Erinaceus europaeus. 

Ourizo cacho.   (Erizo)

 

O ourizo é hoxe bastante abondoso en Galicia. A proba é que día si e día tamén aparecen mortos nas estradas. É, polo tanto,  moi común en lindes de hortas, bosques, zonas montañosas ata 2000 metros, etc.

Come de todo, pero preferentemente insectos, miocas, caracois, pequenos ratóns, etc.  A súa actividade é pola noite ou ben no crepúsculo.  Cando se ve en peligro ponse coma unha pelota e saca unhas púas que realmente fan dano.

Abondoso en Galicia. Especie protexida.

 

 

Ve-las características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OURIZO CACHEIRO- CARACTERÍSTICAS.

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Nome científico

Nome científico:

Fotografía sensacional de Josef Hlasek

Erinaceus europaeus. ( Linnaeus 1758)

Clasificación:

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Fotografía BBC.

Ourizo cacho. Ourizo Cacheiro, Porco Espiño.

 

En Asturias chámanlle rescañeiro, nas zonas pegadas a Galicia, tamén corpuspín e outros nomes.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

 

Erizo.

 

Ir a características

 

 

 

 

Dimensións  

Dimensións:

Entre 20-25 cms.  Un peso ata 1 kg.

Ten unha cola corta, sobre 2,6 cms.

A femia é máis grande que o macho, ten tamén máis grande o fuciño.

Vive entre 7 a 10 anos. Morren moitísimos actualmente en Galicia cós incendios e nas estradas. É rara a noite que non morren uns cantos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

É inconfundible, O seu corpo está totalmente cuberto de púas excepto a cabeza e as patas.

Fotografía de B.S. Yudin.

Ten as orellas moi pequeniñas. Tamén patas pequenas e cortas.

Fotografía sacada deste link.

O fuciño é puntiagudo e negro.

Fotografía de Josef Hlasek.

Enróllase como unha pelota cando é descuberto. deixando toda a parte de fora uns pinchos ou púas que realmente fan dano (as púas teñen entre 2 e 3 cms. de lonxitude.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

O celo vai de abril a outubro. A xestación son 33 días, e os partos teñen lugar de maio a outubro entre 2 e 7 crías, 5 de media, e con 1 ou 2 camadas o ano. O peso o nacer é de 11 a 25 grs., pasando rápidamente a acadar ata 400 gramos coa chegada do inverno, para sobrevivir a hibernación. As femias coidan da proxenie durante dous meses aproximadamente.. Ás crías, as espiñas duras aparecenlles ó terceiro día de vida, abrindo os ollos ás dúas semans. A madurez sexual acádase ós 10 meses. 

Hiberna cara ó mes de novembro  en tuneis, madrigueiras e tobos, casas derruidas con orientación o sur. Precisa dun territorio de 4 Ha.

Hibernación :  quere decir que no inverno selecciona unha boa guarida e permanece durmindo no interior ata chegada de tempos mellores. Antes de retirarse a hibernar engordan moito, logo viven un pouco de rentas. De tódolos xeitos todos os hibernantes despertan de vez en cando, e de seguido volven a dormir. 

Vive de 7 a 10 anos.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Inimigos

Fotografía de B.S. Yudin.

Ten moitos inimigos: dende o moucho e a curuxa  ata o zorro, lobo,  incluso o xabarín se atreve con el. Tamén, hoxe, os coches, xa que morren moitísimos nas estradas galegas. Curiosamente morren máis machos na primaveira e máis femias no outono.

Os nosos cans de palleiro tamén se atreven con el, inda que salgan picados.

Hoxe tamén se come nas Islas Baleares, non sabía este feito...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Preferentemente aliméntase de caracois, lamáchegas,  lombrices de terra ou miocas, e todo tipo de insectos.

Tamén come ovos de aves e froitos varios (rara vez).

Come tamén champiñóns.

Pode capturar cóbregas, das que atura o veneno. Gústanlle as lagartixas.

