Capra pyrenaica.

Cabra montés. (Cabra hispánica)

Cabras montesas no invernadeiro. Foto de Xurxo Lobato.

 

A verdade é que este ungulado prácticamente non existía en Galicia. 

Hoxe en abril do 2001 si existe, xa que  están censados nos montes do Invernadeiro en Ourense 72 cabras montesas algunhas en cercado e outras libres. Tamén 52 no Xurés (según un censo de abril do 2001, aparecido no periódico local).

Estas cabras son da subespecie victoriae.

Seica no 2015, en xaneiro hai 600 exemplares no Xurés.

 

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CABRA MONTÉS.

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Nota das especies Dimensións Identificación
     
Habitat Alimentación Reproducción
     
Vese nos meses de.. Interés Curiosidades     Datos tristes (15/01/2010).
     
Contradicións. Link interesantes A morte do Bucardo.
     
Datos tristes (15/01/2010).

Datos do Xures. Xaneiro 2015.

Actualizado--->   06/02/2021

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Cabras montesas no invernadeiro. Foto de Xurxo Lobato.

Capra pyrenaica. (Schinz 1838)

A subespecie que temos en Galicia é a victoriae.

Orden: Artiodactilos S.O. Rumiantes
Familia: Bobidae
Género: Capra
Especie: Capra pyrenaica
Subespecies presentes: C
apra pyrenaica victoriae

Subespecies extinguidas: Capra pyrenaica pyrenaica (bucardo) y Capra pyrenaica lusitanica

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 


 

Nome galego

Nome galego:

Fotografía sacada do libro Baixa Limia-Serra do Xurés. Descoñezo o autor da fotografía. Trátase da subespecie victoriae.

Cabra. Cabra pirenaica ou cabra montés. Hirco.

A subespecie que temos en Galicia é a victoriae.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

 

Cabra

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nota importante sobre as especies:

Nota importante sobre as especies:

A Capra Pyrenaica soio existe en España. Hai que aclarar que das catro subespecies que agrupa, dúas de elas a lusitánica e a pyrenaica (Bucardo, o último morreu fai pouco)  están xa extinguidas. Das outras dúas a hispánica existe en Serra Nevada e a Victoriae que é a que se atopa en Gredos e nos Parques naturais de Ourense: no Invernadeiro e no Xurés.

A cabra fera xa non existe en Galicia que era a Lusitánica, de tódolos xeitos hai unha pequena controversia na que non vou entrar...non son especialista.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Alto 1,10- 1,45 metros. Cornos 12 - 15 cm nos femias e ata 70 a 100 cms. os machos. O peso 50-110 kg.

Por certo a cabra montesa non perde os cornos, cousa que lle pode pasar os cervos e gamos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

É inconfundible. Os cornos tan grandes e curbados hacia atrás fan a esta especie inconfundible a hora de identificalas. Os cornos poden botar ata 1 metro de lonxitude e describen arcos moi pronunciados coas puntas voltas hacia atrás.

Polos cornos é posible saber a edade da cabra. O corno está dividido en medróns, cada medrón é un ano de edade. É curioso que según o tamaño dos medróns, nas femias, pode saberse si ese ano tuvo descendencia ou non.

A edade tamén se pode saber pola diferencia das manchas do pelaxe nos cabróns, xa que ata os cinco anos, os animais xóvens presentan manchas oscuras na parte inferior das patas. Os exemplares de edade entre 6 a 9 anos, cerran as súas manchas negras na mitade dianteira do corpo. Por contra os machos maiores teñen todo o corpo negro, incluso a grupa.

 Pode vivir uns 20 anos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Aliméntase de gramíneas, herbas, tallos de arbustos, etc.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Cabras montesas no invernadeiro. Foto de Xurxo Lobato.

En Ourense hai cabra pirenaica no invernadeiro, onde están cercadas 64 cabras e soltas 12. En abril do 2001 o censo é de 72 cabras no Invernadeiro.

Tamén no Xurés onde están cercadas 42 e soltaron precisamente o 14 de octubre  outras 10.

Na fotografía , as cabras antes de ser soltadas no Xurés. ( 14-10-2000)

Soltaron 10 cabras.

Actualmente, abril do 2001 hai 52 cabras na zona do Xurés. Na fotografía poden verse dúas cabras macho.

O Xurés Abril do 2001.

Machos 16
Femias 23
Crias 13

Todas as soltas veñen de Gredos.

