Vulpes vulpes.

Raposo. ( Zorro)

O raposo é moi abondoso actualmente en Galicia. Non é un mamífero fluvial, nin moito menos, pero atópase con frecuencia en calquera lugar.

Temos levado moitos xustos, e digo temos, xa que tamén o raposo entra na historia. Ocorreu  máis dunha vez, estando pescando, caladiño e quedo,  moi quedo, de atoparme con este animal, totalmente por sorpresa. Xa o dixen : o susto foi grande polas dúas partes. 

Últimamente tamén ó vín unha noite, que estaba a tomar o fresco en Calvos (Vilasouto-O Incio-Lugo), e saltou a berxa, seguramente pra ir ata o galiñeiro,  e presentouse diante miña a cinco metros. Debía habelo feito moitas veces xa que nin se asustou o verme, en principio, logo puxo a quinta velocidade...

O raposo é para mín un mamífero que admiro e respeto. Está a pasalo moi mal en Galicia, os cazadores? galegos levan matado 75.000 zorros entre 2011 e 2017. 12000 cada ano. Esto é unha auténtica vergoña que o raposo non merece, tampouco a fauna galega e tampouco  o equilibrio que ten que haber na nosa natureza. Como conservacionista non teño mais que repudiar e alzar a voz a favor do zorro galego. ¡Esto non ten palabras, é unha auténtica desfeita!

Características dos raposos.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características do raposo

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOME CIENTÍFICO

Fotografía de Jorge Sierra. Revista Tierra, diciembre 2001.

Vulpes vulpes, Linnaeus 1758.

 

Reino : animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orden: Carnivora

Familia: Canidae

Xénero: Vulpes.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

NOME GALEGO

Raposo, raposa, Golpe, Perico, Pedro, Xan, Bravío, Rabiscollo,  e zorro.

Tamén se chama: Andrés e Domingos.

Non sabía por qué tantos nomes de persoas como Perico, Pedro, Andrés e Domingos. Pero si vín unha explicación no libro de José María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro, "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia", que conta que o cazador do raposo, cando está na faena, chama ó raposo con estos nomes para que non se alerte e se de conta a primeira do engano. Efectivamente o tema é que si se dí "hai vai o raposo", efectivamente o raposo se de conta de que falan del, mentras que si dín "hai vai o Domingos" o mellor non se da conta, ou eso pensan os cazadores.

Cousas graciosas dos cazadores...

Pola miña banda penso que o raposo ou raposa (que así se chama no Ribeiro en Ourense) dase conta perfectamente o chamen como sexa...

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOME CASTELÁN:

O zorro.

Zorro

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DIMENSIÓNS:

Fotografía de Jorge Sierra. Revista Tierra, diciembre 2001.

Pode botar sobre 70 cms. de lonxitude. 

A cola máis de 40 cms. e a altura 35 cms.

O seu peso medio é de 7 kg., cun  máximo de 12 kg.

O raposo pode chegar a vivir  entre 10 a 14 anos. A verdade é que ten a vida bastante dificil hoxe...

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IDENTIFICACIÓN:

Tamén sacado do libro "Eses nobres cazadores".

Normalmente non é tan oscuro, pero pode darse este caso, entón chámase  carboneiro.

É inconfundible.

A súa cor oscila entre tonos pardos e grises. As partes inferiores,  e xeralmente o extremo da cola,  son blancos. As patas son cortas, a cola moi alongada. Fuciño puntiagudo, orellas  ergueitas e triangulares  e ollos oblícuos.

En realidade trátase dun pequeno can, de fuciño puntiagudo, grandes orellas e cola larga e espesa. As patas son curtas.

Na pata dianteira ten cinco dedos e na traseira catro.

Fotografía de Jorge Sierra. Revista Tierra, diciembre 2001.

Os ollos son rasgados de expresión astuta.

Os zorros cambian de pelo polo menos dúas veces ó ano.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O TIMÓN DO RAPOSO: A COLA

Efectivamente a cola é o timón marabilloso que ten o raposo para todo: o trote, a caza, deixar as súas pegadas, etc.

