BOLBORETAS GALEGAS
Prácticamente
tódalas fotografías e textos están sacados do sensacional libro sobre
As
Bolboretas Galegas, xa citado na bibliografía.
Tamén
utilizo o libro "Mariposas de Europa" de Paul Sterry.
Na fotografía a bolboreta de nome
Inachis Io
(Pavo real). Trátase dunha bolboreta que está en toda
Galicia en sitios frescos e húmidos, unha das moitas bolboretas
marabillosas
que temos nos nosos campos.
Características
xerais das bolboretas.
Bolboretas preto dos ríos
en Galicia.
Outras
bolboretas galegas.
Os Parques Eólicos reducen o nº de
bolboretas.
Saír
CARACTERÍSTICAS
XERAIS.
Inachis io (Pavo
real).
Ver
unha imaxen a toda pantalla.
Pavo real ( Inachis Io), Descoñezo o
autor da fotografía.
O Pavo real ( Inachis io) é unha bolboreta chea de
cor. Un exemplo dos miles que ahi dentro das bolboretas.
Esta bolboreta atópase tanto en campos abertos como nas
colinas ou xardíns, sempre que preto estén plantas como os
cardos.
Voa de xullo a setembro, e logo de primeiros de marzo a maio.
En xeral, as bolboretas
están incluidas no
grupo animal dos invertebrados, o tipo Artrópoda e a clase Hexápoda
que son insectos.
Según os
autores do libro citado, é o grupo animal máis importante sobre a terra, non só polo elevado número de
especies que pasan do millón, senón polo enorme cantidade de
individuos de cada especie.
Son un tipo especial de insectos xa que
teñen unha metamorfose (paso de estadios de eiruga a adulto)
de varias etapas nas
que non teñen parecido ningún os individuos en estado de eiruga cós
adultos. Este ciclo é moi complicado.
Ver a eiruga nun video, as
bolboretas nacen de ovos. No seu primeiro estadio chámanse eirugas ou larvas e neste estadio non
teñen nada que ver cos individuos adultos. O paso de larva a adulto é
un proceso incríble, toda unha metamorfose marabillosa, pero moi
complicada e asombrosa:
Papilo machaon, adulto. Esta si pode
atoparse en Galicia, xa que é bastante común en ladeiras e outeiros, entre
abril e agosto. Soio tu´ven a sorte de vela nunha ocasión e non puden sacar
a súa fotografía.
A fotografía é de Pertti Pakkanen.
Ver o paso de
eiruga a bolboreta, en dibuxos, é incríble.
Eiruga da bolboreta Papilo machaon.
É o mellor que atopei en internet, o autor Manuel Gracia que explica
perfectamente o paso de eiruga a Bolboreta. O proceso é moi similar en todas
as bolboretas.
Así as bolboretas parten do
ovo do que hai moitos tipos, logo pasan a eiruga onde son moi simples xa que
soio se dedican a comer e engordar, seguidamente a crisálida da que sae o
adulto. A duración deste proceso é distinto para cada especie variando según as
condicións medioambientais.
A ùnica planta que sirve para as orugas
do Pavo real é a ortiga maior; mentras que por exemplo a bolboreta machaon
utiliza o fiuncho.
Finalmente a
bolboreta adulta, da que hai machos e femias, os machos normalmente teñen
cores máis vivos e a femia e, por regla xeral máis grande que o macho. Na fase
de adulto constan de cabeza, tórax e abdomen, parecidos a outros insectos.
Ten moitísima importancia o aparato reproductor así como o muscular, dado que a
bolboreta ten que mover as ás que van no tórax e para elo utiliza seis pares de
músculos, para acadar un sincronismo perfecto.
As bolboretas habitan os montes, campos ,
xardíns, e por suposto as zonas preto dos ríos galegos. Son diurnas.
As nocturnas chámanse avelaiñas.
Cynthia cardui. Descoñezo o autor da fotografía.
Convén siñalar aspectos ecolóxicos como pode ser as migracións
espectaculares de algunhas bolboretas, en Galicia hai algunha como a Cynthia
cardui que é considerada como a máis viaxeira das bolboretas europeas, de
feito ven dende o centro e norte de África e chega ata Islandia; 3000 km.
casi nada... Por certo esta bolboreta é moi abundante en Galicia sempre que faga
moito sol.
Siñalar tamén a importacia
do mimetismo como defensa contra os depredadores, que teñen motísimos en
todos os pasos de eiruga a adulto, moitas veces formando parecidos cos vexetais
ou metendo medo con ocelos que semellan animais grandes como é o caso do Pavo
real.
Importantísimo é o
papel das bolboretas nos ecosistemas. Fundamentais na polinización de moitas
especies.
Saír.