Myotis daubentonii.

Morcego das ribeiras. (Murciélago de Daubenton).

Nota importante : o morcego é o único mamífero voador. En Galicia hai 19 especies de morcegos e todos eles están protexidos. Non me estraña,  xa que os morcegos están en franca regresión, e algúns a punto de desaparecer; son moitas as causas,  pero o uso indiscriminado de insecticidas contra os insectos, que son a súa comida, pode ser unha delas. Unha mágoa auténtica.

O morcego da fotografía busca o seu alimento en ribeiras fluviais e moi a menudo por riba dos cauces dos ríos,  a noitiña. Hai moitísimos voando a esa hora.

Non fai moito,  o meu amigo e compañeiro de pesca, Félix Valeiras pescou un a noitiña,  cunha pluma de pescar troitas. Un auténtico número para quitarlle o anzó.

Este morcego tamén se chama  morcego de Daubenton ou ribereño ou morcego de río.

Hai outros  dezaoito tipos de morcegos que están protexidos en Galicia,  ver por exemplo nas características que siguen,  o morcego grande de ferradura, aparte do nome de tódolos morcegos de Galicia.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características : Myotis daubentonii (Morcego)

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Unhas ás especiais.
     
Alimentación. Video da BBC. Habitat A reproducción.
     
Vese nos meses de... Interés                        Especialidade dos morcegos
     
Hibernación. Os morcegos e a cultura. Inimigos
     
Falsas afirmacións. En defensa dos morcegos

Fotografía                

     
O morcego de ferradura Link básico:  morcegos Galicia

Bibliografía                

     
Curiosidades    Os morcegos en Galicia Morcegos na F. do Eume-Video
     
 

Última modificación -> 05/02/2021

 

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Myotis daubentonii ( Kuhl, 1819).

Taxonomía:

Reino: mamalia

Filo: chordata.

Clase: mamalia

Orden: quirópteros

Género: Myotis

Especie: Myotis daubentonii

 

Trátase dunha especie autóctona.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Fotografía sacada deste link.

Morcego das Ribeiras, morcego de río, morcego de daubentoni.

Fotografía de J.C. Sehou.

Nota: os morcegos en Galicia tamén se lles chama muricegos e espertellos

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

castelán

Nome castelán:

Murciélago de Daubenton.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Photo © Phil Richardson

É de pequeno tamaño, sobre 5 cms,  cun peso variable entre 7,2 e 10,5 gramos.

 

Tamaño (cabeza e tronco 45-55mm + cola 31-44mm) (envergadura 240-275mm). 

O morcego vive entre 10 a 30 anos.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Os morcegos non son doado de identificar para a xente non especialista. De feito en Galicia hai como 19 especies de morcegos distintos. O feito de coller este morcego é que gosta moito de andar polos ríos a captura dos insectos. De tódolos xeitos non é moi abondoso en Galicia.

Tamaño (cabeza e tronco 45-55mm + cola 31-44mm) (envergadura 240-275mm). 

Aquí vese este morcego, os dentes, as orellas cun pequeno trago recto (que é un pequeno lóbulo que parte da base da orella, neste caso bastante recto e terminado en punta).


A mitade inferior do borde externo da orella está ligeramente doblada hacia dentro. 

É pequeno.

Ver as orellas típicas coa mitade da orella doblada. Tamén o nariz, a boca e os pelos por baixo da boca. O feito de que sexa pequeno tamén é básico. Tamén un pequeno sainte dunhos 3mm. na última vértebra que  é un distintivo.

Outro punto a identificar é o trago, que está explicado máis arriba.

Aquí na primeira figura vese ese apéndice.

O que queira identificar e distinguir os morcegos ten varios libros en galego; eu recomendo o que remata de sair "Guía dos mamíferos de Galicia" de Juan Ignacio Díaz d´a Silva e Yosy Cartelle. O libro trae uns dibuxos que permiten estudiar as características de aspecto perfectamente. Hoxe xa empeza a atoparse traballos serios sobre estos morcegos. Fai uns anos non se atopaba nada ou moi pouca cousa.

Tamén dende fai pouco hai unha web marabillosa sobre "Os morcegos de Galicia" que están neste link:

Drosera: morcegos de Galicia.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Especialidades deste mamífero:

Especialidades deste mamífero:

Son os únicos mamíferos auténticamente voadores.

Esto en primeiro lugar. Para elo o seu corpo é moi especial, por exemplo o antebrazo teno moi alongado o mesmo que os dedos excepto o pulgar, estos dedos están unidos entre si por una membrana chamada pataxio que cumple a función de á, que lle permite voar. Outra membrana vai unir as patas e a cola e chámase uropataxia. Os pes son pequenos e con dedos cortos que lle van a permitir vivir colgados cabeza abaixo.

