Limia en Aceredo. Había moitísimos, e inda quedan algúns, poucos, pola zona da Herdadiña. Había moitos tamén no Támega, e non me estrana xa que este río vai o río Duero onde é moi abondoso. 

Hoxe co encoro de Aceredo xa non suben.  Outra desfeita.

Unha magoa.

Características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Barbo: características

 

 

BARBO COMÚN.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións identificación Alimentación
     
Habitats Desove Distribución en Galicia.
     
Vese nos meses de Protección Ver dibuxo.
     
Curiosidades Interés Dicen os lectores...

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VER DIBUXO DO BARBO.

El Barbo está a punto de extinguirse en Ourense.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

BARBO COMÚN.

Barbus barbus bocagei ( Steindachner , 1865)

Clasificación:

Reino: animalia

Filo: Chordata

Clase: Actinopterygii

Orden: cipriniformes

Familia: Ciprinidae

Xenero: Barbus

Especie. Barbus barbus

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Barbo

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

 

Barbo

 

El Barbo está a punto de extinguirse en Ourense.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

El Barbo está a punto de extinguirse en Ourense.

Pode bota ata 90 cms. ou 1 metro, inda que a media está entre 20-25 cms. O peso pode chegar ata os 12-16 kg inda que a media está entre os 500 grs. ata 3 kg. 

As femias son máis grandes  que os machos.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

BARBO COMÚN.

Ríos e regatos de montaña de todo tipo. Identifícase perfectamente pola sua librea e as barbelas de onde lle ven o nome, estas son 4 exactamente. 

Ten un corpo esbelto como se pode ver na fotografía e no dibuxo, comprimido na región caudal, recuberto de escamas de dimensións medias e casi imperceptibles o tacto.

O fuciño cuneiforme e apuntado. A boca situada nunha posición inferior, mostra 4 barbillóns e a maxila é prominente. A aleta dorsal ten 11-12 radios ( 4 indivisos e 8-9 divididos)... e sigue. Realmente as descripción de Silvio Bruno e Stefano Maugeri son incríbles do detalle que dan... merece a pena velas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

BARBO COMÚN.

Aliméntase sobre todo de noite de invertebrados bentónicos, ovos e peixes, pequenos peixes e detritus vexetais que localiza cas barbelas.

Hai un video marabilloso que leva por título "Durienses" e que está dedicado o río Duero onde se ve perfectamente os barbos tanto na súa reproducción que é espectacular como na súa alimentación aproveitándose da subida de otros peixes ciprínidos. Merece a pena velo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Regatos de montaña e ríos en xeral. quere augas rápidas e limpas de solos pedregosos e areosos. É evidente que o encoro de Lindoso no río Limia está a rematar con esta especie que xa non sube e tampouco ten este tipo de auga. Tamén dentro de poucos anos, hoxe estamos no 2000, estará eutrofizado, nese momento pouca vida quedará.

Penoso.

Hai un video marabilloso que leva por título "Durienses" e que está dedicado o río Duero onde se ve perfectamente os barbos tanto na súa reproducción que é espectacular como na súa alimentación aproveitándose da subida de otros peixes ciprínidos. Merece a pena velo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desove:

A freza ten lugar de maio a xuño e en xeral está precedida dun remonte colectivo de reproductores ( que para esa ocasión mostran tres series de tubérculos nupciais no dorso). Os ovos, velenosos, amarelos de 3 mm e en número de 3.000 a 32.000- son depositados sobre o chan pedregoso. As larvas eclosionan os 4-5 días.

É todo un espectáculo a loita que ten lugar entre os machos, tamén como preparan o lugar. Descoñecía moitas cousas dos barbos.

Hai un video marabilloso que leva por título "Durienses" e que está dedicado o río Duero onde se ve perfectamente os barbos tanto na súa reproducción que é espectacular como na súa alimentación aproveitándose da subida de otros peixes ciprínidos. Merece a pena velo.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de ...

BARBO COMÚN.

Na primaveira e no verán víanse a centos nun pozo que hai na Herdadiña, preto de Entrimo a 500 metros onde sae a auga do encoro das Conchas. Ese pozo estaba cheo deles, hoxe cada vez vense menos... trátase do progreso mal entendido... estamos a esnafrar Galicia...

Dicen que unha das causas da disminución de barbos dos nosos ríos son as especies exóticas que se botaron, en particular seica o Bass é un competidor mortal para o barbo. Por suposto tamén as carpas. Non me estraña que o barbo esté de capa caída en zonas como Lindoso, por exemplo.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

A súa carne é boa, pero con moitas espiñas. Os seus ovos son tóxicos e poden causar graves alteracións gastrointestinales, polo tanto no convén comer barbos no período de freza.

Claro que en Galicia non hai problemas.

¿ Onde hai barbos? . A pregunta fágolla a Consellería de Medio Ambiente, tamén os nosos políticos. ¿ Que fixeron ou que fan por manteñer esta especie en Ourense?.

Seguro que esto que estou a decir é novo para Vds. Non sabían nada...

Pois ben o non saber non exime da súa responsabilidade. Vds. ben que inauguraban o encoro de Lindoso.... pero os impactos ambientais que os parta un raio.

Os nosos políticos vendo como subían as augas de Lindoso e Acerodo con encoro do Limia.

¿ Lémbranse desta fotografía, de inauguración do encoro de Lindoso ?. Están tódolos políticos do momento (algúns xa defenestrados), ...non falta ninguén...

Pois ben, no nome dos "Barbos do Lugar" a miña condena... que xa sei que non sirve para nada...

O progreso non debera estar tan reñido coa natureza ata o extremo de deixar defenestrada a zona.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Creo que está dito no apartado anterior.

Non se fai nada por conservar esta especie e outras moitas...

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Era un peixe  loitador e astuto a min persoalmente deume moitos sustos, pescando, xa fai moitos anos pola zona da Herdadiña no río Limia, cando era un río, que hoxe nono é. Moitas veces tuven barbos enganchados que loitaban que parecían troitas de tres e catro kilos... o final era un barbo de medio kilo, enganado cunha mioca...Tempos aqueles...que soio quedan na lembranza desgraciadamente.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Información dos lectores da web:

 

Informa José Ramón Rguez. Rguez : " Que existen pequenas colonias de barbos no río Támega entre Verín e Laza, el mismo os viu e ten pescado en Tamaguelos. A mellor época para velos é en maio, cando remontan para facer a freza. Tamén nos teño pescado na zona recreativa o pasar a fronteira hacia Chaves.

Non se fai pesca específica sobre eles na actualidade.

O gran escritor e articulista Emilio Fdez. Román díxome que, na súa nenez ( hoxe ten sobre setenta anos) pescounos nos coiñais de Oira, e que iñora como desapareceron, xa que era unha zona excelente para eles."

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

BARBO COMÚN.

BARBO

O Barbo soio existe en Galicia no río Limia e no río Támega, quizais tamén na parte baixa do río Miño.

No río Limia , polo menos en Ourense xa quedan poucos ou ningún , non suben no encoro de  Lindoso, mismo na fronteira con Portugal.

No támega non estou enterado. Gustaríame saber si os hai, pero non podo estar en tódolos sitios ( seguro, segurísimo que algún lector porame ó corrente un día destos). ( Efectivamente ver na ficha ó que conta Argibay) .

Unha pena que cada día teñamos menos barbo.

Progreso...mal entendido e pouco respetuoso coa natureza.

Subir.