Conta Félix Rguez. de la Fuente no seu "Cuaderno de Campo: Zorro" que analizando o galope do raposo, sobre todo a cámara lenta, descúbrense unha auténtica marabilla. O raposo seica non corre como o lobo, que é ante todo un fondista,  e tampouco como o lince que é axil. Móvese cunha armonía absoluta, cunha elegancia incrible.

¿Que pasa con este galope? resumindo moitísimo e en base a chamada "moviola" o centro de gravedade do raposo non se desplaza nin un soio centímetro cando galopa; avanza polo tanto cunha absoluta elegancia e precisión tal como si fora sobre rodas equipadas con coxinetes de precisión, en lugar de facelo como realmente o fai sobre membros de carne, óso e músculos cos seus nervos.

Unha marabilla.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALIMENTACIÓN:

Na fotografía seguramente saltando para coller un topo ou un erizo.

O raposo é un auténtico oportunista, ou sexa: consume alimentos dos que dispoña, de doado acceso, pouco traballo e baixo risco. Consume de todo.

O raposo come de todo e come o que pode e lle deixan. A súa especialidade son as galiñas e ovos, logo os coellos, pero vaille todo, ratóns, ratas, toupos, ourizos e todo tipo de paxaros, etc.

Aquí comendo ovos. Comendo un ourizo. Comendo un paxaro

Dibuxo perseguindo un raposo a un rato.

Dependendo da época pode comer froitos (as uvas por exemplo gústanlle moito) e tamén insectos (levanta as pedras e come un pouco de todo).

Últimamente aliméntase moito de carroña, animais mortos, coellos enfermos e un longo etc.

Por comer, come ata peixes, ver este video.

Para alimentarse ten unha boa dentadura. O cranio é máis estreito e máis puntiagudo que o do lobo.

Por certo os raposos son moi amigos de facer despensas; sen dúbida son precavidos.

Ver o raposo escondendo unha galiña? , BBC:

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HABITAT:

Presente en todo tipo de terreos. Nótase que ten poucos depredadores ou non abundan moito. Efectivamente  lobos hai poucos  e o lince non existe e así o raposo campa por tódolos lugares de Galicia. É o amo.

A súa tobeira é moi profunda, sempre excavada en ladeiras orientadas o sur. O solo é sempre areoso. Xunto as tobeiras sempre hai restos de animais e por suposto as pisadas típicas.

As tobeiras ou cubís son moi típicas como corresponde a un animal que o verse perseguido require sair por varios lugares.

No dibuxo, sacado dos Cuadernos de Campo" de Félix R. de la Fuente, vese unha tobeira  con tres entradas.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

REPRODUCCIÓN: 

Os raposos teñen unha soa camada o ano. O celo comenza no inverno, os berros do macho responden as femias cós seus dende decembro ata febreiro. As liortas entre raposos para facerse coa femia son os típicos entre estos tipos de animais. O normal é a parella inda que un raposo pode atender a dúas femias.

A xestación dura 53 días aproximadamente e a camada oscila entre 3 a 7 raposiños.

Raposiño sacado do libro "Eses nobres cazadores"

 Os raposiños nacen cegos e xordos e están cubertos dunha pelaxe pardo grisácea que a quinta semán se convirte en roxa. A familia emancípase no outono. Os machos nese momento vanse, non así, por regra xeral a femia.

A esperanza de vida do raposo é dun ano, inda que poden vivir entre 10 a 14 anos.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INIMIGOS:

Fotografía de Jorge Sierra. Revista Tierra, diciembre 2001.

Hoxe o maior inimigo que teñen os raposos son os cazadores. Dende o meu punto de vista é unha auténtica aberración que se permita a caza do raposo. É matar por matar. Outra cousa son as batidas que se fagan oficialmente con fines de conservación da especie.

Por suposto os outros inimigos son os cebos envelenados e outras barbaridades que se fan en algúns coutos de Galicia.

Inimigos naturais únicamente ten o lobo.

Por suposto os seus cachorros teñen máis inimigos

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MESES QUE SE VE O RAPOSO:

Tamén sacado do libro "Eses nobres cazadores".

