O bechoco (gusarapa) é polo tanto a ninfa é
atópase debaixo das pedras, pode collerse levantando as pedras e
levando unha pequena redecilla.
Dende logo é un cebo especial para as troitas e
utilizase moito sobre todo nos ríos de Lugo.
É moi efectivo.
Estas gusarapas viven varios anos baixo as pedras dos ríos de montaña
que estén limpios e sin contaminar. Xa quedan poucos.
Aliméntanse de pequenos animais que devoran con moita
avidez.
Resulta espectacular ver como
suben, por maio, as pedras dende o fondo do río ata a cima, onde xa non
hai auga. Alí por debaixo da cabeza vai aparecendo a mosca, ou sexa o imago
en principio dun tono amarelo coas as plegadas.
Rápidamente desplega as súas ás e no mesmo día vólvese
oscura.
Seguidamente voa, aparease co
macho que é máis pequeno e vota os ovos en grandes cantidades no río.
Este é un momento que aproveitan as troitas para dar
conta destas moscas que son auténticas perlas ou moscas de maio.
Nota: na pesca da troita resultan efectivos
os dous estadios, como gusarapa e como mosca no último estadio. De feito
vín pescar con mosca viva e buldó, e podo garantizar que cada mosca daba
unha troita.
Por suposto tamén a pesca con gusarapa, o
primeiro estadio, é moi efectiva como xa está dito.
Ver
fotografías deste proceso marabilloso
do paso de bechoco a mosca das pedras.