Arvícola sapidus.

Rata aguadeira. (Rata de auga)

Trátase dun animal típico dos ríos galegos e mal que pense a xente é un animal sumamente limpio. Non lle vale calquera río. Aliméntase de vexetais e tamén vive na terra onde fai a sua toba.

Tamén se chama rata aguadeira.

A súa cor vai de pardo amarelento ata casi negro, como o da fotografía.

Ve-las características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características

RATA AGUADEIRA ou RATA DE AUGA.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Arvicola sapidus. ( Miller 1908)

Mamíferos


Orden:       Rodentia


Familia:      Muridae

Subfamilia: Microtinos

Xénero:     Arvicola

Especie:    Arvicola sapidus (Miller 1908)

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Rata aguadeira. Luria. Lirio. Rata de auga común.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Rata de agua.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Dimensións:

Entre 12 e 20 cms. Un peso entre 80-180 grs. A cola é longa mide entre 9 a 14 cms.

A súa  vida media está en torno ós tres anos, inda que moitos exemplares morren nos primeiros anos.

Como moito pode chegar os cinco anos.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Identificación:

A cor vai dende pardo amarelento a casi negro.

O fuciño é chato e os ollos son moi evidentes.

O rabo é máis longo que a mitade do corpo e as orellas tennas ocultas pola pelaxe.

Mostra as orellas lixeiramente, non como a rata común que as mostra xa, vense perfectamente.

Fotografía de Jordi Muntaner.

Nesta fotografía observar que tira máis a negra.

Pódese confundir coa rata común Rattus norvegicus, que tamén se pode ver nos ríos e regatos de toda Galicia.

Rata aguadeira

Arvicola sapidus.

Rata común

Rattus norvegicus

Rata aguadeira

Arvicola sapidus.

Sobre 12-20 cms.

Cuello non tan definido

Orellas pequenas

Cola sin anillar

Rata común.

Rattus norvegicus

Sobre 17-27 cms.

Cuello definido

Orellas grandes e visibles

Cola anillada

O aspecto é bastante distinto observar que a rata común ten máis definido o pescozo e a cabeza e as orellas. Tamén é máis grande. A rata común pode habitar coa outra pero esta compite fortemente xa que é unha depredadora de todo. É a típica rata de alcantarilla que pode vivir en regatos e ríos e come de todo. Gústanlle moito os ríos contaminados e dende logo todo tipo de lugares húmedos polo que non é rara en río e regatos.

Na segunda comparativa vese mellor as diferencias.

A rata común, que come de todo, aliméntase en ríos de montaña de sapos e ras.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Aparease entre marzo e octubro, a preñez tena os 21 días aproximadamente, ten ademáis entre 3 a 4 partos o ano e trae entre 2-10 crías que se independizan as catro semáns.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Aparte do home ( estas ratas son moi beneficiosas nos ríos e non teñen nada que ver coas ratas caseiras)  o seu enemigo natural son as aves ( coruxas, mouchos, etc) , a lontra, teixugo , a marta e as xenetas.

As grandes ratas domésticas ou non, ou sexa as ratas comúns,  son depredadoras desta rata. Si coinciden mal asunto xa que a rata aguadeira leva sempre as de perder.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Preferentemente aliméntase de herbas e tallos novos. Come vexetación acuática, fentos, tallos novos de herbas, xuncos, raiceiras, plantas acuáticas flotantes,  etc.

Non desdeña comer peixes pequenos e insectos.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Habitat:

Presente en algúns ríos galegos de augas limpas. Realmente está, nun mapa de cuadrícolas de Galicia, en todas elas. É bastante común.

O seu habitat está vencellado os ríos e regatos, canles de rego, brañas, lugares lamacentos, alí onde haxa un pouco de auga e un certo caudal. Gústanlle que teña fentos, xuncos e plantas abundantes. En xeral prefire lugares onde poda facer fácilmente a súa galería, que non chega o metro.

É boa nadadora e bucea moi ben.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Vese nos meses de:

De xaneiro a xuño.

Preferente vense a finais das mañás e primeiras hora da tarde. Claro que o anterior depende un pouco dos depradores da zona onde vive.

Tamén actua pola noite si o necesita.

Trátase dun animal moi desconfiado.

Aguanta moi ben a sequía.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Interés:

Especial. Esta rata é perseguida en algúns lugares, por zonas por exemplo do río Támega, xa metidos en Portugal, dicen que é exquisita. Dende logo o home é un auténtico depredador de todo o que se move.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Protección:

Non está protexida. 

Está catalogada de vulnerable.

Categoría IUCN (2001): Vulnerable (VU) B2c. Realmente non se considera ameazada de momento inda que o que está a pasar nós ríos, contaminación, encauzamentos,  etc, non a favorece.

Por eso se considera vulnerable.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

É máis limpa do que a xente cree, e por suposto moito máis limpa que algúns e algunhas empresas que non fan máis que votar porquerías o río.

 

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Distribuición Galicia

Atópase en calquera río de Galicia, dende o nivel do mar ata 900 metros de altitud.

 

Este é o seu mapa de distribución, en Galicia é abondosa inda que non tanto como en outros lugares.

Persoalmente vin ratas de auga no río Barbaña por riba do Polvorín en Ourense.

Lopez Seoane xa a citaba en 1861 como moi frecuente en Galicia.

Arvicola terrestris

Arvicola terrestris.

Nota: existe outra rata de auga a Arvicola terrestris en Galicia pero é pouco abondosa, aparece únicamente en algúns prados do Courel e dos Ancares e tamén na Veiga, concretamente no macizo de Pena Trevinca. É máis pequena. Chámase rata de auga setentrional.

Interesados ver a ficha no libro "Guía dos mamíferos de Galicia" de Baia Edicións dos autores Juan Ignacio Díaz e Yosi Cartelle. 2007

A Arvicola terrestris é moi parecida a rata augadeira.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Pegadas:

A rata de auga pódese detectar perfectamente no río xa que deixa no comedeiro pequenos trozos de xuncos, tallos, etc.

Os buracos son distintos os dos topos.

Fai pequenas excavacións ou tobas onde vive (ver a fotografía, son moi distintas as dos topos xa que nas da rata non hai continuidade entre o buraco e a terra sacada do burato). Non pasan do metro. Tamén utiliza unha especie de nidos, que fai con herbas, por riba da superficie da auga ou da vexetación.

Tamén fai e repara sendas pola que circula. É bastante meticulosa e por suposto desconfiada, e fuxe as primeiras de cambio...

Os seus excrementos tamén son fáciles de identificar así como onde hai limo as súas pegadas que son pequenas pero moi visibles en algunhas pedras.

 

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Links interesantes:

Link interesante sobre a rata de auga.

Deste link saquei varias fotografías.

Un link básico e con amplia información e estudio a fondo é o seguinte link.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Fonte de información : Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.

 

 

 

 

 

 

Fotografías.

Fotografía de Carlos Sanz.

 

 

Desta fotografía descoñezo o autor da mesma.

Desta fotografía descoñezo o autor da mesma.

Volver a características.

Saír.