Curiosidades:
Aparte das xa escritas, que non son poucas, a súa rapidez collendo as presas é incríble, realmente teño
observado o fenómeno e non me entero, soio cando xa a presa está entre
as súas garras.
É como unha acción borrosa, pola
rapidez. Dicen que move os fémures 20 veces máis rápida que o parpadeo dun
ollo humán...
Os ollos permítelle a capacidade de ver
imáxenes e cores. Ten ademais visión binocular que lle permite facer
cálculos moi exactos.
Chámase Mantis Relixiosa ou Barbantesa
pola súa maxestuosidade, ver si non a seguinte fotografía:
Esta parece unha Empusa Pennata, máis cunha
Mantis religiosa. As duas son da mesma orden pero de familias distintas.
A súa postura favorita é polo tanto
sosteñerse alzada sobre as súas extremidades posteriores mentras levanta
as patas anteriores e mantenas dobladas frente a cara. Parece que está
rezando por eso os galegos a chamamos barbantesa, como si fora unha monxa
rezando.
É tamén o único insecto que
"pode mirar por riba do ombreiro", efectivamente a súa cabeza
pode xirar perfectamente.
Son ademais voadores.
O crecemento da barbantesa ten tamén un proceso
coñecido como “metamorfosis incompleta”, así non hai estado de
larva ou pupa. As ninfas son iguais as adultas. Por suposto o que cambia
é o tamaño, a falta de alas, e que non estén sexualmente desenroladas.
Os tres estados son ovo, ninfa e adulto.
Durante a súa vida a barbantesa crece e cambian o seu
exoesqueleto (esqueleto exterior) de 6 a 9 veces. Cando alcanzan a
madurez os animais aparéanse, as femias poñen os ovos e os pais morren o
cabo dun tempo. corto.
En certas comarcas de Granada os máis vellos do lugar
afirman que a "Santa Teresita", que é como lle llamán alí a Barbantesa é
capaz de cortar cós dentes unha cadena de ouro. Evidentemente esto no é
certo pero dise xa que é moi rápida e atrapa os insectos dunha forma que
é imposible que se escapen xa que no fémur ten moitas espiñas.
As súas mandíbulas son moi fortes e cortan
perfectamente os insectos como os saltóns , grilos e mismo vacalouras
que teñen un caparazón bastante groso. Todo vai para dentro.
O lanzamento dos fémures é vinte veces máis rápido que
un parpadeo dun ollo humán. Casi nada.
Nas Baleares, outra curiosidade, chámanlle "cavalls de
serp" e dice algunha xente que as barbantesas traen mansaxes do máis alá.
Por último hai outro mito que pensa que a barbantesa
hipnotiza os demais insectos e así calquera. Unha vez que están quietos
e parados lanza as súas patas e logo a comer...
Evidentemente non fai falta hipnotizalos a súa rapidez
é incrible e os insectos quedan atrapados rápidamente coas súas patas
anteriores.
Ir a
características