Nota importante : o delegado de Medio Ambiente de Ourense,  Agustín Verdeal,  a quen a mediados de xaneiro do 2001 chamaron urxentemente do Xurés, xa que desapareceran as cabras...por certo coincidindo co tema do vertido das vacas acinadas nunha empresa de Ourense e contaminando gravemente ( unos pequeños vertido dice el Sr. Verdeal e Salmonela e outras bacterias dice un profesor del Campus).

O día 24-01-2001 preguntándolle por este tema dice textualmente : " Nunca se compraron as cabras, nunca se pagaron , nunca se perderon....que ¿ onde están? , están "No Penedo dos Cabróns" ".

A verdade é que esta anécdota sobre as cabras merecía a pena. En Ourense temos garantizado a existencia de cabras...é evidente.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

Por suposto antes do apareamento os machos teñen moitas liortas entre eles para ver quen se queda coa manada.

O apareamento ten lugar sobre decembro - xaneiro , a preñez sobre 5 meses e medio. Trae o mundo un soio cabrito, que os poucos días xa sigue a mai polos escarpados e ladeiras. 

A mai amamanta o cabrito ata o outono. As femias siguen na manada coa nai e os machos formas manadas de xuvenís ata os 2 -3 anos.

Son famosas as liortas dos machos nos apareamento. O que gaña é o que monta a femia.

A organización social é matriarcal, a mai atende os fillos e os machos andan aislados ata o momento do apareamento.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de ....

Todo o ano. Trátase dun animal diurno, formando grupos separados de machos e femias durante o verán, no inverno os machos xúntanse ós grupos de femias, e só os machos vellos permanecen solitarios.

Esta é a súa pegada.

Estos os excrementos.

Fotografías  sacadas deste link.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Especial xa que hai moi poucas en España.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidade:

Curiosidades:

Cabras montesas no invernadeiro. Foto de Xurxo Lobato.

É importante resaltar que unha das características máis importantes destes animais é a súa capacidade de salto. Esta característica é a que utilizan para escapar dos seus depredadores, en particular do lobo. Realizan saltos e acceden a lugares onde o lobo non pode chegar de ningún xeito.

Últimamente apareceron no Xurés restos de cabras mortas, concretamente cornos. Os feitos están sendo investigados.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección e contradicións da caza:

Proteción e contradicións da caza:

Non están protexidas, de feito poden cazarse con trofeos entre 500.000 e millón e medio de pesetas. A caza faise o rececho ( na época de celo os machos modifican os seus costumes saíndo o bosque que os protexe cara os grandes claros na procura das femias, o silencio do bosque ráchase cos bramidos destos machos. Esto é aproveitado polo cazador de rececho).

Está condenada a extinción, pero parece que se van facendo cousas, de tódolos xeitos é moi dificil compaxinar caza coa conservación da natureza.

A caza move en España máis de 500.000 millóns de pesetas e xenera 130.000 postos de traballo, unha cifra incríble, como para ser cautos, pero o que non se pode permitir e que a caza elimine as especies de feito a caza provocou a desaparición de 270 especies no mundo.

Pode pasar como pasou co bucardo que ó último morreo fai pouco.

Urxe polo tanto compaxinar caza e natureza, si esto non é posible está claro o que hai que suprimir, por suposto a caza de esa especie.

A lexislación actual según os entendidos e totalmente insuficiente, ademais non se cumple ( asuntos como o vallado, o examen do cazador, planes técnicos, non foron para adiante) , así non vamos a ningún sitio.

----------------------------

Cabras montesas no invernadeiro. Foto de Xurxo Lobato.

A Xunta de Galicia autoriza estos días, xaneiro de 2015,  a caza no Xurés basado nun estudio que o parecer dice que hai xa máis de 600 exemplares de cabra Montés.

Na miña opinión, por moitos cartos que mova o tema é unha equivocación abrir a caza desta especie agora que empeza a recuperarse. Llegaremos a cero outro vez a parte de que nos días de caza calquera se achega a facer rutas nesta zona. Tomo nota. Un peligro auténtico...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Outros links:

Outros links básicos:

Cabras montesas no invernadeiro. Foto de Xurxo Lobato.

Neste link hai moitas máis fotografías.

Datos científicos.

Un link sobre a caza da cabra montés onde veñen especificados os trofeos e medallas, incrible.

El último bucardo.

Fotografía del última bucardo, morto o 05-01-2000.

Outra páxina de necrolóxicas é a seguinte, dela está sacada esta esquela dolorosa:

A morte do bucardo:

 

Ir a características

Saír