Eupatorium cannabinum L.  

Herba Pulgueira. (Eupatorio).

 

 

Unha planta que se distingue moito a beira dos ríos galegos. É moi bonita. As frores son de color púrpura como se ven na fotografía.

Empléase en mediciña para facer suar e mexar a xente.

 

Ver un dibuxo da Herba pulgueira, e as características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HERBA PULGUEIRA.

Herba Pulgueira.

Tallos e pecíolos algo tomentosos, pero non glandulares, moitas veces os tallos son vermellos. Follas xeralmente tri - a pentalobuladas opostas.

De 30 -175 cm. de altura. Follas opostas, rara veces simples, con lóbulos lanceolados ou ovales, en punta, aserrados, con corto pecíolo. Capítulos de 2-5 mm. de diámetro con 5-6 florecillas tubulares roxo viño, rara vez brancas, numerosos, en corimbo ramoso terminal.

 

Brácteas involucrais externas moito máis cortas que as internas; estas últimas son ovais, dunhos 6 mm., anchamente papiráceas e a menudo purpúreas. Froitos negros, dunhos 3 mm.; vilano branco, de pelos numerosos.

Dende logo en lugares húmidos, preto dos ríos galegos. Xuño e agosto.

 

 

 

Recibe en castelán moitos nomes: Eupatorio, Canabina, Alfavaca, Altabaca, Altarraga, Altavaca, Atabaca.

En galego: eupatorio, herba de Santa Cunegunda, herba pulgueira,  herba purgueira, herba porqueira.

O texto é de  Mariano Garcia Rollán. Copiado o pé da letra do seu libro "Claves de la Flora de España"

Saír.