MUÍÑO DAS LOUSAS.

CARBALLIÑO.

O muíño das Lousas está situado no Carballiño a 28 Km. de Ourense. É doado chegar, pódese chegar incluso a pé dende o Parque Municipal do Carballiño. Tamén se pode ir no coche ata o mismo muíño, está perfectamente indicado, basta seguir a antigua estrada de Pontevedra e o sair do Carballiño ir atentos, está indicado.

Merece a pena.

(Os datos que siguen están tomados dun traballo de Beatriz Barroso Rguez. publicado na revista Argentarium, nº 1. Gracias Beatriz).

Foto de Moncho Fuentes.

O muíño está situado no río Arenteiro. Practicamente saindo do Carballiño.

Chámase das Lousas debido a que no tellado había lousas.

O muíño ten 5 moas, é polo tanto un dos maiores da provincia.

Está situado nun lugar do río Arenteiro maravilloso.

Dende logo merece a pena velo.

A reconstrucción está feita con bastante gusto.

Os datos do traballo citado están tomados do muiñeiro que comprou o muíño no ano 1941, data na que o muíño estaba en funcionamento.

Actualmente é do Concello do Carballiño.

O muíño non funcionaba coas crecidas xa que viñan moitas pedras que enchían o cubo e había que limpialo.

 

Nos mellores tempos do muíño chegaron a traballar ata catro persoas.

Moer 20 libras podía levar entre 15 a 20 minutos.

Conta Beatriz no seu traballo que a maquia ( o que cobraba o muiñeiro)  do muiño era de dez una.

Conta tamén que traballou moito ata  que a xente deixou de traballar o campo e emigra en busca de diñeiro a Alemania e Francia.

O Muíño das Lousas na miña visita no 2004:

Esta xa é unha fotografía da miña visita, ano 2004, a este muiño. Está a poucos kms. do Carballiño, seguindo a estrada antigua de Pontevedra e pasado o parque de Carballiño. Río Arenteiro.

Parte de atrás por onde entra a auga.

Outra vista do muíño. Impresionante.

 

Actualmente octubre de 2021 este muíño é un restaurante.

Descoñezo o autor da fotografía.

Descoñezo o autor da fotografía.