PEIXES MAL VOTADOS EN GALICIA.

En Galicia, como no resto de España, botáronse os ríos especies de fora: carpas, carpíns, black Bass, lucio, piscardo, gobio, gambusia, etc.

Un auténtico desastre que estamos padecendo e que padeceremos no futuro de forma incrible. Por poñer un exemplo, no encoro das Conchas (Ourense), un lugar fora de serie para os ciprínidos ou peixes,  hoxe é unha autentica desfeita, xa que as carpas inundan este encoro. Mal que lle pese a chamada "FESTA DO PEIXE" de Bande en Ourense, que se terá que convertir en "FESTA DA CARPA" un desastre auténtico.

¿Quen ten a culpa?. Que máis dá. O mal está feito e seguramente os nosos políticos terían moito que facer... pero algúns, non saben máis... Un auténtico desastre, xa que actualmente un 38% das nosas especies son de fora. Estamos xogando co noso patrimonio natural e dende este punto de vista somos uns auténticos irresponsables.

¡¡ No nome da troita, entre outros peixes, a xente que botou estas especies soio merecen para mín  un insulto, "camiñante mexa aquí, como diría Celso Emilio Ferreiro"...

 

Vexamos, por riba,  estos peixes mal botados nos ríos galegos, unha auténtica ANIMALADA.

 

Nome- Datos.

A carpa.

Dicen que se botou polo seu valor ornamental nos estanques e en moitos xardíns. Unha desfeita auténtica. Falan que si foron os romanos, non se sabe.

Fora quen fora, é lamentable, están a rematar co noso peixe que era sensacional.

Non teñen perdón.

Pez Gato.

Non teño constancia de que se botara nos ríos galegos, pero dende logo dudo moito de que non se botara en algún encoro, tanto os peixes gato como os siluros.

O pez gato é unha especie americana que se trouxo a principio do siglo XX. Unha auténtica desfeita inservible, como pesca é nefasto, come de todo, un auténtico depredador. Eso sí, bota moitos kilos. Hoxe dícese que "é moi deportivo"... ¡Que burrada!.

Black Bass. Carpa Americana.

Dicen que se botou polo seu valor como loitador na pesca deportiva. ¡¡¡ Malditos!!!.

Desfai todo canto hai, troitas e ovos de troitas incluidos. Un auténtico depredador impresentable. Dende o punto de vista deportivo prefiro a troita de alta montaña, a pouca que queda.  O Bass é un mal imitador desta troita galega nativa.  A larga remata coa troita. Botaron moito en San Esteban, Castrelo, As Portas, etc. Por unha razón: os encoros non son bos lugares para a troita, esta desaparece. Así algúns están contentos...non saben máis.

Pois ala,  veña Black Bass...

Lucio.

Dicen que o botaron no baixo Miño e en algún lugar da Coruña. ¡¡¡ Malditos!!!.

Pero non é certo, comprobado dende fai cinco anos..

Por eso elimino a súa ficha con moito gusto.

Troita arco Iris.

Outro desastre en Galicia.

En ningún momento foi para arriba, o contrario debilitou a nosa troita nativa (falan dun 10% de interación, menos mal...). 

Tontarrona, pouco loitadora, come de todo, moi boa para piscifactorias.

Como carne no plato, malísima en comparación coa nosa troita.

Para comercializar moi ben, crece moito, nos ríos galegos nefasta, non sirve máis que para enganar a catro...

Gambusia.

Dicen que se botou polo seu valor cazando larvas de mosquitos.

Polo seu tamaño e a súa actividade non representa nada nos ríos galegos.

 

Piscardo.

Peixe moi cativo, non representa nada na poboación de peixes galegos.
Dan boa conta deles as especies autóctonas. De feito sirve de comida as troitas.

Gobio.

Peixe moi cativo, non representa nada na poboación de peixes galegos.
Dan boa conta deles as especies autóctonas. De feito tamén se botou nos ríos galegos para que servise de comida as troitas.

 

 

Carpín.

Dicen que se botou polo seu valor ornamental nos estanques e en moitos xardíns.

Unha desfeita auténtica. Dicen si os trouxeron os romanos.

Fora quen fora é lamentable, están a rematar co noso peixe que era sensacional.

Non teñen perdón.

 

Perca Sol

Según Alberto Rivero un home que ten un blog fantástico sobre os invertebrados de Ourense este peixe apareceu concretamente no encoro das Conchas, onde están as pozas románs do Baño e a carón do Aquis Querquensis. Está claro que o botaron no río Limia e agora aparece no seu canle. Este río é unha auténtica desfeita, aguanta todo.

Non teñen perdón...

En EEUU e Canadá, noticia do 15 de xulio do 2002,  están cada vez máis preocupados polos efectos dañinos nos seus ríos das Carpas e dos peixes "cabezas de serpientes", chegados dende Asía e que están a rematar as especies autóctonas. Prácticamente xa están na conca no río Misisipi, a 40 km. do Lago Michigan, que conecta cós outros lagos americanos...casi nada.

Son peixes auténticamente depredadores, xa que a carpa por exemplo, chega a botar por riba dos 25 kg. e convírtese así en auténticos monstruos o que unha troita nada lles pode facer, por poñer un exemplo. Depredan todo, dende as ovas, alevíns, todo... En Galicia xa as temos, a milleiros,  na cunca do Miño, Limia, Sil, e un longo etc. Somos únicos...

Repito, en EEUU e Alaska están preocupados. En España nada preocupados. En Galicia tranquilos... realmente de desastre.

Por certo, non creo que tardemos moito en ver en Galicia o "Pez serpiente", dicen que camiña por terra e todo, e trátase dun depredador nato... Seguramente, algún político deses "exóticos, sin puñetera idea", o bote nun encoro... para potenciar os mares interiores...e algún pescador dirá que é un peixe moi deportivo como o Bass,...e turran moito cando se collen, fai moita ilusión...habíanlle de turrar o pescador doutros lugares...é o que merecen os que botaron estos peixes e outros.  ¡¡CAMIÑANTE MEXA AQUÍ!!

Nota: a frase de "Camiñante mexa aquí" débese a Celso Emilio Ferreiro, no libro Cimenterio Privado, fai alusión a frase en moitas lápidas do seu cimenterio particular, de auténticas salvaxadas...é un decir.

  Saír.