Os peixes dos nosos ríos. Debemos coidalos.

Salmo Trutta en postura. Foto de W.U.V.

En Europa existe un grupo moi amplio de animais silenciosos e discretos, que están desaparecendo a gran velocidade sin que a sociedade do continente máis rico e da cultura máis antigua se tome a molestia de interveñir e nin tan siquera se dé conta da traxedia.Estou falando dos peixes de auga doce, criaturas indefensas e esquecidas, pero capaces de sernos, moi útiles: xa sexa como valiosisimos "indicadores" do estado das augas do ecosistema, xa sexa como perfectos mecanismos biolóxicos e ecolóxicos. Xa que estos seres modestos e poucos vistosos son capaces de convertir toda a vida que pulula no limo e na grava dos lagos e ríos en ricas proteínas, e soio os peixes consiguen ter unidos entre sí os fíos invisibles que garantizan e favorecen o equilibrio e conservación de calquer húmedo, xa sexa torrente, fluvial, lacustre ou ben pantanoso e salobra da nosa terra.

Será tal vez porque os peixes siguen sendo bastantes descoñecidos polo gran público, teñen hábitos indescifrables e non fáciles de observar; é evidente que o interés que suscita a súa disminuación é moito menor de que cabría esperar. É comprensible que elo sexa así xa que, no fondo, esta descoñecida fauna ícticola foi sempre e en tódalas partes unha das compoñentes máis xenerosas e esenciais do mundo vivo e sobre ela gravitaron durante siglos, ou milenios, un número moi elevado de persoas, costumes, e actividades tradicionais de todo tipo, sempre relacionadas coa vida nas augas. En torno os ritos e ritmos da pesca, floreceron e modeláronse civilizacións do pasado así como armoniosas comunidades moito máis modernas.

A rica e variada fauna conta con unhas 200 especies indíxenas de peixes de auga doce ( en Europa) , das que unha sexta parte está sin dúbida en peligro de extinción. Unha novena parte comprende especies pouco frecuentes, mentras que en oito casos parece que están en extinción. A situación das restantes especies, obrigadas a vivir moitas veces en ambientes alterados e desprovistos de augas de boa calidade e cantidade, non parece ser moi radiante nin prometedora. 

O que estos animais poidan vivir " como peixes na auga" é o obxetivo primordial, non soio da ictiofauna, si non para todo o medio ambiente europeo do mañan. Por fin se está entendendo, pero cun retraso considerable, que interesa a todos realizar unha política eficaz e a largo plazo de conservación, con tal de que o obxetivo non soio se dirixa únicamente a protexer e difundir as especies de importancia máis inmediata, sino tamén a salvaguardar a ictiofauna das augas internas co seu ambiente insustituible. Inda que a convención de Berna de 1982 señala a protección rigurosa das catro especies de peixes e máis lixeira de 127, a nova campaña lanzada en 1990 polo Concello de Europa dirísexe de forma global e insistente o obxetivo de conservar a ictiofauna das augas doces europeas. A súa biodiversidade - é decir, a súa riqueza e variedade de especies, con formas moi plásticas e diferenciadas, adaptadas o ecosistemas máis diversos- constituen hoxe un dos recursos fundamentais para a nova vida de vella Europa.

 

PROFESOR FRANCO TASSI.

COORDINADOR DE PARQUES NACIONAIS

E RESERVAS  ANÁLOGAS DE ITALIA.

PRÓLOGO DO LIBRO  PEIXES DE AUGA DOCE DE EUROPA.

UN LIBRO "CHEO DE AMOR E SABIDURÍA".

AUTORES SILVIO BRUMO e   ESTEFANO MAUGERI.


 

 

Engadir que Galicia é un paraiso de ríos, e como tal facer unha primeira aproximación os ríos máis importantes desta terra marabillosa.

O lector ten que pensar na importancia que estos ríos teñen en Galicia.

 

Saír