Neomys fodiens.

Murgaño patibranco. (Murgaño).

riosnat39.jpg (43876 bytes)

Nono teño visto en Ourense. Dicen que é moi abundante en Lugo e na Coruña. Trátase dun cazador nato e tamén quere augas limpas. A súa alimentación son insectos e larvas acuáticas. Caza en terra. Tamén o chaman Musgaño patibranco.

Hai outro Murgaño o Murgaño de Cabrera ( Neomys anomalus), inda que é escaso pero está moi distribuido por toda galicia ( este pode vivir fora dos ríos, por eso non fago ficha, de tódolos xeitos é moi parecido a este).

Características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Murgaño: características.

 

riosnat39.jpg (43876 bytes)

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación-cuspe esp. Reproducción Vese nos meses de
     
Protección Inimigos Interés
     
Curiosidades Murgaño de cabrera        Problema das botellas     
     
Citas Bibliografía Fotografías

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Sensacional fotografía de Josef  Hlasek.

Neomys fodiens ( Pennant , 1771).

 

Clase: Mamalia.

Orden: insectívoro.

Familia: soricidae.

Xénero: Neomys

Especie: Neomys fodiens

 

Trátase dunha especie autóctona , é ademais unha subespecie ibérica.

En Galicia aparte do Neomys fodiens hai outro :

Este é o Murgaño de Cabrera, Neomys anomalus, moi parecido o desta ficha. Este Murgaño atópase en toda Galicia pero non ten ficha explícita nesta web xa que é pouco acuático, polo menos, moito menos que o murgaño patibranco.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Fotografía Rolin Verlinde.

Murgaño patibranco, musgaño, muraño, muraño patibranco,  musaraña.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome

castelán

Nome castelán:

riosnat39.jpg (43876 bytes)

Murgaño, musaraña acuática. Musgaño patiblanco.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Foto David Hosking

Mide entre 6 e 10 cms. É polo tanto moi pequeno.

Pesa entre 10 e 12 grs.

A cola ten entre 5 a 8 cms.

A súa esperanza de vida é moi corta entre 14 a 19 meses, ou sexa por regra xeral non chega os dous anos. Non me estrana sendo tan pequeno e tendo tantos depredadores.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

riosnat39.jpg (43876 bytes)

Parece un ratón pero hai claras diferencias.

É inconfundible: ten un fuciño longo. A súa cor é negra con matices brancos por baixo.

Pódese confundir cun ratón pero para eso tiñamos que deixar de mirar para o seu fuciño que é definitivo para identificalo.

Foto Claus Konig.

Na fotografía vese que ten unha cola bastante longa o igual cós ratóns. Pero repito que o fuciño é definitivo.

Fotografía de D. Sirugne.

Ten catro patas que terminan en dedos de uñas que quedan as veces moi marcados nas orelas dos ríos.

Ten tamén orellas pequenas pero marcadas perfectamente. Posee tamén un bon olfato inda que esto pouco nos sirve para identificalo.

O murgaño e semi-acuático e vive de feito no río e fora do río, ten polo tanto certas adaptacións para facer esto,  como a pel,  os dedos das mans con moitos peliños, mans moi grandes en comparación co corpo, etc.

Observar estos detalles da gran fotografía de Hlasek:

 

Outra cuestión importante para identificalo:

A súa dentadura tamén é curiosa. Os dentes superiores  son maiores que os inferiores e os dous están tinguidos de vermello o que tamén pode axudar a súa identificación.

Ver un resumen nesta sensacional ficha:

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Preferentemente invertebrados, miocas e ocasionalmente peixes moi pequenos. Por suposto que lle gustan tamén as ras, sapos así como todo tipo de ovos de anfibios  e demais.

Nesta fotografía de Josef Hlasek estase a atrever cun peixe.

Pode bucear ata uns 20 segundos. Por regra xeral controla entre 10-100 metros de río por onde caza habitualmente.

Ten unha cousa especial que é o seu cuspe.

Efectivamente pode dar morte a réptiles, peixes e pequenos micromamíferos simplemente cuspindo, trátase dun cuspe neurotóxico que sin lugar a dúbidas funciona.

A súa dentadura tamén é curiosa. Os dentes superiores  son maiores que os inferiores e os dous están tinguidos de bermello o que tamén pode axudar a súa identificación.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Fotografía Rolin Verlinde.

Presente en algúns ríos galegos de augas limpas, vive sempre preto da auga, en zonas de lameiros asulagados e correntes de auga con vexetación baixa.

Fotografía de Hlasek.