Non é dificil de ver, inda que é esquivo. Vese realmente todo o ano. Moitas veces cruzando a estrada, outras entre a matogueira baixa, etc..

O raposo recorre unha media de 7 kms. diarios en busca de alimentos e marcado de moitos xeitos o seu territorio.

Normalmente a forma de marcaxe é restregando as glándulas do ano nas árbores ou ben sacudindo a cola entre as matogueiras e impregnando así estas do típico olor almizclado do raposo.

 Normalmente sempre merodeando pueblos...

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INTERÉS:

Fotografía de Jorge Sierra. Revista Tierra, diciembre 2001.

Como tódolos mamíferos. Cumpren unha función primordial. O raposo é , por exemplo, un controlador marabilloso de todo tipo de roedores.

Os cazadores dicen que rematan coas perdices e cos coellos e por eso fan cacerías e matan o raposo. A verdade é que este razoamento non se sostén por ningún lado.

O mesmo razoamento se podería facer cós cazadores...

Una faceta básica da raposa sacada do libro "Fauna vertebrada do Ribeiro" de Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) e outros.

...Hai unha faceta moi pouco coñecida da bioloxía da raposa, que debería ser tida en conta para frear as batidas de caza, tan de moda nos últimos tempos, contra este cánido. Esta faceta é a de dispersar sementes que revitalizan os bosques; e tanto é así que moitísimas cerdeiras, figueiras, érbedos, estripeiros, etc. dos nosos bosques, existen grazas ás raposas que transportan sementes no aparato dixestivo e logo as depositan en habitats propicios, mediante os seus excrementos."

O texto anterior está copiado o pé da letra do libro citado.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A CAZA DO RAPOSO EN GALICIA:

Os raposos deberan estar estrictamente protexidos. Pero non o están lamentablemente. Inda por riba hai o "Campeonato Galego da caza do zorro", publicada unha reseña no diario "La Voz de Galicia" o día 03-02-2002. Unha auténtica salvaxada.

Fotografía de La Voz de Galicia. 03-02-2002.

En total mataron 18 raposos no derradeiro campeonato de "Caza do Zorro". Dende logo e un pasatempo escandaloso. Pero esto é a miña expresión, que por suposto esos cazadores non comparten.

Os campeóns mataron este ano 4. A verdade é que como sigamos así dentro duns anos non haberá aposos, e por suposto nin coellos, nin lebres,  nin perdices. Estamos a romper a cadena ecolóxica lamentablemente.

No nome dos raposos a miña maior repulsa por estos actos que non se deberan permitir.

Un raposo ten tanto dereito ou máis a vivir en Galicia que os cans que lle dan caza, moitos deles foráneos a nosa natureza...

Frases como "esta temporada matei tres... "o zorro é un animal moi intelixente...", "antes de fuxir controla os cans...", "imos polos terroristas" , demostra o aprecio a este animal...

Imáxenes como a anterior, (onde pusen un raposo para que se vexa onde apuntan), con títulos de "150 hombres sin piedad", "Imos polos terroristas": como grito de guerra antes de comenzar o campeonato galego de caza do zorro, e inda por riba publicalas (as fotos son de Pradero con texto de Xosé Carreira, A Voz de Galicia do 03-02-2002), chaman un pouco a atención e quero tomar o asunto como broma, de outro xeito sería para chorar. Os raposos seguro que teñen outra opinión e diranme que nesto momento son moi blando con esta xente...pero non quero dramatizar e sí chamar a atención, xa que penso que de ningunha forma o raposo se deberá cazar. É unha opinión.

Imaxen de Martiño Pinal, da última cazata do raposo en Irixo.

Este ano 2007 seica haberá unha macro caza, fálase de 1.500 persoas que acudirán o campeonato da caza do raposo o Carballiño (noticia de La Región 10/01/2007).

Dicen os organizadores que o habitual é que acudan 100 grupos de 10 membros cada un. O obxetivo é reducir a población de raposo demasiado abondoso en moitas zonas, e ademais celebrar a festa do cazador.

