Lepus granatensis.

 Lebre (Liebre)

 

 

Trátase dun animal típico,  en Galicia,  nos nosos montes, preto ou non dos ríos. En tempos abondaba moito máis que hoxe, a caza, sin dúbida, afecta moitísimo a esta especie, inda que os seus problemas principais son os incendios, o furtivismo, as pistas por tódolos lados, a caza (por suposto)  e as enfermedades.

Inda se atopa en toda Galicia, pero en pouco número.

En Ourense xa se ven poucas : Xurés, Randín, Baltar, Vilariño de Conso, A Veiga, etc. É unha pena xa que é un mamífero espectacular. Posee unha magnífica vista e dende logo é moi rápido.

Ve-las características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A  LEBRE-

Características.

A lebre xa casi non existe en Galicia.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Alimentación Reproducción Inimigos
     
Vese nos meses de Protección Interés            
     
Curiosidades Distribución en Galicia

A lebre en Ourense.

     
Fotografías varias Links

Posta o día 06/02/2021

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Lepus capensis ( Rosenhauer 1856)

 

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orden: Lagomorpha

Familia: Leporidae

Xénero: Lepus

Especie: Lepus granatensis.

 

Especie autóctona. Endemismo ibérico.

 

Nota: ata 1979 chamouse Lepis capensis. Hoxe ten o nome de Lepus granatensis para distinguila de outras lebres. Efectivamente esta lebre é a  que existe en Galicia, aparta da lebre do piornal, Lepus castroviejoi,  Palacios, 1977 ; que se atopa nun número moi escaso nas montañas altas lucenses, concretamente nas montañas dos Ancares.

En España actualmente hai tres tipos de lebres, as dúas anteriores e a lebre europea, Lepus europeaus,  que é un pouco maior en peso.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Lebre.  Lebre ibérica.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Liebre.

Liebre ibérica.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Entre 40-70 cms Ancho ata 7-11 cms. Peso 1,5 a 2,6 kg. Cola: de 9 a 11 cms. Orellas: entre 9 a 10 cms. Alzada entre 17 a 25 cms.

A Lebre europea é un pouco maior en peso, pode pasar dos 4 kg.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

É a máis pequena das lebres da península ibérica.

A cor da pelaxe é pardo amarelento entrecanoso. Abdomen e parte inferior do rabo blancos.

Orellas moi, moi longas que terminan en puntas negras. As orellas cando se deitan cara adiante exceden o fuciño.

Patas traseiras moi longas tamén terminadas en puntas negras, por supostos moito máis vigorosas que as patas dianteiras.

Para distinguir a femia do macho únicamente se pode facer comprobando, o que se chama vulgarmente "o sexado na man", non hai outro xeito.

A lebre pódese confundir có coello pero penso que non debera haber problema...

 

Lebre.

A lebre ten as orellas moito máis longas que o coello. Aparte no rabo remata cunha mancha negra que non ten o coello.

Coello.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

 

A lebre é menos prolífica có coello, xa que como moito trae catro lebratos.

O apareamento é nos meses de xaneiro a agosto.

Típica liorta entre lebres machos...

Previo a típica liorta entre os machos, onde chegan ata porse de pé e arreanse unhas labazadas do demonio...

O macho que vence é o que se aparea coa femia despois duns xogos.

Prácticamente as 2-3 semáns independízanse, inda que a mai as siga visitanto periódicamente algúns días. Necesitan polo tanto un mimetismo especial para pasar desapercibidos. Fotografía de Paco Serrano que aparece na parte superior.

A preñez bota 42 días e normalmente soe ter 3-4 partos o ano. Veñen o mundo entre 2-5 crías cubertas de pelo e cos ollos abertos, son amamantadas durante 2-3 semáns e logo independízanse  despois de catro semáns. Incríble a súa rapidez.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Moitos, entre eles o home e os incendios, a caza furtiva, as excesivas pistas forestais que permiten a caza furtiva, etc..

Os seus inimigos naturais , de tódolos xeitos, son os lobos, o zorro, os buhos, as águias, etc. Ten moitos. Pero é moi, moi áxil... Pode alcanzar os 70 Km/h.

O seu perfecto coñecemento do terreno libraa de moitos sustos. A súa visión, a súa rapidez, o seu oido, en fin, está dotada para salvar os seus inimigos, menos o home, "o home é un tramposo" , e hoxe máis... Que mágoa.

Deféndese có seu oído e olfato, ten mala vista, é por suposto é moi rápida.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Fundamentalmente vexetariana : gramíneas, herbas, setas e frutos.

Poden comer dende a herba máis fina ata corteza de árbores.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habita rexións esteparias, hoxe sobre todo en estepas cultivadas, tamén en paraxes pantanosos e montañas.

Quere campos abertos e bastantes chans onde poida defenderse, a súa defensa é correr. Por supostos prefire matogueiras e campos de montaña que lle permitan correr xa que é a súa defensa.

Dice a copla: "Hallarás liebre de veras

en invierno las solanas

en verano en las junqueras

Por la tarde y la mañana

sitios frescos y albuferas."

 

En galego o dito dice "En xaneiro a lebre co cu no lameiro"

E esta outra "A lebre que has de matar

costa abaixo hala botar"

 

Textos sacados do libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de  José María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de

É dificil ver unha lebre xa que hai poucas, pero pode haber sorte. Eu pola miña banda vin moitas, tuven esa sorte. ¿ Onde ?. Pois na Veiga de Calvos, en Randín. Hoxe xa non quedan.

