Helix aspersa.

Caracol. Caracol.

 

O caracol non é un insecto é un molusco. O caracol da fotografía non é acuático.

Vese dende logo moitos preto dos ríos e incluso hai caracois acuáticos.

Teño atopado caracois dentro de algunha troita.

Aliméntase de vexetais.

Ver outras fotografías do caracol da fotografía.

En Galicia tamén hai un caracol moi curioso como é o caracol de Quimper.

 

  salir.jpg (922 bytes)  Saír.                                              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACOIS ACUÁTICOS.

Taxonomía:

Reino: animalia

Orden: moluscos

Clase: Gastrópodo

Orden: Helicidae

Xénero: Helix

Especie: Helix aspersa

 

Moitos son os moluscos de auga doce e moitos os caracois que habitan preto destas augas. Os acuáticos, todos eles se alimentan de plantas acuáticas e algas.

Na fotografía extraída o levantar unha pedra do río poden verse varios caracois : o máis pequeno son bithynias e o máis grande parece que pertenece a misma familia pero con máis anos, con 4 anos ou así ( os aneis da concha indica os anos, os caracois poden chegar os 12 anos).

Fotografía dun Planorbarius sp.

Lymnaea sp.

da familia das Lymnaeidae.

 

Physella acuta é unha Physidae.

Os caracois en xeral son moluscos que poden ter pulmóns ou branquias.

 

Con pulmóns e opérculos hai os Ancylus, (tratado noutra ficha), os Ferrissiidae, os  Lymnaeidae, Physidae, planorbidae.

 

Con branquias son coñecidos as  Bithinias os Hydrobiidae e os Valvatidae.

 

O interesado pode consultar o libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo onde se ven con detalle todas as familias que existen actualmente en Galicia.

Nas fotografías da esquerda vense algúns deles.

Os caracois máis abondosos nos ríos son os da familia Lymnaea.

 

Este exemplar é un Lymnea auricularia e foi atopado no río Umia o 30 de setembro do 2001, nas Portas.

Trátase dun caracol acuático que está presente en algúns ríos galegos, evidentemente.

A información está sacada do libro "Miscelánea zoolóxica" de Estanislao F. de la Cigoña e José Manuel Oujo.

Concretamente o Lymnaea peregra é un dos máis abondosos nos ríos de Galicia.

Chámase peregra (que soa a peregrino) xa que aparece en distintos lugares dos ríos tanto en correntes rápidas como en remansos. É moi especial coa limpeza da auga.

É un caracol máis ben pequeno entre 1,5 e 2 cms.

A cuncha é característica.

A fotografía é de José Luis González e está sacada dunha exposición que fixo en Ourense no 2007.

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTRAS FOTOGRAFÍAS DO CARACOL

Na fotografía aparece un caracol. As fotografías están sacadas nunha acea do río Miño, en Ourense.

Caracol Helix aspersa.
O caracol está por riba da moa dunha acea. Caracol.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Caracol de Quimper.

Ten unha cuncha moi curiosa, bastante grande 3 cms. aparte de traslúcida. Ver máis datos neste link de onde saquei a fotografía.

O seu nome científico é Elona quimperiana.

Subir.