Ante as críticas comparando coa caza do zorro dos ingleses alegan que aquí cázase con armas non soio con cans e ademais aquí é unha caza social non elitista. En fin cada un que saque as súas conclusións.

Pola miña banda está dito, non ten sentido ningún. Quizais o único o control da especie pero para eso non fai falta facer festas nin similares.

O final foron 68 raposos mortos. A verdade é que non se entende como se pode facer esto...febreiro do 2007. Carballiño. Ourense. Campeonato de caza do zorro.

 

A nivel de Galicia estas son as estadísticas de caza:

Neste diagrama vense os raposos cazados en Galicia dende o ano 1990 e por provincias. O diagrama en cada ano sigue as provincias A Coruña-Lugo-Ourense e Pontevedra. Por exemplo no ano 2006 foron cazados 2.978 raposos na Coruña, 2.250 en Lugo,, 1.100 en Ourense e 1.580 en Pontevedra.

Lamentablemente esto foi a máis:

"O raposo é para mín un mamífero que admiro e respeto. Está a pasalo moi mal en Galicia, os cazadores? galegos levan matado 75.000 zorros entre 2011 e 2017. 12000 cada ano. Esto é unha auténtica vergoña que o raposo non merece, tampouco a fauna galega e tampouco  o equilibrio que ten que haber na nosa natureza. Como conservacionista non teño mais que repudiar e alzar a voz a favor do zorro galego. ¡Esto non ten palabras, é unha auténtica desfeita!"

Ver este link cós datos.

Raposiño sacado do libro "Eses nobres cazadores" Eu tamén amo os raposos.Raposiño sacado do libro "Eses nobres cazadores"

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CURIOSIDADES DO RAPOSO:

O zorro.

 

Anécdotas sobre o raposo moitas e moi variadas, unha que me chamou moito a atención recolloa do libro "Eses nobres cazadores" onde  Xurxo de Vivero relata a seguinte: " En Alemania, na primavera na Alta Baviera, sol e neve, un raposiño recén collido é atado a unha árbore cercana a un casarío, onde pasa a súa primeira noite de pérdida de libertade. Cando a mañan seguinte o granxeiro vai a velo, atópase con que mamá raposa deixara unha suculenta pita xunto ó seu fillo. O día seguinte unha toupa. Enternecido o home por este entrañable amor, solta ó cachorro. Endexamais volveu cazar...

Fotografía de Jorge Sierra. Revista Tierra, diciembre 2001.

Teño outra lembranza, máis que anécdota, dos raposos. Cando era cativo vivín moitos anos na Plaza das Mercedes en Ourense, xusto o carón dos bombeiros. Máis dunha vez (os bombeiros)  tuveron un raposo atado a un poste, non sei as razóns,  e máis dunha vez escapaba o raposo e sempre cunha pomba na boca, así o lembro eu...anos 1950-60.

Ten un ladrido ronco e lastimeiro na femia, e ben vocalizado no macho, sobre todo na época de celo.

Outra cousa curiosa do raposo é que cando non consigue capturar unha presa, por exemplo un sapo o un erizo orina por riba deles. Incrible.

Unha forma que ten de cazar moi curiosa é rebozarse en terra para simular que está morto, incluso pode ata sacar a lingua e así parecer inda máis morto, deste xeito  os corvos e outras aves carroñeiras vanse acercando ata que o raposo reacciona comendo a máis dunha...

Un método moi eficaz que utilizan para botar as pulgas fora do seu corpo é o seguinte: collen unha ramiña ou un guizo ou garabullo calquera dunha árbore, logo siguen con el na boca e métense, pouco a pouco primeiro a cola, nun pequeno pozo dun río ou regato... as pulgas evidentemente van ocupando lugares do corpo que  estén  enxoitos. E así pouco a pouco o resto do corpo, dando tempo as pulgas e demais a ir ocupando lugares mellores.  Cando o raposo observa que os seus parásitos están na rama abandona esta e sae do río... A limpeza do seu corpo resulta así efectiva.

Tamén é un fora de serie atacando trobos de abellas, xa que primeiramente presenta a súa cola e logo cando as abellas saen apoderase de parte do mel...