Outra especialidade é que emite ultrasonidos ( coa boca) que logo recolle cos oidos, dende logo é incrible. Por estos ultrasonidos identifica os obxetos e otras cousas. Trátase do famoso proceso de ecolocación, unha habilidade que comparten coas baleas e os golfiños; consiste en emitir sonidos de alta frecuencia e recoller o eco do sonido o tropezar cós obxetos o outros animais próximos.

Permítelle ter así unha imaxen auditiva do entorno. En certo modo é como si tuveran un radar.

Os ollos son moi pequenos, de onde lle ven o nome de mor ( ratón) e cego ( ciego).

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Preferentemente insectos,  a maioría moscas, mosquitos, etc.  tamén insectos acuáticos.

Ten unha boa dentadura:

Todos estos insectos vainos devorando en pleno vo. É insaciable.

Tamén é capaz de coller os insectos na tona da auga. Ver o dibuxo:

No punto 2 vese como colle un insecto na auga.

Ver este video onde o morcego das ribeiras dos ríos queé este que estamos a estudiar voa pola tona da auga e come moítisimos mosquitos. Pulsar este link.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Unhas ás especiais:

Unhas ás especiais

Precisamente os quirópteros que é a orden a que perteñecen os morcegos  son os únicos mamíferos voadores que existen. Para chegar a eso teñen  as súas extremidades anteriores e posteriores tranformadas en ás. É o que se chama o pataxio.

Sin dúbida os morcegos teñen unhas ás especiais. Son anchas e longas. Chámanse pataxio.

Observar que as anteriores,  ou sexa os antebrazos teñen un pequeno espolón é o polegar do que parten os dedos que son cinco. No dibuxo vese perfectamente en cada posición.

Nesta fotografía vese como lle sirve para agarrar o dedo e que remata nunha uña bastante grande.

As partes posteriores son máis pequenas e por suposto tamén unidas as ás. Leva unhas garras con dedos de fortes uñas. Son cinco dedos.

Outra particularidade deste morcego é que na cola a última vértebra sobresae un pouco, concretamente uns 3  milímetros.

Vese moi ben neste dibuxo sacado deste link , no dibuxo de arriba vese a última vértebra e o sainte. Observar tamén como move as ás; na figura 2 vese como é capaz de coller mósquitos na misma tona do río.

Estas extremidade vanlle permitir dormir boca abaixo.

Na fotografía vese perfectamente.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción

As femias poden reproducirse o ano de vida. A xestación dura entre 2 a 7 meses. Teñen dúas glándulas mamarias.

Teñen unha cría por tempada.

Paren nos meses de xuño ou xullo, normalmente nun faiado ou nunha árbore vella.

Xeralmente as femias están xuntas e os machos andan pola súa conta.

Ir a características

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Sempre próximo a auga, habita en zonas boscosas, empregando mesmo árbores para descansar, así como construccións diversas, covas, fendeduras nos arcos das pontes, muros, etc.

Na fotografía de Francois Moutou ( impresionante) morcegos dormindo. Dende logo colgan boca abaixo, en covas, capillas, etc. É impresionante.

Ver a fotografía máis grande.

En Galicia no Inventario dos Morcegos de Galicia  de José Luis Sánchez e José Guitián aparecen censados 25 nas Ermidas en Ourense o 07-08-1978, 33 en Triacastela en Lugo o 27-12-1983, 16 en PonteLedesma o 03-10-1986, etc.

Efectivamente sempre en refuxios próximos ós cursos de auga, mesmo en pontes.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de:

Xa na primavera e sobre todo no verán a noitiña.

Polo inverno os morcegos hibernan, normalmente de setembro a marzo. Fano en covas, galerías subterráneas, faiados onde se apiñan ata máis dun milleiro as veces

En principio non está ameazada.

Ir a características

 

 

 

 

Inimigos:

Inimigos:

Os seus inimigos naturais son as curuxas e os falcóns. Por suposto teñen tamén outros esporádicos como pode ser un gato o similar.

Logo entre eles son atacados por distintos parásitos entre eles pulgas e ácaros que se transmiten uns os outros.

Ir a características

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Especial. Están protexidos. Consideranse estrictamente protexidos e de interés especial.

