Chondrostoma arcasii. 

 A Vermelliña. (Bermejuela)

 

Fotografía de F. Gómez Caruana.

É un peixe máis ben pequeno ata 12 cms.).

Tamén se chama Reñosa.

Outros chámanlle o Rubio.

Este peixe está presente en moitos ríos de Galicia como O Miño, O Sil, o Limia, Umia, Tea , etc.

A fotografía (de F. Gómez Caruana) está sacada do libro "Atlas y Libro rojo de los peces continentales de España", publicado no 2001 polo M. de Medio Ambiente e o CSIC.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VERMELLIÑA: características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Fotografía de F. Gómez Caruana.

Chondrostoma arcasii ( Steindachner , 1866).

Taxonomía:

 

Clase Actinopterygii
Orden Cypriniformes
Familia Cyprinidae
Xénero Chondrostoma
Especie Chondrostoma arcasii

 

Nota: un sinónimo é o Rutilus arcasii.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Bermelliña. Fotografía de Martín Mayo.

Vermelliña , Rañosa. O Rubio. Peixe. Manciguana.

Fotografía de Delgado Saez, J.A.  

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Bermejuela.

Fai pouco vin un video sobre a fauna do río Duero que trae por suposto un apartado dedicado a boga. Leva por título Durienses. Merece a pena velo. Espectacular.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Talla entre 4,7 e 10,8 cms. É moi pequeniña. Edade máxima 6 anos.

 

Fotografía de F. Gómez Caruana.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Bermelliña. Fotografía de Martín Mayo.

O Exemplar da fotografía ( fot. Martín Mayo) , é do río Tea en Ponteareas e está sacado do libro " Inventariación piscícola de los ríos gallegos".

Perfil arqueado da cabeza, o fuciño tende a redondearse polo seu cabo. A boca é algo ínfera, e dende logo e característico a coloración vermella da base das aletas e da aleta anal. Esta coloración é o elemento distintivo cos demáis ciprínidos.

O número de escamas na linea lateral oscila entre 36 e 48 escamas, sendo a media de 42.

Fotografía de F. Gómez Caruana.

A aleta dorsal está colocada a metade do lombo e presenta 7 radios ramificados, pero o que destaca é a cor vermella da intersección das aletas situadas por debaixo da liña lateral.

O número de dentes farínxeos é de 4 a 6 sendo o máis frecuente 5 en cada lado.

Ver esta fotografía de David Pérez:

 

Sensacional fotografía de David Pérez, sacada de su link de fotografías. Río Duero ano 2009.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Fotografía de F. Gómez Caruana.

Augas de fluxo lento e encoradas.

É moi abondosa nos afluentes do Miño. Hai tamén moítisimas no río Tripes en Tui.

Non acepta as augas saladas.

No Ribeiro aparece como residente, pero en perigo. Libro "Fauna vertebrada do Ribeiro" de Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén).

Forma, normalmente unha asociación moi característica coa troita.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desove:

Reprodúcense entre os meses de maio e xuño, con fecundación externa deixando os ovos sobre un sustrato. Normalmente a reproducción comenza no segundo ano de vida.

As femias entre 3,6 e 4,4 cms. e os machos entre 4,2 e 5 cms.

Fai pouco vin un video sobre a fauna do río Duero que trae por suposto un apartado dedicado a boga. Leva por título Durienses. Merece a pena velo. Espectacular.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Bermelliña. Fotografía de Martín Mayo.

A súa alimentación está basada en invertebrados principalmente, inda que pode consumir tamén plantas.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de ...

Bermelliña. Fotografía de Martín Mayo.

Todo o ano.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Dende logo, moito xa que é un endemismo . Atópase nos ríos Miño , Sil, Limia, Lerez, Umia , Ulla ,Tambre e Mandeo.

Probablemente sexa máis abondosa do que parece esta especie, da que faltan estudios en Galicia.

O que está claro é que un peixe tan pequeno, que non destaca pola súa pesca deportiva non é demasiado coñecido.

Fotografía de F. Gómez Caruana.

O Atlas e Libro rojo de los peces continentales de España la da como especie vulnerable, basándose na introducción de especies exóticas, e nas estructuras hidroeléctricas que están a rematar con todos os peixes autóctonos.

O anterior está avalado polo Ministerio de Medio Ambiente de España e o CSIC. Quero decir os factores de amenaza citados para a vermelliña.

Bermelliña. Fotografía de Martín Mayo.

Dan ademáis medidas de conservación de esta especie como : minimizar os impactos das minicentrais ou non facelas, depurar as augas e por suposto non botar especies exóticas, que o único que fan e rematar coas nosas especies totalmente.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Na lista vermella figura como VU -A3ce.

É polo tanto vulnerable.

Defeito está a desaparecer dos nosos ríos a mans das especies foráneas.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

VERMELLIÑA

Non é moi abundante, atópase no Umia, Mandeo,  Verdugo, Miñor,  Deva, Tea, Avia, Bibei, Ladra, Alto Ulla.

Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997. Tamén aparece no atlas de invertebrados de Galicia, tomo I, editado pola sociedade galega de Historia natural. Aquí fálase da ausencia de estudios sobre este ciprínido que quizáis sexa máis abundante do que reflexan os poucos estudios que hai. Vai en contra desto a súa pequena talla, o seu pouco interés deportivo e a súa posible confusión con outros ciprínidos.

Subir.