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A SÚA MALA FAMA:

Raposiño sacado do libro "Eses nobres cazadores"

 

A súa mala fama está moi extendida. Fama de ladrón, de pícaro. Pero non é para tanto. Eso sí,  si te descuidas adeus galiñas. Aparte pásase un pouco, xa que as veces tamén mata e nonas leva.

Fotografía de Jorge Sierra. Revista Tierra, diciembre 2001.

O que contan del,  sempre é de picarón;  é curioso o caso de cando se sorprende, dentro dunha cuadra, por exemplo, e faixe o morto. O de facerse o morto  para tratar de burlar ós seus frustrados perseguidores é normal. Nembargantes esta actitude o parecer non é mostra de astucia de ningún tipo, pois é totalmente insconsciente e instintiva. Algo así como un ataque de catalepsia que o animal sofre debido ó medo. Hai insectos que fan o mesmo. Tamén as cobras de agua, a Natrix natrix as veces fai o mesmo...

Tamén cando caza é un auténtico fenómeno, por exemplo coas perdices utiliza unha argucia moi propia. Primeiro asusta as perdices e produce a chamada encarballeirada (todas as perdices ou parte voan as árbores...). Unha vez que ten fixada una perdiz,  polo menos,  subida o carballo,  ponse abaixo a dar voltas rápidamente para adiante e para atrás, moito tempo. A perdiz lóxicamente non lle perde vista o raposo e esa é a súa perdición xa que o final cae mareada. Evidentemente o raposo ponse as botas...

Tamén sacado do libro "Eses nobres cazadores".

Cazar o raposo, que é analizado noutro apartado,  non é doado. Si se lle pon unha trampa, cousa o parecer bastante normal, é capaz de todo. Por exemplo, vexo no libro "Viaje por los montes y chimeneas de galicia" que conta que si queda prendido dunha pata é capaz, non sería a primeira vez, de roer o óso ata que quede libre e escapar dese xeito...

O raposo soio perde parte da súa intelixencia, para escapar e torear os seus perseguidores,  cando está en celo. Esto é unha norma xeral de casí todos os animais. Esta baixada de bandeira é aproveitada por algúns para darlle caza de forma máis doada.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS RAPOSOS EN GALICIA:

Son moi abondosos. Vive en tódolos hábitat do país.

No ano 1986 vivían en Galicia 150.000 raposos dos cales uns 20.000 eran cazados tódolos anos. Por exemplo en Allariz foron matados no ano 1980 noventa exemplares.

Hoxe non hai tantos pero abondan moitísimo.

Non existen nas illas de Galicia,  no resto da comunidade por suposto.

Lamentablemente esto foi a máis:

"O raposo é para mín un mamífero que admiro e respeto. Está a pasalo moi mal en Galicia, os cazadores? galegos levan matado 75.000 zorros entre 2011 e 2017. 12000 cada ano. Esto é unha auténtica vergoña que o raposo non merece, tampouco a fauna galega e tampouco  o equilibrio que ten que haber na nosa natureza. Como conservacionista non teño mais que repudiar e alzar a voz a favor do zorro galego. ¡Esto non ten palabras, é unha auténtica desfeita!"

Ver este link cós datos.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS PEGADAS DOS RAPOSOS:

Este é un dibuxo da súa pisada cando vai a trote en terreo blando.

No Cuaderno de campo de Félix Rguez. de la Fuente analiza as distintas pisadas según as situacións (Non copio a páxina xa que tampouco se trata de copiar por copiar).

A súa pegada bota ata 5 cms de lonxitude por catro de anchura; pero non é doado de distinguir xa que se confunde coa do lobo e as dos cans. A do zorro adoita ser máis pequena.

Os excrementos son en forma espiral, longos e terminados en punta retorcida. Entre  8 a 10 cms, normalmente oscuro, inda que as veces son blancos cando consume osos.   Sempre están estos excrementos en lugares moi significativos.

Hai moitas máis pegadas como o seu cubil, tratado noutro lugar da ficha; pelos en determinados lugares, sobre todo na primavera que é cando perde o pelo;  ovos coa cáscara únicamente en cantidade, xa que o raposo fai moito saqueo de niños.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PARA SABER MÁIS: CUADERNOS.