De tódolos xeitos en Galicia os morcegos estan a pasalo moi mal xa que a Xunta, con bon criterio (é unha opinión) está pechando as antiguas minas, e algunhas non se pechan debidamente. En 1999 detectouse un alarmante descenso da población de morcegos do tipo Rhinolophus ferrumequinum, op morcego grande de ferradura,  en Galicia. Sobre este tema escribe Juan Antonio Tomé, portavoz de Luita Verde en la revista Quercus de febreiro do 2001. La FEG y esta Asociación denunciaron a la Xunta por esta causa.

Este peche non é  correcto para entrar os morcegos.

Este peche si é correcto .

As fotos están sacadas da Revista Quercus do mes Febreiro 2001.

Observo tamén, polo menos na provincia de Ourense moita mina pechada a tódolos efectos. Dende logo eso non é sistema.

    Ir a características

 

 

 

 

 

Especial:

Texto especial en defensa dos morcegos:

En Galicia hai 19 especies de morcegos e todas elas están protexidas. Non me extrana xa que os morcegos están en franca regresión, e algúns a punto de desaparecer, son moitas as razóns, aparte dos inimigos naturais que teñen, vexamos algunhas delas:

1) A persecución irracional por parte do home, que tradicionalmente considerou os morcegos como axentes transmisores de enfermidades, animais misteriosos e descoñecidos e polo tanto portadores da mala sorte.

Unha barbaridade como outra calquera.

2) Pérdida de refuxios polo progresivo desenvolvemento técnico. Destrucción dos habitats, como covas, bosques. Tamén o arbolado pola sustitución dos carballos e castiñeiros por pinos e eucaliptos que non lle valen para refuxiarse.

3) As molestias que sofren día sí e día tamén por investigadores e visitantes das covas.

4) O uso indiscriminado de producto contra os insectos, que son a súa comida, pode ser outra delas.

¿Qué se pode facer?

1) Educar a xente, mentalizar da necesidade de conservar os morcegos.

2) Cumprir a lei e vixilar a lei.

3) Tratar de conservar os bosques. Nas zonas onde hai pinos e eucaliptos poñer caixas aniñadeiras

4) Nas covas é necesario manter unhas normas mínimas que non perxudiquen os morcegos e deixalos descansar.

5) Investigar sobre novos insecticidas que non perxudiquen a estes mamíferos.

Nota: os datos anteriores están sacados do libro "Inventarios dos morcegos de Galicia"  xa citado.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Falsas afirmacións sobre os morcegos:

Falsas afirmacións sobre os morcegos:

Na fotografía de Carlos Sanz, vese un grupo de morcegos dormindo. Os excrementos que deixa no chan chámanse "guano" en castelán.

Os morcegos non son cegos, non se enredan no pelo como moita xente cree, non chupan o sangue (polo menos os galegos, hai algúns tipo vampiro en américa que si...), non lles gusta fumar ( de rapaces, no colexio,  cando os xoves  ibamos de paseo a Oira (praia fluvial de Ourense) sempre se remataba dando de fumar a algún morcego, unha barbaridade xa que o morcego morre posteriormente asfixiado).

Non son agresivos en absoluto, o lóxico é que o capturalo trate de morder como autodefensa pero nada máis. En xeral evitan o choque có home, é rarísimo tropezar pola noite cun deles, aínda sabendo que voan miles deles...

Outra das cousas é que se creen relacionados coas "forza do mal", moitas películas inducen a pensar esto cando é totalmente falso.

Tampouco causan daños nos edificios, simplemente cólganse do teito ou métense nun buraco, pero nada máis...Moi limpos non son dende logo...

Outra afirmación típica é que transmiten enfermedades. Para nada,  non está probado en absoluto, e por suposto moito menos a rabia como se dice. De tódolos xeitos o lóxico é que si se manipula se faga con guantes. En España nos últimos quince anos déronse 6 casos parecidos os dun naturista escocés que morreu por unha mordedura, pero ningún dos españois morreu. Ver os interesados este link.

Tampouco beben o aceite das iglesias. O único que fan é beber auga e comer insectos.

En inverno por regra xeral hibernan o cal é totalmente lóxico xa que non hai que comer, non hai insectos.

Os morcegos son moi beneficiosos para todos. Esto non ten discusión a pouco que se profundice na súa vida, como se alimentan e que fan...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Os morcegos e a cultura:

Os morcegos e a cultura:

A xente cando se fala de morcegos tende a confundilos cós vampiros, dos que todos sabemos a historia. Non teñen nada que ver os nosos morcegos cós vampiros. De tódolos xeitos en moitos lugares os morcegos están asociados as almas, os fantasmas, a morte e as doenzas.

O morcego é sagrado en algúns lugares do mundo como en Bosnia por exemplo.