Por certo nunca matei ningunha. Non me gusta a caza e nunca me gustou.

É tipico o dito galego "Debaixo dun toxo pequeno pode sair unha lebre grande", o refrán ten moita miga que explicar pero creo que ven a conto o tratarse dunha ficha da lebre.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Moito interés. É un mamífero incríble a pouco que se estudie a súa forma de ser.

Foi emblemático en Ourense, onde habitaba moi numeroso nas zonas da serra, incluso no val do Limia.

Lembro que en Randín, na Veiga de Calvos vin moitas nos meus anos mozos. Hoxe co encoro do Salas, imaxínome que estarán afogadas (é un decir....).

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Cazapo.

Aparece recollida no III convenio de Berna.

A lebre está a desaparecer de Galicia polo furtivismo, a caza de noite, a cantidade de estradas que se fixeron sin ton nin son favoreceu esta desfeita; amén dos atropelos, etc.

Según os cazadores de verdade que son moi poucos, hai moito matarife que incumple as leis, pódese facer moito por recuperar esta especie.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Vese por toda Galicia.  É unha especie pouco común, pero moi ben distribuida o longo de toda Galicia.

Esta en regresión pola caza e sin dúbida polos incendios que arrasan Galicia ano sí e ano tamén.

Tamén a excesiva proliferación de pistas forestais, que sin dúbida favorecen a súa caza furtiva.

Aparece recollida no III convenio de Berna.

Falta no litoral e falta  casi na Coruña.

En Ourense quedan algunhas lebres no Xurés, pola zona do Val do Salas, e na zona do Invernadoiro, Vilariño de Conso, Trives...

Pero, insisto, hai moi poucas.

Nas montañas lucenses dos Ancares hai outro tipo de lebre, a Lebre do Piornal, pero escasea moito.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

A súa estratexia é correr. Colócase na súa madriguera có seu nariz contra o vento para detectar todo, as súas orellas e os seus ollos xiran a distinto lado. Os ollos están dispostos de tal forma que se cruzan os seus campos visuais, podendo decir que a lebre é capaz de ver o redor sin xirar a cabeza.

A lebre posee prácticamente unha visión de 360º, xa que os ollos móvense en tódalas direccións. Esto e a súa rapidez na huída,  son as características principais da lebre.

Na súa "cama" que así se chama pode detectar calquer inimigo que se acerque ( vela fotografía anterior que é sensacional).

A lebre actua en varios kilómetros a redonda, onde dispón da cama principal, varias madrigueras que actuan de letrinas, comedores, lugares para toma o sol ou solainas, baños de sol.

Si a lebre detecta un inimigo pode quedarse completamente queta, a non ser que este se acerque demasiado que entón salta explosivamente. É a ventaxa que ten,   correr explosivamente.

Foto Antonio Manzanares. Revista Natura de Maio do 2001.

Fotografía de Antonio Manzanares. Artículo aparecido na revista Natura do mes de maio e que facía referencia a que a lebre gústalle o estrés. Efectivamente a lebre soio emprende a fuga cando é descuberta, ata entón, intenta pasar desapercibida, pero en continuo estrés e coa quinta marcha posta.

Si ten sorte logo, botará unha carreira a gran velocidade para liberar a enerxía acumulada.

Antonio Manzanares, indica no traballo citado que os humáns deberan recordar esta lección da lebre e eliminar o estrés de xeito parecido.

Moi interesante.

 

O que está claro é todo o contrario do que se creía da lebre, que era cobarde. A lebre é valente, ten moitísimo valor para aguantar ata o último momento e logo saltar como un resorte. No seu correr é capaz de cambiar de dirección constantemente.

Outra cousa moi curiosa é que pódense recoñecer entre elas polo cheiro dos pés; efectivamente nos pés teñen unha glándula que segrega este cheiro que vai permitir localizarse entre elas.

Outra cousa curiosa da lebre é que ten uns músculos moi poderosos que ademais conteñen hemoglobina o que fai que a súa carne sexa bermella e escura.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A lebre na provincia de Ourense:

Os datos que aparecen a continuación están sacados do libro "Guía de turismo cinegético en la provincia de Ourense" libro publicado pola Camara de Comercio de Ourense en 1999.

Neste mapa da provincia aparece en azul as zonas de nivel baixo de lebre, por suposto en blanco zonas onde non hai ningunha. En marrón unha zona media.

O amarelo é zona de alta densidade pero hoxe non hai ningunha.

É polo tanto unha zona media todo o Xurés, a zona da baixa Limia, e ata Randín, Baltar, zonas que sempre tuven por moi boas, de feito na zona de Randín, concretamente nas Veigas de Calvos, preto de Paradela, había moitísima lebre en tempos.

Logo por suposto outra zona que comenza na antigua Lagoa de Antela e métese por San Mamede ata  a zona do Invernadeiro, Viana, O Bolo,  Vilariño de Conso e toda a Veiga ata Trevinca.

Estos datos son do 2000. Hoxe no 2007 penso que as cousas deberan estar un pouco peor.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gústanme estos links.

Fotografía Paco Serrano

Liebre común.  Paco Serrano

Liebre ibérica. Sierra de Gaza.

Para huellas de la liebre. Jesús Nicolás.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografía sensacional

Gústanme as lebres, gústanme velas nos nosos montes.

Descoñezo o autor da sensacional fotografía.

Paco Serrano. Sacada do link: Liebre común.

 

Foto Antonio Manzanares. Revista Natura de Maio do 2001.

Fotografía de Antonio LLamazares.

 

Ir a características