Identificación:
Chámanse
escribanos da auga xa que pasan a maior parte da súa vida deslizándose
en voltas e máis voltas pola superficie da auga quetas ou de pouca
corrente.
Son insectos negros e brilantes, coas patas medias e
posteriores aplanadas e cubertas de pelo para deslizarse por riba da
auga e nadar.
Normalmente viven na tona do río, ou
sexa na misma superficie pero si se ven ameazados tamén saben bucear e
incluso voar.
Son totalmente gregarios.
Chaman inmediatamente a atención
polos seus xiros incesantes, de onde lle ven o nome de gyrinus.
Controlan o xiro o parecer coas patas anteriores, e fan o xiro coas
patas medias e posteriores.
Si necesitan bucear acumulan baixo
os élitros unha burbulla de aire que debe ser renovada periodicamente.
As larvas están no leito do río,
viven no fondo e a súa respiración é distinta xa que teñen branquias.
Viven polo tanto no fondo e aliméntanse de outros insectos.
Una especialización moi interesante
que teñen os Girínidos é a división dos ollos nunha mitad dorsal e outra
ventral.
O ollos da mitad dorsal dominan
perfectamente a superficie do río e o que lle chega para comer, pero cós
ollos dorsais poden ver tamén para abaixo, e ter así unha visión
subacuática.
Na fotografía sacada do libro "Macroinvertebrados
de las aguas dulces gallegas" de los autores Marcos A. González e
Fernando Cobo.
Ollo nesta fotografía vese o
Orectochilus villosos que é outro Girínido.
Ir a
características