Para saber máis.

É de xusticia decir que todos os dibuxos desta ficha sobre o raposo e moitas ideas están sacados destes cuadernos de campo que son marabillosos. Foron editados por Airtel no ano 1991 , pero foron escritos polo autor polos anos 1955.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O raposo na mitoloxía tradicional e na historia

A tradición ten convertido o raposo no símbolo da astucia e da sagacidade e cando falamos do raposo sabemos que se vale de mil argucias para conseguir os seus obxetivos que no son outros que vivir e alimentarse.

En moitos pobos do mundo o raposo está relacionado có espíritu do bosque ou a montaña e tamén co espíritu do mal; pero no fondo sempre se considerou que este animal era astuto e intelixente e por suposto moi prudente.

Na historia normalmente o raposo é tratado como intelixente, con moitas facultades e o mismo tempo como ladrón e animal moi astuto;  así Aristóteles e Fedro, entre outros,  falan do raposo como un mestre en fraudes e roubos. Nas fábulas de Esopo o raposo mostra a súa intelixencia e trata de enganar os homes e a outros animais con moitas argucias que estos non podían evitar. No século XVII Jean de La Fontaine pinta o raposo, nas súas famosas fábulas,  con facultades e sabiduría casi humán; de feito o raposo máis famoso do mundo chámase Renard y así quedou inmortalizado en Francia.

Cuadro de Edward Hicks 1780-1849, no que aparece a Arca de Noé, onde entran os animais de dous en dous.

Entre estos animais evidentemente estaban o repaso e a raposa pero según o conto non subiron...

Hai moitísimos contos que recollen as andanzas dos raposos, ver algúns nesta misma páxina, un famoso de tradición oral é o seguinte:

 "Contan que cando foi o diluvio universal o raposo e a raposa  eran os únicos animais que non remataban de fiarse niso de subir a Arca de Noé, inda que Noé parece ser que os invitaba con moita paciencia decindo ¡subir que  levamos pitas dentro!, o raposo decíalle ¡ ¡cheirame a can! e non subía. Cando a arca comenzou a navegar quedaron  o raposo e a raposa nunha rocha cos rabos levantados sin que ninguén explicara ata hoxe en día como fixeron  para sobrevivir."

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Matar ó raposo non. Xa está ben 2011

 

Fotografía de Jorge Sierra. Revista Tierra, diciembre 2001.

A asociación "*matarpormatarnon" e outras vinte e cinco entidades ecoloxistas e animalistas publicaron un manifesto contra as matanzas de raposos que se desenvolven este mes e que consideran "un dos máis brutais e sanguentos atentados contra a fauna e o medio ambiente en Galicia".
"Trátase -din- dos lamentables "campionatos de caza do raposo", unhas matanzas que, travestidas de "deporte", consisten en catro campionatos provinciais, un rexional e un nacional, para competir entre máis de mil participantes, chegados de toda España, por ver quen mata máis animais".
Con todo, engaden que "hoxe en día, grazas ás protestas, mobilizacións e críticas da maioría da sociedade, levan a cabo na clandestinidade e evítannos as sádicas e *fanfarronas exhibicións de ducias de cadáveres en praza pública, como se facía antes".
Consideran que "a desculpa, pletórica de soberbia", de que esta actividade mantén o equilibrio "xa quedou rebatida ante a evidencia de que é ridículo pretender que estes *matarifes, por moitos que sexan e actuando nun lugar puntual da comunidade, vaian influír dalgún xeito, e menos positiva, no equilibrio da especie a nivel de toda Galicia".
"O único que conseguen -insisten os ecoloxistas- é desequilibrar as poboacións, diseminar as enfermidades e potenciar os problemas da especie na zona onde actúan".
Entre os asinantes atópanse as asociacións galegas Adega, Amigos dá Terra, Federación *Ecoloxista *Galega, Libera, *Sociedade *Galega de Historia Natural, Verdegaia e doutras comunidades como Asturias Verde ou Ecoloxistas EXtremadura

Este é o manifesto:

 

" 17-01-2011 - Durante este mes de enero se está llevando a cabo, un año más, uno de los más brutales y sangrientos atentados contra la fauna  y el medio ambiente de Galicia. Se trata de los lamentables “campeonatos de caza del zorro”, unas matanzas de animales que, travestidas de “deporte”, consisten en cuatro campeonatos provinciales, uno regional y uno nacional  para competir entre más de mil participantes, llegados de toda España, por ver quién mata más animales.

