Genetta genetta.

Xeneta. (Gineta).

 

Fotografía sacada da revista Quercus. Xaneiro 2001

Tamén xa escasa en Galicia. A xeneta non é oriunda de España xa que a trouxeron os mouros. Era moi hábil cazando ratos.

Está presente por exemplo na Lagoa de Antela e nas fragas do Mandeo entre outros lugares. Ten o tamaño dun gato doméstico; a verdade que é fácil de distinguir polos suas cores. O rabo ten como oito ou dez aneis negros.

É un animal eminentemente nocturno, de ollos moi grandes, gatuña moi ben polas árbores. Come de todo, pero gústanlle moito os ratos. Come paxaros e tamén moitos insectos e incluso frutos como uvas , figos, etc.

Ver  características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XENETA EN GALICIA.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Fotografía de Nigel Dennis Wildlife Phot

Genetta genetta. ( Linnaeus 1758)

Clasificación:

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Fotografía de Nigel Dennis Wildlife Phot

Xeneta, algaria , gato algario, gato de algalia, rabisaco.

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Fotografía de Antonio Vázquez.

Gineta

 

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Xineta de noite. Descoñezo o autor da foto.

Entre 40-55 cms. Ancho ata 38-48 cms. Peso 1 e 2,3 kg.

Pode vivir entre 14 e 20 anos.

Fotografía de noite, bastante curiosa. Ve-los ollos moi grandes, con estos ollos pode percibir perfectamente calquera movimento das súas presas. Sobra decir que é moi áxil, aparte de gatuñadora e segura. Baixa das árbores gatuñando pero cabeza abaixo.

As pernas de adiante son moi cortas e as de atrás longas. As pernas típicas do mamífero saltador. É toda unha especialista.

Nesta fotografía sacada do fascículo nº 7 publicado pola Voz de Galicia sobre a Geneta, vese perfectamente o anterior. Por certo observar os bigotes, son bastante longos.

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Xineta. Descoñezo o autor da fotografía.

É moi dificil de ver, xa que actua de noite.  Estamos ante un gato moi, moi grande.

De tódolos xeitos a súa estampa é inconfundible e na miña opinión pódese confundir cun gato montés, de tódolos xeitos xa se ve , as súas manchas negras polo lombo, fanno inconfundible. A súa cola con ata 8 canelos tamén é típica. O gato soio ten manchado de negro o remate do rabo. A cabeza tamén é pequena en comparación coa do gato que é máis redondeada.

As orellas son moi grandes, así especiais para oir o que sexa pola noite. Ten tamén uns bigotes respetables, pola mesma razón, para detectar de noite todos os obxectos.

Os ollos son verticais.

Pódese confundir có gato montés, pero a cabeza é moi distinta non tan redondeada e a cola remata en punta.

Nesta fotografía de Hervé Michel, onde se ve unha xeneta atropelada nunha estrada, vese como a cola remata en punta, así como o anelado típico.

Xineta. Descoñezo o autor da fotografía.

A cola tamén é moi longa. Por certo a cola fai de timón direccional tanto na carreira como nos saltos.

As uñas son semirretráctiles para que resulten eficaces a hora de saltar e a hora de cazar.

Seica pode facer saltos de 4,5 metros e desplazarse a razón de 50 Km/h.

Xineta de noite. Descoñezo o autor da foto.

Ten un oído finísimo, unha vista moi penetrante e ademais capaz de ver pola noite (pupila vertical)  e uns bigotes que lle informan dos mínimos obstáculos.

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

A madurez sexual tena os catro anos.

Ten dous apareamentos , un en febreiro-marzo e outro en xulio-agosto. A preñez dura entre 10-11 semáns, e trae o mundo entre 2-4 crias, cubertas de pelo, cegas e xordas, os oidos ábrense os cinco días e os ollos os 10 días. Son amamantadas durante 6 semáns e permañecen coa nai durante un mes.

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Xineta de noite. Descoñezo o autor da foto.

Moitos entre eles o home. O máximo peligro que teñen é a caza.

Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo.

O feito de que poda vivir en case calquera lugar faina vulnerable.

