Phoxinus phoxinus.  Piscardo. (Piscardo)

Piscardo.

O Piscardo tamén é un peixe introducido en Galicia. Non é polo tanto autóctono.

(Ollo o dato, xa que en Cantabria e Asturias é autóctono).

Trátase dun cíprinido máis ben pequeno, sobre 10 cms. Persoalmente descoñezo este peixe. 

Puden ver este peixe no río Navia en maio do 2011, a verdade é que está moi extendido no río, polo menos no couto de Navia. Unha desfeita.

Según o libro "Inventariación piscícola de los ríos gallegos", este peixe téñeno detectado ou censado no río Navia en Lugo.

Características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PISCARDO: características

 

Piscardo.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación Desove Interés               Outras cousas
     
Ameazas Estado de conservación     Distribución en Galicia.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico

Phoxinus phoxinus  ( Linnaeus 1758)

Clasificación:

Reino: animalia

Filo:   Chordata

Clase: Actinopterygii

Orden: cipriniformes

Familia: Ciprinidae

Xenero: Proxinus

Especie. Phoxinus phoxinus

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego

Piscardo.

Piscardo

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Nome castelán:

Piscardo, morito, Chipa , Barb roig.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Piscardo.

Trátase dun cíprinido máis ben pequeno sobre 10 cms.

Chegan a vivir ata 14 anos.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Fotografía de F. Gómez Caruana.

Trátase dun peixe pequeniño que raramente alcanza os 14 cms.

As aletas son cortiñas, como se poden ver nas fotografías, tendo a dorsal e a anal sobre -8 radios ramificados.

Escamas pequenas variando entre 80-90 na línea lonxitudinal como media.

Piscardo.

A coloración é variable e presenta, por norma xeral, manchas oscuras dispostas trasversalmente.

Fotografía de F. Gómez Caruana.

Na época da reproducción os machos presentan tubérculos nupciais, e a base das aletas, excepto na dorsal, tíñense de vermello. A coloración xeral nesta época soe ser escura.

Macho do piscardo.

Nota importante: a información anterior está tomada o pé da letra do libro Atlas e libro vermello dos peixes continentais de España, xulio 2001, publicado por I. Doadria co aval do Ministerio de Medio Ambiente de España e a CSIC.

 

Na fotografía vese un piscardo na boca dunha cobra de río

A foto está sacada no río Navia en maio do 2011.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Fotografía do piscardo tomada da www que figura na foto.

Son onnivoros, inda que a maior parte da súa alimentación son invertebrados acuáticos.

Seica no río Navia comen os ovos das troitas. Unha desfeita.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Piscardo.

Vive preferentemente en zonas de correntes pedregosas no fondo. Polo tanto nas zonas altas dos ríos, sempre con moito osíxeno, comparten polo tanto lugar coas troitas, que por certo lle gusta moito este peixiño, o cal é unha explicación de que se botara, posiblemente, no río Navia, xa que en Galicia prácticamente non existe.

Andan en manadas por partes, os machos por un lado as femias por outro.

A Xunta únicamente detecta Piscardo no río Navia.

Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desove e reproducción:

Desove e reproducción:

Descoñezo o autor da fotografía.

Chega a formar grandes cardúmenes, que na época da reproducción poden estar compostos soio por exemplares machos.

A reproducción fana de abril a xuño na Europa meriodional e de maio a xulio no norte.

Os ovos eclosionan entre 14 días e 17 días . Depositan entre 200 e 1.000 ovos.

A reproducción é externa e os ovos deposítanse sobre chan de grava xeralmente.

Para reproducirse fan como as troitas migran as cabeceiras para atopar os chans pedregrosos e con pouca auga onde poidan depositar perfectamente os ovos e que estos vaian para arriba, ou sexa teñan posibilidades de vivir.

Os machos e femias teñen a madurez sexual entre un e dous anos. 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Vive preferentemente en zonas de correntes pedregosas no fondo. Polo tanto nas zonas altas dos ríos, sempre con moito osíxeno, comparten polo tanto lugar coas troitas, que por certo lle gusta moito este peixiño, o cal é unha explicación de que se botara, posiblemente, no río Navia, xa que en Galicia prrácticamente non existe.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ameazas:

Ameazas:

As amenazas son as típicas: a introducción de especies exóticas como o peixe gato (de momento non existe en Galicia) , o lucio, a carpa americana, o luciperca, etc que rematan con este peixiño.

Tamén as repoboacións indiscriminadas de troita.

Os encoros e minicentrais rematan tamén con este peixiño, e por suposto todo tipo de contaminación aféctalle.

O anterior está escrito polo Ministerio de Medio Ambiente de España e o CSIC, non por mín.

Seica comen os ovos das troitas, polo tanto é unha desfeita o botar este peixiño no río Navia. A xente queixase...

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estado de conservación:

Estado de conservación:

Hay que distinguir según o libro "Atlas e libro roxo dos peixes continentais de España" según de que zona se trate.

Así zonas atlánticas: Non  ameazada.

Zonas mediterraneas: ameazada.

En Galicia: prácticamente no existe.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outros datos:

Outros datos

Fotografía de F. Gómez Caruana.

Según o libro citado sobre o atlas dos peixes, hai dúas poblacións en España, unha na vertiente atlántica onde é probable que foxe introducido, por exemplo é o caso do río Navia e outra na vertiente cantábrica, onde é unha especie autóctona, sendo bastante abondoso.

Non se coñece, polo tanto, con exactitude en que concas foi introducido e polo tanto  nelas é exótico e en cales xa existía e polo tanto nelas é autóctono.

 

Ir a características

 

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

Piscardo.

A Xunta únicamente detecta Piscardo no río Navia.

Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997.

Subir.