Hoy en día, gracias a las protestas, movilizaciones y críticas de la mayoría de la sociedad, se llevan a cabo en la clandestinidad y nos evitan las sádicas y fanfarronas exhibiciones de docenas de cadáveres en plaza pública, como se hacía antes.

Infelizmente lo que no pueden ocultar sus organizadores y patrocinadores son los falsos argumentos con que trataban de justificar estas carnicerías, ni el mercantilismo que se oculta detrás de tan salvaje diversión donde, lo que menos se tiene en cuenta, es la vida de los animales que mueren, o el sufrimiento de los que, heridos, agonizarán durante días en el monte.

La disculpa, pletórica de soberbia, de que  “mantienen el equilibrio” de los individuos ya quedó rebatida ante la evidencia de que es ridículo pretender que éstos matarifes, por muchos que sean y actuando en un lugar puntual de la comunidad, vayan influir de alguna manera, y menos positiva, en el equilibrio de la especie a nivel de toda Galicia. Lo único que consiguen es desequilibrar las poblaciones, diseminar las enfermedades y potenciar los problemas de la especie en la zona donde actúan.

Asimismo está demostrado que en el resto de la comunidad, donde nunca hubo este tipo de campeonatos,  no existe problema alguno con el zorro ni se ve al cánido devorando personas.
La calificación de “deporte” para tan brutal actividad, que en nada refleja las virtudes que el deporte pretende promover e inculcar, sólo se explica por algún tipo de componenda entre cargos al objeto de justificar la entrega de jugosas subvenciones, del “Deporte Galego”, a este entretenimiento sangriento, mientras deportistas de base padecen penurias para practicar y entrenar.

Cuando la situación del medio ambiente y la fauna se halla en su estado más critico, creemos que es inmoral que se subvencione o se autocalifiquen como ecologistas a personas, colectivos o instituciones que utilizan a los animales  para sus intereses políticos o mercantiles.

Consideramos que, con este tipo de eventos, sólo se trata de promover una mercancía denominada “caza”, así como sus productos y complementos, con total desprecio por la conservación del medio ambiente de Galicia y por la preservación de nuestra fauna.

Es humillante que se utilice la imagen de instituciones que representan a todos los gallegos, como es la presidencia de la xunta, la  consellería de medio ambiente, o la alcaldía de diversas villas, para incluirlas en folletos carentes del mínimo buen gusto, plagados de los más diversos anuncios - desde tartas de santiago o restaurantes, hasta todo tipo de complementos para la caza - publicando discursos, otorgando subvenciones y prestando su imagen a este tipo de atentados contra nuestro medio, nuestra fauna y contra la sensibilidad de la mayoría de la población. "

Eu tamen me sumo a este manifesto dende esta páxina web.

¡NON  A ESTAS SALVAXADAS EN OURENSE E GALICIA

Lamentablemente esto foi a máis:

"O raposo é para mín un mamífero que admiro e respeto. Está a pasalo moi mal en Galicia, os cazadores? galegos levan matado 75.000 zorros entre 2011 e 2017. 12000 cada ano. Esto é unha auténtica vergoña que o raposo non merece, tampouco a fauna galega e tampouco  o equilibrio que ten que haber na nosa natureza. Como conservacionista non teño mais que repudiar e alzar a voz a favor do zorro galego. ¡Esto non ten palabras, é unha auténtica desfeita!"

Ver este link cós datos.

 

Raposiño sacado do libro "Eses nobres cazadores" Eu tamén amo os raposos.Raposiño sacado do libro "Eses nobres cazadores"

Volver a características.