O  RÍO  NAVEA  NA UVI.

Visita o río Navea, sete de setembro de 2012. Ourense.

Chandrexa de Queixa.

Primeira sorpresa:  no río non se pode bañar a xente, por suposto descoñecía a noticia e asusteime...logo comprobei que o río está totalmente na UVI dende fai moitos meses.

Inda por riba varios paisanos da zona que andaban coas vacas e as ovellas confirmaron a doble desfeita primeriro dos incendios, ardeu toda a serra e todo foi o río e a segunda que o río fai anos que está abandonado e se fai nel o que se quere. Hoxe hai un tramo de 2 kms de pesca da troita sen morte, dende os pasais de Taboazas a desembocadura do regato de Torneiros na Ferrería. Para arriba ten 14 kms. de vedado que foi un desfile de pescadores furtivos durante todos estos anos.

O río ten moi pouca troita, en toda a mañán soio tuven unha entrada nos dous kms. de tramo libre sen morte, cando en tempos eran centos as que entraban, troita pequena a maioría, pero moitas de medida...

¡Unha desfeita!

Mismo por riba dos pasais de Taboazas hai esta desfeita de barro e cinzas, en algunhos lugares de ata 50 cms de espesor. O incendio dos montes de Chandrexa (Queixa, San Mamede, etc) debeu ser total. E todo, todo foi parar o río.

Outra pequena mostra na cabeceira do pozo, nesta zona parte dereita do río entérrase calquera. o río ademais esta totalmente afectado, aparte de levar moi pouca auga.

Esta situación exténdese a todo o río ata a Ferrería, en algúns lugares máis que en outros polo drenaxe do río.

Troitas non vín ningunha salvo a que me entrou nun currunchiño de río de apenas auga e cun regatiño o lado que debeu ser o que a salvou.

Sabedes que coas cinzas a troita morre inmediatamente por asfixia.

O que non entendo é como a Confederación de Pesca de Ourense organizou dous campeonatos de pesca no lugar, pesca sin morte por suposto...Non pode ser certo?

Hoxe é Couto sen Morte dende os pasos de Taboazas ata o Pozo Maimón, unha vergonza non río que debera estar vedado, vixiado a tope e cun traballo de investigación para recuperalo...pero xa sabemos os que van de políticos neste país e dan este tipo de solucións sin pés nin cabeza.

Descoñezo totalmente o tema, tratarei de enterarme...

Así están moitas zonas do río Navea

Un desastre. E...que non chova.

¡Non entendo nada!

Decidín investigar un pouco e efectivamente arderon totalmente os montes de Chandrexa de Queixa, dende o outro lado do Invernadeiro ata Chandrexa: Serra de Queixa, Montes de Maimón, Montes da Edreira, etc.

Nunha das miñas visitas,  nesta caso a Edreira dende a Ferrería,  saquei esta fotografía que ó explica todo:

Observar todo o monte queimado e logo ao chover toda a cinza, toneladas, foron os regatiños que baixan ó río Queixa ou Navea, que está na zona de abaixo. Os regatiños que baixan dese alto (Montes Samión)   o río Casas, e nas outras os ríos Cabrós e Cabrociños que baixan o río da Edreira, que logo e o río Queixa e finalmente o río Navea.

Resultado: río Navea con toneladas de cinza e todo morto.

A cinza pode verse en todo o río, ver fotografías miñas mais abaixo, pero tamén se pode ver no acumulativo na cola do encoro de Chandrexa de Queixa, ver esta foto que é para chorar:

Decidín investigar un pouco e efectivamente arderon totalmente os montes de Chandrexa de Queixa, dende o outro lado do Invernadeiro ata Chandrexa: Serra de Queixa, Montes de Maimón, Montes da Edreira, etc.

Na cabeceira do encoro de Chandrexa, a altura de Sta. Cruz hai unha acumulación de cinza de mais dun metro de altura e de centos de metros de lonxitude, repito toneladas de cinza...

Estas baixaron polo río Navea e arrasaron toda a vida do mismo...

Ata un metro e pico de acumulación de altura, toda esta cinza acumulada na cola do encoro,  que son toneladas, baixou polo río Navea e deixaronno rematado para moitos anos, si é que se recupera...

A fotografía está sacada de La Región. Ano 2012.

Ver estas fotografías, da miña visita o 07/09/2012,

 nesta misma páxina web.

Hai cousas que non entendo e unha delas é cómo un río de alta montaña, dos mellores de Galicia,  pode quedar totalmente morto e sin tratar de salvalo, sabendo perfectamente o que pasou. Eso si:  fano couto sen morte dende o Pozo Samión ata a cola do encoro, 7 km. de morte?...hai que ter cara, rostro e pouca vergoña para actuar desta forma. Pero eso é o que temos dende fai tempo en Galicia. Non se mira polos ríos e así nos vai hoxe e así nos irá no futuro.

Na zona non se fixo nada para atallar a chegada das cinzas ó río Navea, nada en absoluto. A zona, repito,  está totalmente abandonada pola Xunta de Galicia, ou sexa Medio Ambiente.  Unha mágoa auténtica...

 

Tanto disgusto levei que publiquei este video de despedida :

 

 

 

A música da gran Dulce Pontes está clara:

«Están as nubes chorando/por un amor que morreu/están as rúas molladas/de tanto como choveu./Lela, Lela,/Leliña por quen eu morro/quero mirarme nas meniñas dos teus ollos./Non me deixes/e ten compaixón de min./Sen ti non podo,/sen ti non podo vivir./Dáme alento cas túas palabras,/dáme celme do teu corazón,/dáme lume cas túas miradas,/dáme vida co teu doce amor./Lela, Lela,/Leliña por quen eu morro/quero mirarme nas meniñas dos teus ollos./Non me deixes/e ten compaixón de min./Sen ti non podo,/sen ti non podo vivir».

Por certo a letra é de Castelao e aparece na súa obra "Os vellos non deben enamorarse". Esta claro no meu caso quen é Lela...

Efectivamente o meu amor a este río morreu, pero non está ben dito, mellor "o meu amor a este río matárono"...

Quedan as millas lembranzas e unha páxina web con centos de fotografías deste río...eso é o único que queda...

Pido xustiza có río Navea e con todos os ríos Galegos.

 

                                   salir.jpg (922 bytes) Saír a "Vida nos ríos galegos"      

                  

          salir.jpg (922 bytes) Saír a  rios morte.