MINICENTRAL.

Trátase dun corte radical dos ríos de pouco caudal ( xeralmente no mellor lugar do río, na cabeceira), por medio dun muro, feito de cemento e formigón.  Por suposto tamén se fan en río de máis caudal.

Fanse para producir electricidade ( ata 5 MW). 

1.- Represa. Xeralmente corta

2.-Represa o Azud o muro (é un corte radical do río). As escadas de peixes son unha mentira ou un engano.

3.-Canal de alimentación. As veces aberto. Neste caso é unha arma de matar.

4.-Compuerta descarga. Non sirve para nada

5.-Camara de agua.  6.-Rejilla 7.-Tuberia

8.-Central  9.-Desagüe  10.-Arroyo (caudal ecológico generalmente nefasto. 11.-Linea.

Ver un exemplo clásico (é un desastre para o río Limia, pero en xeral son peores):

MINICENTRAL DO RÍO LIMIA EN OURENSE.

Minicentral do río Limia en PonteLinares.

Ver como ven o río, a tope.

Ver como queda por debaixo.

A minicentral é un muro que rompe co río, e colle a auga para levala por un canal varios kilómetros.

..

 

Ver o pequeno fío de auga : chámase caudal ecolóxico, é obligatorio deixalo. Eu no meu traballo chámolle caudal da morte, xa que non permite vivir nin as rás, moito menos as troitas. ( 10% do caudal medio).

.

 

Ver o canal o que antes mencionaba e que chupa o río.

O canal pode ter tres, catro ou cinco kilómetros.

A auga colle forza (polo desnivel) para logo na central mover unha turbina e producir electricidade.

.

 

Ver a misma minicentral.

Deben ter unha escada para poder subir os peixes migradores como a troita a anguía, etc.

Esta ten unha escada a dous metros do río. Sin dúbida as troitas do Limia son voadoras.

Esto é una vergonza auténtica.

Claro que os donos dirán que a escada é o canaliño da foto dous, están de coña, por ahí non suben nin as ras.

.

 

Logo despois de ir polo canal desde un altiño a auga baixa ata esta central onde están as turbinas, para producir electricidade. Na fotografía está central ten duas turbinas. É unha mina de facer cartos.

O río está continuamente subindo e baixando.

Unha desfeita.

O río Limia nesa zona non volveu a ser un río bon. É unha magoa.

 

Na imaxen vese a minicentral comentada arriba. En total polo río hai 1 km. O que se ve son charcos xa que o caudal vai polo canal que hai a man esquerda.

Ata fecha supoñen un desastre para o río, xa que están feitas sin mirar para nada a natureza e simplemente para gañar cartos. (Os estudios medioambientais e de impacto que fan son tercermundistas e non teñen en conta nada, arrasan co que hai de mala maneira). Son un auténtico atentado a natureza, inda por riba a Xunta fainas legais a base de admitir documentación de impactos ambientais impresentables e carentes de documentación científica. As alegacións non lle fan nin caso...

Non se explica...

Todas as minicentrais que se pretenden facer en Galicia suporán por baixo do 5% da nosa producción autóctona, calquera ( e digo calquera) que lea estas liñas pensará que estropear 300 ríos para conseguir esa porcentaxe é pensar cos pés. Eu diría é pensar có bolsillo a conta da auga que é de todos os galegos.

Algunhas minicentrais de Ourense ( en Galicia hai previstas 300).

O meu consello é que escollas unha soia e que lle fagas unha visita, verás que ningunha, pero ningunha cumple a LEI DE PESCA FLUVIAL e que son unha auténtica vergoña. Por certo si visitas algunha, ten cuidado, xa morreron persoas en Galicia, xa que están a abrir e pechar continuamente, e peligroso por debaixo das turbinas, xa que pode subir moito o caudal do río:

Unha desfeita do río

Minicentral de Ponte-Linares no río Limia.

Esta minicentral ten un impacto no río Limia incríble. Non ten escada de peixes e supón un corte radical nun río histórico.

O caudal ecolóxico que deixa ( inda que sexa legal, que nono é) soio permite vivir as ras, e para eso mal....

........

Unha desfeita do río.

Minicentral do río Deva en Ourense.

Esta minicentral supón para o río Deva en Quintela de Leirado ( Ourense) un corte radical no río. Incumple tódalas normas existentes e soio produce por debaixo dela, morte no río. Centos das especies tratadas neste traballo non aparecen por debaixo desta minicentral.