É un animal perfectamente adaptado para natación e o mergullo (que é o acto de mergullarse , é decir, meterse baixo auga como quen no quere a cousa).

En Galicia vexe máis en Lugo nos Ancares e no Courel.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Veses nos meses de...

Fotografía de D. Sirugne.

 

Todo o ano.

Este pequeno animaliño está continuamente entrando na auga e alimentándose tamén na beira de ras, sapos, etc.

Nada e bucea con moitísima facilidade.

Excaba pequenas tobas con entrada e saida a auga ou non. Nestas pequenas cavidades vive o murgaño.

Por certo tamén é un bon trepador.

En Galicia vexe máis en Lugo nos Ancares e no Courel.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

Foto Claus Konig.

Está en celo no verán. O celo e o parto van de abril a setembro. A xestación dura 22 días, parindo de 3 a 8 crías, con dúas camadas ó ano.

Fotografía de Baillet.

 Os novos non se reproducen ata o ano seguinte do nacemento. A lonxevidade é de 14 a 18 meses, morrendo normalmente no segundo outono da súa vida.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Inimigos:

Dado o seu tamaño ten moitísimos inimigos naturais, dente as lontras e por suposto os visóns ata moitas aves rapaces, como a curuxa e o moucho.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Especial.

Está considerada como unha especie rara.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Especie protexida polo convenio de Berna de 1986 e Real Decreto de 1980...

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

riosnat39.jpg (43876 bytes)

É unha especie moi escasa, atópase en lugares de Lugo e Coruña.

No Courel e relativamente doado atopala nos ríos.

É moi activa e traballa cara o crepúsculo ou pola noite.

Posee unha saliva que afecta totalmente os invertebrados non sendo tóxica para o home.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Citas:

Citas:

López Seoane (1861) di que hai moitos en Lugo.

A verdade é que o murgaño é escaso en Galicia e soio se atopa en ríos de Lugo e da Coruña.

É moito máis abondoso en Asturias, Cantabria e o Pais Vasco e Pirineos.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Parecidos :

Parecidos o Muraño de Cabrera:

Enciclopedia Encarta.

En Galicia, según o Atlas de Vertebrados de Galicia, realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural, no tomo 1, cita como máis común en Galicia o Murgaño de Cabrera que se corresponde co Neomys anomalus, pois ben,  son moi parecidos e dende logo está máis espallado por Galicia inda que é escaso.

Fotografía do Neomys anomalus.

 O feito de que me decida polo  Murgaño Patibranco é que este é máis acuático, simplemente. De tódolos xeitos as características son moi similares. 

 

Outra fotografía do Murgaño de Cabrera.

Este murgaño pode atoparse fora dos ríos e nos ríos.

Aliméntase de pequenos invertebrados terrestres e acuáticos; tamén lle gustan as postas de ras, ou sexa os ovos e mesmo pequenos peixes.

Dende logo é o máis pequeno e o menos acuático.

Ir a características

 

 

 

 

 

Problemas actuais, as botellas, trampa mortal:

As botellas: trampas mortais.

Na fotografía de Ignacio Torres vese un ratón moruno intentando escapar da trampa.

Na revista Quercus, decembro do 2003, trae un artigo demostrando a grave barbaridade de deixar as botellas tiradas no campo.

Efectivamente son os micromamíferos do tipo musgaño, ratóns e topiños os amantes de meterse dentro delas e logo non saen.

Trátase dunha trampa mortal para estos animais.

O musgaño entra na botella xa que dentro pode atopar insectos e restos, simplemente para comer. Logo dependendo de como este a botella de inclinada non sae e morre. Si a botella está húmeda por dentro tampouco saen os ratóns. Trátase polo tanto dunha trampa mortal.

Fotografía de D. Henclin.

Nun estudio realizado en Gran Bretaña de 787 micromamíferos atrapados en 500 botellas o 68% eran musgaños o resto ratóns e topiños. No estudio feito en Cataluña, confirmanse estos datos, xa que o 78% eran tamén musgaños. 

Fotografía de Christian König.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Fotografía de Regis Cavignaux.

Fonte :

Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1.

Tamén revista Quercus do mes de dembro do 2003.

Tamén o libro aparecido en novembro do 2007 "Guía dos mamíferos de Galicia" de Juan Ignacio Díaz d´a Silva e Yosi Cartelle.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍAS

Vense boas fotografías do murgaño neste link.

Fotografía de Regis Cavignaux.

Fotografía de D. Sirugne

 

Nesta fotografía de Josef Hlasek estase a atrever cun peixe.

Ir a características