Sciurus vulgaris.

Esquío. (Ardilla)

Fotografía de esquio sacada dun folleto da Voz de Galicia sobre a Fauna galega.

Cito o esquío, como preto dos ríos galegos, xa que últimamente é moi abondoso na beira dos ríos de Ourense, onde fai uns anos non se deixaba ver.

Atopeime algunhos en varias zonas do Arnoia, no Deva en Ourense , etc. ( En Lugo é Coruña sempre foi abondoso). 

Inqueto, vivaracho e ousado, da gusto velo. As veces perde o medo e baixa a comer calquera cousa que se lle bote. Merece a pena ver un esquío,  xa que  non escapa rápidamente (sempre que non fagamos moito barullo)  e trátase dun excelente trepador.

O esquío vexo que tamén se atopa a gusto nas árbores de Galicia...

Ve-las características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESQUÍO- CARACTERÍSTICAS.

 

 

Fotografía de esquio sacada dun folleto da Voz de Galicia sobre a Fauna galega.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións identificación Alimentación.
     
Habitats Reproducción Inimigos
     
Distribución en Galicia. Interés protección
     
Pegadas Vese nos meses de... Bibliografía      Fotografía

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Fotografía de esquio sacada dun folleto da Voz de Galicia sobre a Fauna galega.

Sciurus vulgaris. (Linnaeus 1758)

Orden: Rodentia.

Familia: Esciúridos.

Género: Sciurus.

Especie: Sciurus vulgaris (Linnaeus, 1758).  

Ir a características

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Esquío , Esquiu, esquivo, esguiro, arda, ardela.

 

Ir a características

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Ardilla.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Dimensións
 

Dimensións:

Fotografía de esquio sacada dun folleto da Voz de Galicia sobre a Fauna galega.

Entre 20-25 cms. 

A cola é moi longa entre 14 a 25 cms.

Un peso entre 230-450 grs.

Sobre seis anos de vida.

Longas orellas e longas patas traseiras.

A cola tamén non deixa lugar a dúbidas.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

O esquío empeza a ser abondoso en Ourense.

É inconfundible, o seu rabo peludo non deixa lugar a dúbidas. Sempre subido polas árbores, gatuña sin parar. É moi observador e gustalle dominar o bosque coa mirada, deixase ver , nunha palabra.

Fai anos en Ourense non se vía. No 2000 é moi abondosa en algunhas zonas, como o Polígono, Paderne, Xunqueira de Ambía, etc. 

Ten dúas pelaxes: a roxa e a gris.

Esquío.

Esta é a pelaxe gris.

Esta é con pelaxe roxa.

Fotografía de esquio sacada dun folleto da Voz de Galicia sobre a Fauna galega.

Longas orellas e longas patas traseiras.

A cola tamén non deixa lugar a dúbidas.

As uñas son un bon instrumento para subir e baixar, si non sería imposible.

Igual sube que baixa da árbore...

En terra tamén é bon corredor. De tódolos xeitos andar polo chan non lle gusta moito.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

O esquío empeza a ser abondoso en Ourense.

Aparease entre decembro e maio, a preñez tena os 38 días aproximadamente, ten ademáis entre 1 a 2 partos o ano e trae entre 2-5 crías , desnudas e cegas que abren os ollos o cabo dun mes, son amamantadas durante dous meses e logo independízanse.

O niño faino nas copas dos árbores sobre todo dos pinos. O niño ten sobre 30 cms de diámetro e está formado por ponlas, herbas e mofos, é bastante consistente.

As veces son oportunistas e aproveitan o niño de outras por exemplo urracas ou caixas por exemplo.

Pode acadar ata seis anos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Inimigos:

O seu enemigo natural é a marta.

A marta pode cazar o esquio de forma espectacular.

Si se ve moi apurado o esquío pode deixar a cola.

De tódolos xeitos ten que ser un bon alimento para as rapinas típicas, sobre todo cando é pequena.

Evidentemente unha aguía, un azor ou unha lechuza poden facerlle moito daño a un esquío. Inda que penso que as aguias pouco daño lle van facer xa que prácticamente non existen.

Non hai moitos datos xa que o esquíu é moi recente nos nosos bosques sobre todo en Ourense.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

O esquío empeza a ser abondoso en Ourense.

Preferentemente aliméntase de semillas das árbores, conchos, baias, tallos e tamén algúns insectos.

A súa dentadura permítelle ser un experto para apalancar as piñas e coller os piñóns ou abrir unha noz si fai falta.

Na fotografía está a comer nun cogordo ou Lepiota procera, choupin, patamela ou como se chame en cada zona.

Gústanlle moito os piñóns, sobre todo do Pinus pinaster e Pinus sylvestris; tamén as castañas, cogumelos, codias, xemas, gromos, caracois, insectos, ovos e polos de aves.

Tamén come caracois, insectos, ovos e polos de aves.

Vese de día.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

O esquío empeza a ser abondoso en Ourense.

Presente hoxe, ano 2000, en tódolos bosques galegos, tamén preto dos ríos e regatos, inda que non sexa un mamífero ribeireño, pero dende logo, gustanlle os ríos e os regatos.

Vese polo tanto en bosques de todo tipo, tamén en xardíns e parques.

Gústanlle moito os pinares. Está presente pero menos nas carballeiras e tamén en bosques de faias.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de...

Todo o ano, menos no inverno onde se sumerxe no letargo invernal, onde dorme días e días. Na primaveira vense menos que no verán e no outono, por una razón clara, no inverno morren algúns esquíos, uns por vellos e outros polo frío ou o mal tempo.

Dicen tamén que non inverna. Queda dito.

Fotografía Remo Savisaar.

É solitario e diurno. Vese durante o día inda que a mediodía vese menos xa que debe dormir a xesta, é un decir...

É un roedor que cae simpático e moitas veces botándolles comida incluso a collén rápidamente, sobre todo os que están preto dos xardíns das ciudades.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

O esquío empeza a ser abondoso en Ourense.

Especial.

É un excelente trepador, pode descender coa cabeza para abaixo, é incrible. Utiliza o rabo, moi peludo e poblado de timón e de paracaidas, cando salta de árbore a árbore.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Figura no anexo III do Convenio de Berna.

Categoría UICN (2001). Preocupación menor (LC).

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Distribución en Galicia:

O esquío empeza a ser abondoso en Ourense.

Hoxe xa se atopa en toda Galicia. Fai anos estaba limitada os Ancares e zonas preto de Asturias onde é e sigue sendo moi abondoso.

Pola razón que sexa, foron medrando e extendéndose a toda Galicia. Hoxe é abondoso na provincia de Ourense, onde se pode ver por tódolos bosques.

En tempos foi considerada rara tanto en Pontevedra como en Ourense.

Seoane cita o esquío en 1861.

Morren moitos nas estradas. Unha mágoa.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pegadas e identificacións:

Pegadas do esquío:

O esquío empeza a ser abondoso en Ourense.

O esquío non é dificil de distinguir si anda pola zona, sobre todo si hai pinos, xa que deixa as piñas dun xeito único e que non fai outro mamífero, busca, evidentemente os piñóns e deixa unha pistas boas, coas cáscaras de estos e o que queda de piña.

Esquío.

Os nidos son parecidos os das aves, fainos nas copas das árbores

No chan as patas de adiante que son catro dedos, deixan marcadas normalmente tres. Por detrás teñen cinco dedos que normalmente marcan todo.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Fonte de información :

Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.

Cuadernos de campo. Roedores II. nº  59. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías

O esquío. Descoñezo o autor da fotografía

Fotografía de Remo Savisaar.

Ir a características

 

 

Saír.