Nesta fotografía vemos como un ourizo carga cunha mazá, dudo que non sexa unha montaxe. En calquera caso a fotografía é extraordinaria. O autor é Juniors Bildarchiv.

Fundamentalmente é nocturno, inda que pode ser visto tamén no solpor e no mencer.

Nota: según algunhas informacións os ourizos non son inmunes a picaduras das víboras. Queda dito.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Presente hoxe, ano 2000, en tódolos bosques galegos, tamén preto dos ríos e regatos, inda que non sexa un mamífero ribeireño, pero dende logo, gústanlle os ríos e os regatos.

Vese polo tanto en bosques de todo tipo, tamén en áreas de cultivo e labradío.

É común en zonas suburbanas, así como preto de vilas e aldeas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de ...

Fotografía da BBC.

Todo o ano, menos no inverno onde se sumerxe no letargo invernal, onde dorme días e días, xeralmente de outubro  deica marzo, dependendo moito da friaxe.

No dibuxo, tomados do libro Mamiferos, La naturaleza en Asturias, vense os excrementos do ourizo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

O ourizo era moi apreciado polos labregos. Hai moitos contos populares que falan do ourizo.

"O ourizo tamén Dios o fixo".

Son moi útiles xa que consumen gran cantidade de insectos malignos para ó campo. Tamén se atreven coas víboras.

(Fotos: Dagmar Neuhausen)

Últimamente falan do ourizo como mascota, a verdade é que a xente non sabe que facer e inventar; a miña opinión sobre o tema e que deixen o ourizo no seu habitat e que se deixen de molar...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Figura no anexo III do Convenio de Berna, pero non goza de protección legal clara.

Hoxe morren moitos debido os incendios, os productos químicos e as estradas.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Distribución en Galicia:

Hoxe atópase en toda Galicia.

É moi abondoso.

Lopez Seoane xa ó cita en 1861 e dí que é moi frecuente. 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Contos:

Contos:

Crese que gapea polos árbres pra coller mazás e outros froitos que vota ao chao, pra pinchalos cas pugas e levalos diste xeito á súa coveira.

Eu teño as miñas dúbidas do anterior.

O que si fai é coller os froitos do chan, pinchalos coas súas púas e levalos a súa voveira.

O ourizo é un animal moi benefactor para o campo e dende logo a cambio recibe ben pouco...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Fonte de información : Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995

Cuadernos de campo.  Mamíferos insectívoros. nº  58.  Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.

Mamíferos. La naturaleza en Asturias. Miguel Angel García Lado. Edicciones Azucel.

 

Ir a características

 

 

 

Fotografía

 

Fotografía sacada deste link.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍA DE BEBÉ.

Descoñezo o autor destas entrañables fotografías dun bebé de ourizo.

Ir a características

 

Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COUSAS CURIOSAS.

.- O ourizo hiberna:  quere decir que no inverno selecciona unha boa guarida e permanece durmindo no interior ata chegada de tempos mellores. Antes de retirarse a hibernar engordan moito, logo viven un pouco de rentas. De tódolos xeitos todos os hibernantes despertan de vez en cando, e de seguido volven a dormir. 

.- Un ourizo chega a ter máis de 5.000 púas no seu corpo.

.- Os ourizos posuen nas súas púas un grupo de ácidos capaces de neutralizar  a moitas bacterias. Así evitan as posibles infeccións que puideran ter ao ferirse con algunha das máis de 5.000 púas repartidas polo seu corpo.

.- Curiosamente nas estradas morren máis machos na primaveira e máis femias no outono. Seguramente a explicación sexa trivial.

.- Algunha xente está a ter ourizos como mascotas...incrible.

.- Seica o único inimigo que lle pode meter man, si non o collen por sorpresa é o zorro, que cando o ourizo se pon como unha pelota, sabe as mañas para rematalo...

.- O ourizo abandona a súa forma de pelota, que adopta cando se ve en apuros, botándolle auga. Non me estrañaría que o zorro fixera algo desto...

Ir a características

 

Saír