Morren moitas nas estradas.

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

É un cazador nato, na súa dieta atópasen todo tipo de ratos (25%)  e topos e pequenos mamíferos ata do tamaño dunha lebre. Tamén come paxaros, anfibios e reptiles, insectos, e frutos silvestres e baias.

É preferentemente nocturno ou crepuscular.

Por suposto que a súa dieta é oportunista. Así:

Inverno: aves de corral, roedores e aves silvestres.

Primaveira: coellos, aves, roedores e insectos.

Verán: froitos, roedores, aves e insectos.

Outono: froitos, aves, insectos e roedores.

Nota: o que máis lle gustan son os ratos de campo, os tordos e as aves de corral.

Técnicas de caza

O seu sistema de caza sempre é aproveitando a sorpresa, pode dar saltos incribles apoiandose no seu timón que é o rabo. No dibuxo de Felix Rodríguez de la Fuente sacado do Cuaderno de campo nº  39 vese un salto de árbore a árbore para coller un pito real antes de meterse no nido.

Outra técnica é acercarse de noite onde están dormindo. Así faino con moitos córvidos.

Fotografía sacada da revista Quercus. Xaneiro 2001

Moitas veces algúns roedores como os leiróns, por exemplo, póñense, escapando, as últimas ramiñas e en lugares que eles creen de dificil acceso para a xeneta. O final caen nas redes debido a axilidade que tén.

Os coellos podeos atacar no seu tobo. Normalmente dalles morte polo pescozo.

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Xineta. Descoñezo o autor da fotografía.

Habita en fragas e masas arbóreas nas proximidades de ríos e regatos, manantiais e áreas de rochas en ripisilvas de ríos encaixonados, mesmo en ríos de pouco caudal e regueiros. En zonas boscosas e zonas mixtas.

Gústalle moito estar preto de pobos, iglesias e caseríos sobre todo no inverno.

O sistema de marcaxe é como o de moitos mamíferos, orinando e defecando nas fronteiras dos seus dominios.

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de ...

É dificilísimo vela.

Ten hábitos nocturnos polo que é francamente dificil observar os seus movementos.

 

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Máximo. É unha auténtica xoia entre os mamíferos galegos.

Por suposto cumple a súa misión, non debe esquecerse que o que máis lle gusta cazar son ratos de campo.

Non se entende como moitos cazadores teñen o dedo rápido para disparar a xeneta e matala. Esos cazadores deberan ser inhabilitados de por vida.

 

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Figura no anexo III do Convenio de Berna. Está protexida. Está tamén na lista vermella de especies a desaparecer.

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en España:

Xineta. Descoñezo o autor da fotografía.

Habita en toda Galicia. É abondosa.

Moi frecuente en áreas de bosque e sotobosque, sobre todo nas proximidades de canles de auga. A súa distribución é moi alta. ( Atlas de vertebrados de Galicia.  Tomo I. Sociedade Galega de Historia Natural.  1995).

Abondosa en fragas e masas arboreda nas proximidades de ríos e regatos de Galicia.

Vive dende o nivel do mar ata os 1000 metros de altitude.

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Xineta de noite. Descoñezo o autor da foto.

Cando se defende utiliza unhas glándulas que producen un fedor especial. As glándulas están no ano e cheira a almizcle. De feito esa algalia foi utilizada en Europa como compoñente de medicamentos e , sobre todo, como materia prima para a fabricación de perfumes, moi apreciada e cotizada antiguamente, actualmente esto soio se aprecia nos paises orientais.

Emite uns berros típicos cando se ve alarmada.

Tamén uns gruñidos típicos.

Os excrementos son largos e finos con numerosas estrangulacións (sobre 8/9 cms de longo e de 1/3 cm de ancho) , e máis cortos que os da garduña e a marta. Fai as suas necesidades, ou sexa teñen os seus cagarruteiros en xeral en zonas elevadas pero moi visibles.

 

Ir  características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía da ficha:

Fonte de información :

Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995.

Cuadernos de campo.  La gineta y el meloncillo. nº  39.  Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.

 

 

Ir  características