Narcissus cyclamineus

Narciso. (Narciso ).

Unha planta que tamén é abondosa nos ríos son os narcisos .  No son difíciles de distinguir xa que teñen flores amarelas moi vistosas.

As veces atópasen prados enteiros con narcisos xeralmente da variedade Narcissus bulbocodium.

A variedade Narcissus cyclamineus, que aparece na fotografía, é unha especie endémica de Galicia, ten os segmentos florais revirados cara atrás.

É común en Ourense. Moito menos frecuente na zona de Lugo e Coruña.

Ve-las características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NARCISO

 

Narcissus bulbocodium L

(Narciso dos prados)

O tubo de prolongación do receptáculo é casi cónico, de lonxitude parecida a da coroa.

Os filamentos de estame son casi curvados.

Bulbo de 15-20 mm. blanquecino ou algo pardo.

 Follas verde oscuro.

 

 

Esta é a forma da copa.

O narciso de abaixo ten os segmentos revirados.

En galego a todos estos narcisos chámaselle amarelles.

 

Flores con tendencia horizontal, amarelas, segmentos externos de 6-15 mm.

Moi variable.

 Vese moito en matogueiras, rochas e pastos de montaña, por suposto a carón dos ríos galegos.

 

 

O Narcissus cyclamineus é o mesmo que o anterior,  pero cós segmentos que se ven pegados (a copa), revirados hacia atrás.

 Trátase dunha especie exclusiva do Noroeste e en peligro coas minicentrais, que nona teñen en conta nas declaracións de impactos ambientais.

Atópase comunmente á beira dos ríos e dos regatos de Galicia e Portugal.

 

As diferencias son claras:

Narcissus cyclamineus. Observar a copa da flor,  cós segmentos revirados.

Narcissus bulbocodium. Observar a copa da flor,  non ten os segmentos revirados.

 

O Narcissus bulbocodium

 

Este é o narciso típico dos prados e que florece en abril.

Os segmentos da copa non son revirados e preséntanse casi perpendiculares a copa.

Conta Xosé Ramón García que todos os narcisos teñen cebola (bolbo) e varias follas que saen dela. Estos bolbos son velenosos, en especial para o gando.

Narcissus bulbocodium

Este é o narciso típico dos prados e que florece en abril.

Os segmentos da copa non son revirados e preséntanse casi perpendiculares a copa.

Conta Xosé Ramón García que todos os narcisos teñen cebola (bolbo) e varias follas que saen dela. Estos bolbos son velenosos, en especial para o gando.

Este narciso é típico de prados de alta montaña ou media montaña.

En Leboreiro onde está sacada a fotografía de abaixo hai unha altura de 861 metros exactos. (realmente o Google Earth é incrible).

 

Na fotografía un lameiro a carón do río Mao en Leboreiro (Ourense). (25 de Abril do 2008). O prado vese que está cheo de amarelles, que é como se chama a estos narcisos en Galicia.

Saír.