O río Lentisco (Manuel Busto)

Fotografía do río Lentisco. M. Busto.

 

... "e dedícolle esta imaxe dun río pequeno que percorre o concello de Agolada. Poderiámoslle chamar o terceiro río, despois do Ulla e o Arnego.
O Lentisco nace na Rega da Virxe bebendo no horizonte do Picolongo e descende a Couso para mover muíños e fertilizar as dondas veigas de Cristín e A Guillerma. Precipítase na fervenza de Buxel e os rodicios consecutivos aproveitan o seu pulo mozo e vigoroso. Cóase entre Outeiro e Traspenas de Artoño, avanza polo Galiñeiro e acada A Baíña por A Braña (na foto). De aquí segue polo fondo de Brandariz e encontra as aceas de Ouro. Encalexado entre Val de Sangorza e Castro de A Baíña, intérnase na fraga da Fontevella e apura o paso para renderse ao Ulla nunha aperta de remuíños líquidos que ecoan polas valgadas de O Seixo".

 

 

Manuel Busto Gallego é , entre outras cousas, o webmaster do blog "Aquam Latam" pura poesía escrita en prosa sobre todo o que rodea Agolada. Unha marabilla.

Poño este pequeno anaco de "poesía", xa que é unha dedicatoria a miña persoa e trátase claramente dunha lección de xeografía poética como dice Paideleo.

Dice Paideleo , como comentario a este texto que suscribo plenamente:

Esta é unha lección de xeografía poética: unha asignatura que debería ser obrigatoria.
Para min que despois deste escrito o río Lentisco anda máis cantareiro.

Agradecerlle a Manuel Busto esta dedicatoria.

   galicia.gif (2685 bytes) Volver