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Cerves en Ourense.

Esta minicentral supón para o río Cerves en Melón ( Ourense) un corte radical no río. 

Cando se fixo matou con cemento toda vida río abaixo. Non houbo multas. Hoxe en xaneiro  do 2.001 inda non traballa a tope. Por certo fixérona doble do que estaba previsto.

Non debeu facerse nunca. O lugar, as Pozas de Melón, Penavaqueira, etc. podía perfectamente ser declarado parque natural. Do mellor da provincia.

 

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Barbantiño.

Esta minicentral é totalmente ilegal. Fixérano mal. O día que a probaron mataron tódalas troitas do río en moitos kilómetros, curiosamente estaba eu no lugar e puden sacar algunha fotografía. Logo limpiaron os fondos outro día e volveron a matar centos de troitas.

Non hai quen poda cos donos, deben ser os amos dos ríos galegos.

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Tuño. Hai tres, esta é a primeira.

Esta minicentral supón para o río Tuño a sua morte auténtica.

O día que a visitei o caudal ecolóxico era mortuorio.

Por debaixo da minicentral según os veciños que coñecían o río, este non volveu a ser río.

 

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Edo. Castro Caldelas.

Esta minicentral non respeta absolutamente nada. O normal é que manteña o río seco.

Un auténtico desastre.

Non ten escalas nin nada que se lle pareza.

 

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Arnoia. A Peneda.

Esta minicentral é das poucas que podría salvarse, si por debaixo non fixeran outra minicentral aberrante.

De tódolos xeitos non tiña caudal ecolóxico nin ten escalas. 

Últimamente puseron una especie de caudal ecológico tercermundista. 

Fan o que lles da a gana. Son os amos. Hoxe octubre do 2003 xa está ampliada e trátase dun desastre auténtico.

 

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Cernado en Ourense.

Esta minicentral supón para o río Cernado a desaparición do mapa. A partir de esta minicentral o río non existe.

Por certo é de Iberdrola que presume de ecoloxista.

Enfrente hai un túnel que chupa o río.

¡¡ Camiñante mexa aquí!. decía Celso Emilio Ferreiro.

 

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Cadós.

Esta minicentral supón para o río Cadós a morte como río e como couto.

Está en construcción en xaneiro do 2001 pero queima absolutamente o río.

Non se entende como se pode facer esto, salvo que unten o bolsillo.

 

   

A única que se salva un pouco.

Minicentral do Rexo, no río Arnoia en Allariz.

É das poucas que está feita con un pouco de cabeza e mirando para o río.

Ten algúns defectos como que o canal non esté cuberto, xa que é peligroso, pero en xeral, non estropea moito o río, xa que colle a auga lateralmente nunha presa.

   

Unha desfeita do río

Minicentral de Requeixo en Manzaneda.

Supón un corte total do río.

Está feita cos pés.

Por debaixo da minicentral a morte.

Si queres saber a opinión dos nosos científicos da Universidade de Santiago, por suposto totalmente en contra, visita este link.

Galicia, os galegos que entendesmos algo de ríos ou que estamos a cotío a carón deles,  non quere minicentrais, nonas precisamos.

Galicia non quere que desfagan os nosos ríos, dez empresas, que o único que queren é encher o bolsillo, con un ben que é de todos. Inda por riba están subvencionadas. Incrible.

Visita unha minicentral calquera, analiza como está feita, mira por debaixo da minicentral como está a vida dos seres vivos, mira as estradas que abriron, algunhas arrasando castros celtas, pregunta os paisanos como era antes o río, e verás que as minicentrais en Galicia son un auténtico roubo os galegos, do mellor que temos, os nosos ríos.

salir.jpg (922 bytes) Saír 

                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍA DEL 11-11-1998. RÍO BARBANTIÑO.

Curiosamente ese día (día festivo, día de San Martín patrono de Ourense) xunto con dez persoas fixen una visita á Fervenza do Barbantiño e atopeime este panorama. Habían pechado a minicentral e deixaron o río por debaixo ata a desembocadura moribundo.

Estos desmáns, por no chamalos doutro xeito,  son típicos e a pura casualidade permite detectalos. De tódolos xeitos as denuncias non surten efectos xa que o denunciar neste país é engorroso e carísimo. Probas como esta en situ deberan ser definitivas,  simplemente chamando á Policia Autónoma. Pero non é así. Lamentable.

Subir.