UN PAÍS DE RÍOS.

 

Galicia o pais dos dez mil ríos. Río Mandeo.

 

As minicentrais na literatura galega.

 

Un país de ríos. Chao Rego ?

    galicia.gif (2685 bytes) Volver                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Chao Rego: Un país de ríos.

Río Cerves. Ourense. Foto de S. Lorenzo.

 

  UN PAÍS DE RÍOS
Naceron tres fontes e puxéronse a camiñar, e o mar prometeulles que lles entregaría unha persoa ó ano en sacrificio á primeira delas que chegase onda el. Eran as fontes do río Eume, do Sor e do Landro, segundo lenda que Bouza Brey nos conta coma recollida da comarca ferrolá. Botáronse a camiñar. Con rivalidade, que rival vén da palabra latina rivus, que significa río, como xa dixemos. Pero, cansas, adormeceron, non sen antes establecer un pacto de que a primeira que acordase había de avisar ás outras dúas. Pero venceu a rivalidade.

A primeira que espertou traizoou ás outras dúas, e púxose a camiñar, silandeira, por mor de que non se desatasen as competidoras. Axiña acordou a segunda que, furiosa porque non a chamaran, púxose a correr, pero coidadosa de non espertar a terceira. Esta, cando se ergueu do sono e se atopou soa, alporizouse e deu en correr, brincando por riba dos montes e penedos, acadando o mar antes cás outras. É o río Eume, que pasa polas Pontes de García Rodríguez e desemboca en Pontedeume; disque tódolos anos cobra o prezo dunha persoa, que o mar lle paga. Un río que mete medo e resulta falso.

Se principiamos por unha lenda é porque o réxime fluvial galego é literalmente lendario. Álvaro Cunqueiro afirmou, en fase enfática, que Galicia e o país dos dez mil ríos. Non constitúe unha afirmación matemática, senón contundentemente simbólica. O profesor Augusto Pérez Alberti dío de xeito máis científico, que non prosaico: «Galicia é unha  terra de ríos». Pero a lenda pode dar xogo, porque os ríos galegos son atípicos, como de contado imos dicir: primeiro dormen e logo teñen que bulir por chegaren.

Se alguén olla o mapa fluvial galego percibirá axiña, coma imaxe húmida e gratificante, un mesto urdido de raias sobre a tea de fondo da nosa xeografía que delata que estamos perante un país de ríos. Díaz-Fierros, xunto con Núñez Delgado e López Periago dínnolo: «Se a paisaxe de Galicia ten algo propio e ben diferenciado é, sen ningunha dúbida, este urdido de vales fluviais que, dentro dunha aparente anarquía, agachan un claro ordenamento e xerarquización, determinados polo artello da rede hidrográfica».

¿Por que sucede así na nosa xeografía? O ceo e maila terra xúntanse para fornecérenno-la explicación. Os dous grandes factores que determinan a nosa condición fluvial son, por unha parte, o clima, en particular o réxime de chuvias. Isto en canto ó ceo, que na terra son responsables as características tectónicas e morfolóxicas; é dicir, a forma dos solos, a orografía.

O profesor Río Barja coa colaboración de Rodríguez Lestegás, nun minucioso estudio sobre os ríos galegos, advírtennos: «A disposición das unidades orográficas, cunha orla montañosa setentrional e occidental discorrendo próxima ó litoral dende a Serra do Xistral ata a do Faro de Avión, e un máis destacado conxunto oriental e sudoriental, dende a Serra de Meira ata a do Xurés, facilita a configuración de abundantes centros dispersores de augas, que envían en tódalas direccións multitude de cursos fluviais, aínda que de curto percorrido, coa coñecida excepción do pai Miño».

 

flecha.jpg (1051 bytes) Subir