En xeral os morcegos están asociados a noite, ou sexa símbolos da noite. Lembrar Dracula, Batman e un longo etc.

Moitas películas inducen a pensar que os morcegos están asociados as "forzas do mal"; dende logo e unha triste historia duns directores e guionistas que o único que demostran e o seu descoñecemento do medio natural...

Sensacional fotografía de Benjamín Bontinen, onde se ve un morcego das ribeiras, nun rio pola noite cazando mosquitos e o que se tercie por riba da tona do río.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades.

Imaxen sacada de Drosera, web dos Morcegos de Galicia.

 

Un link imprescindible en Galicia que fala dos morcegos é o seguinte:

Drosera: morcegos de Galicia.

 

Do link anterior está sacado o sonido destes morcegos pulsando neste link.

Algúns morcegos teñen comportamentos que inda hoxe non están explicados como o "swarming sites", ou sitios de reunión, utilizados precisamente polos Myotis no final do verán, e no que se chegan a xuntar centyos de individuos pola noite.

¿De que se trata estas xuntanzas?...

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía.

Fontes :

 Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1.

Tamén o libro  "Manual para la conservación de los murciélagos en Castilla y León" de Jesús Fernández Gutierrez.

 

Tamén posteriormente o libro "Guía dos mamíferos de Galicia" de  Juan Ignacio Díaz d´a Silva e Yosi Cartelle. 2007. Baía Edicións.

 

Tamén o link sobre os morcegos de Galicia, información básica que utilizo dende setembro do 2008.  Drosera: morcegos de Galicia.

Ir a características

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Rinolophus euryale.

morcego de ferradura.

 

Morcego de ferradura.

Este morcego está protexido pola Xunta, que o cita nos novos espacios naturais, concretamente en Ourense  na Serra de Rubiá.

Chámase de ferradura xa que o seu nariz semella unha ferradura, ver a fotografía:

Observar o nariz en forma de ferradura.

Fotografía de Jesús Mario Contreras.

En Galicia según Morcegos de Galicia hai os seguintes morcegos:

 

Morcegos de Galicia.

Nome Galego Nome científico Habitat máis común
Morcego pequeno de ferradura Rhinolophus hipposideros Minas abandonadas, casas abandonadas, ocos de árbores. Preto tamén das masas de auga.
Morcego grande de ferradura. Rhinolophus ferrumequinum Cavernas. No verán tamén en edificacións abandonadas, minas, etc.
Morcego mediterraneo de ferradura Rhinolophus euryale Covas e campanarios.
Morcego das Ribeiras Myotis daubentonii Árbores-Regatos-ríos
Morcego de orellas fendidas Myotis emarginatus Minas, covas, casas vellas.
Morcego de Natterer Myotis nattereri Árbores, tamén preto dos ríos. Raro
Morcego de Bechstein Myotis bechsteinii Árbores. Preto dos ríos pero rarísimo en Galicia. Hai algún no río Támega en Verín.
Morcego rateiro grande Myotis myotis Minas, casas abandonadas.
Morcego bigotudo Myotis mystacina Bosques frondosos. Moi rara en Galicia.
Morcego de Leísler Nyctalus leisleri Masas boscosas.
Morcego das hortas Eptesicus serotinus Hortas, mundo rural.
Morcego común Pipistrellus pipistrellus Rural. Moi abundante.
Morcego pigmeo Pipistrellus pygmaeus Ambientes forestais de Ribeira. Alto Miño.
Morcego montañeiro Hypsugo savii Moi raro. Vales abertos.
Morcego orelludo dourado Plecotus auritus Pouco abundante.
Morcego Orelludo cincento Plecotus austriacus Raro
Morcego de fraga Barbastella barbastellus Xunto os ríos pero rarísimo
Morcego das covas Miniopterus schereibersii Cavernas. Rarísimo. Zonas calcarias.
Morcego rabudo Tadarida teniotis Minas e cobas. Rarísimo.

Ver fotografías sensacionais destes morcegos nesta web de Milos Andera.

Por exemplo:

Neste caso trátase do morcego orelludo cincento: Plecotos austriacus.

Neste caso trátase do morcego de río: Myotis daubentonii

Repito, outras fotografías en:

Ver fotografías sensacionais destes morcegos nesta web de Milos Andera.

 

Ver tamén este traballo feito en Cambados. Aparece na revista Buxaina do IES Francisco Asorey. Cambados

Ir a características

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍA

Sensacional fotografía de Benjamín Bontinen. Morcego das ribeiras de noite cazando mosquitos e o que se tercie por riba da tona do río.

Volver