| Nome
        científico | 
      
		 
		Nome científico: 
		
		  
		Dolomedes fimbriatus, 
		Clerck, 1758) 
  
		Taxonomía: 
		
			
				
					
					
						- Filo Arthropoda
						
 
						- Clase Arachnida
						
 
						- Orden Araneae 
						
 
						- Familía Pisáuridos 
						
 
						- Xénero Dolomedes
 
						- Especie: Dolomedes fimbriatus.
 
					 
					 | 
				 
			 
			Nota: hai sobre 550 especies. 
			
			  Ir a 
			características
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			   
		   | 
    
    
      | Nome
        galego | 
      
		 Nome galego: 
		
		  
		Dolomedes 
		
		  Ir a 
		características   
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		   | 
    
    
      | Nome
        castelán | 
      
		 Nome 
		castelán: 
		
		  
		Araña balsa. Dolomedes.  Araña pescadora. 
		  
		
		  Ir a 
		características   
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		   | 
    
    
      | Dimensións | 
      
		 Dimensións: 
		
		  
		Son arañas bastante
        grandes, ata 2.6  cms. 
		Nesta fotografía vese o tamaño deste arácnido: 
		
		  
		
		Sobre 2,5  cms. 
		  
		
		  Ir a 
		características   
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		   | 
    
    
      | Identificación: | 
      
         
		Identificación: 
		  
        
			É doado identificala xa
        que é de cor marrón  por riba e bastante grande. Non fai telas e
        corre moito detrás das presas. 
			Os ollos son pequeniños. Por riba son de gris 
		pálido a marrón oscuro e as patas normalmente son pardas pero poden ser 
		blancas. 
			
			  
			
				Está sempre a batir coas súas patas na tona 
			da auga para atraer a pequenos peixes, cágados, etc. Logo fai o 
			ataque dependendo do tamaño da peza. Ten moi boa vista. 
			 
			En lugar de fabricar as arañeiras corren detrás das 
		presas na súa busca. A verdade é que son moi rápidas. 
			Teñen marcas lonxitudinais. 
		 
		
		  
		
			Son totalmente semiacuáticas, ou  sexa 
		igual as vemos por riba da auga como na beira perseguindo sempre as 
		presas. 
			Capturan de todo. Ata peixes e 
		cágados, por suposto tamén insectos. 
		 
		
		  
		
		  Ir a 
		características   
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
       | 
    
    
      | Alimentación: | 
      
         Alimentación: 
		  
        
			Aliméntase de pequenos insectos
        voadores como o cabaliño, libélulas e pequenos peixes,
        renacuaxos,  os que pesca
        batendo a auga coas patas, e cando os peixiños se acercan. 
			Gústanlle moito os cágados. 
		 
		  
		
		  Ir a 
		características   
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
       | 
    
    
      | Habitats: | 
      
		 Habitats: 
		
		  
		
			Son cosmopolitas. Moi difundidas en 
		varios hábitats, non so, na superficie da auga, sobre todo augas 
		tranquilas e tamén sobre plantas aquáticas. 
			Tamén nas praias a carón dos
        ríos. 
		 
		  
		  
		
		  Ir a 
		características   
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		  
		   | 
    
    
      | Reproducción: | 
      
		 
		Reproducción: 
		
		  
		
			As femias levan o saco
        de ovos nos seus quelíceros. Cando as crías están a punto de nacer, 
		moitas fan unha "tela parvulario" a modo de tenda en torno o saco, xeralmente na vexetación da ribeira. 
			A femia vixia ata que nazcan. 
		 
		  
		  
		
		  Ir a 
		características   
		  
		  
		  
		  
		  
		   | 
    
    
      | Vese
        nos meses: | 
      
		 Vese 
		nos meses de... 
		
		  
		No verán. 
		  
		  
		
		  Ir a 
		características   
		  
		  
		  
		  
		   | 
    
    
      | Interés: | 
      
		 Interés: 
		
		  
		Por suposto que teñen moitísimo 
		interés como todo o que rodea a un río. 
		  
		  
		
		  Ir a 
		características   
		  
		  
		  
		  
		  
		   | 
    
    
      | Protección: | 
      
		 Protección: 
		
		  
		Non están protexidas. 
		  
		
		  Ir a 
		características   
		  
		  
		   |