Cistus ladanifer.

Xara. (Jara pegajosa).

Trátase dun pequeno arbusto de case un metro e de flores blancas moi vistosas, que miden sobre uns dez cms. As veces estas xaras están en ladeiras, a carón dos ríos, e destacan moitísimo.

Recibe outros moitos nomes como esteba, esteva e chougazo.

Teño visto xaras en ladeiras do Courel, Serra de Queixa, a carón do Xares na Veiga e moitísimas no Parque natural de Montesihnos a carón do río RabaÇal que son os ríos que baixan a Portugal dende a Gudiña,  Vilavella e Barxa, en Ourense.

Ver características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XARA.

Fotografía de A Pinguela.

 

As súas follas teñen os pecíolos cortos e son lanceoladas e estreitas.

Cor verde.

As follas son tamén viscosas e péganse os dedos con facilidade.

As flores son blancas con cinco pétalos e moi vistosas. Florece na primavera

A planta conten lándano,  que é moi utilizado en perfumería entre outras cousas. Tamén se fan caramelos, doces e goma de mascar.

 

Mide sobre 1 metro de altura e as veces vense ladeiras entereiras de xaras. Por certo bastante olorosas na primaveira.

Aparece en terreos pedregosos, graníticos  e  pizarrosos.

En castelán recibe varios nomes como jara del ládano, jara pringosa, jara pegagosa. En catalán chámanlle estepa.

En galego recibe varios nomes como xara, esteba, esteva, chougazo, chagazo entre outros.

Chámanse xarais, tamén estebais,  o conxunto destas plantas e outras deste xénero.

Son,  como curiosidade,  especies que forman una parte importantísima de moitas matogueiras degradadas tras os incendios e que se recuperan desta forma.

En Galicia atópanse dentro destos terreos tamén o Cistus populifolius e o cistus salvifolios, aparte doutras plantas.

Nesta fotografía de Juan Luis vese o Cistus populifolius. En Galicia chámase xara macho.

Este é o Cistus salviflolius. En Galicia chámase xara moura.

 

A xara é típica tamén na Cubela, un pobo a carón do río Sil e no final do canón. Fotografía do autor da web.

Xara na cubela.

 

Saír.