GALICIA 1911:

 PARAÍSO DO PESCADOR DE TROITAS.

Escribe Secundino Lorenzo. Email.

Un Verán en Galicia" de C. Gasquoine Hartley.O libro está editado por Galaxia. 1999. Traducción de Xosé Mª Gómez Clemente.

Enhoraboa a Xosé María Gómez Clemente, pola súa tradución, sensacional

Un verán en Galicia é deses libros que se atopan de casualidade, no meu caso gracias a miña compañeira do IES As Lagoas de Ourense, e profesora de Galego Celia Diaz (escritora);  una muller que non é a primeira vez que me indica cousas interesantes para a miña páxina www sobre os ríos galegos.

Un Verán en Galicia, é un libro escrito en 1911 por una inglesa C. Gasquoine Hartley que veu co seu marido a Galicia a coñecer a nosa terra e a pescar troitas. Unha auténtica xoia...No libro deixa ver, ben as claras, que Galicia tiña uns ríos únicos e marabillosos. Xustamente o que afirmo na miña páxina www. Quedou prendada do río Miño, tamén do río Sil, do Eume , Ulla, Tambre , Xallas e outros. 

Así escribía C. Gasquoine Hartley en 1911  dos nosos ríos:

O Miño e o Sil nos Peares. O Miño en Arbo.
O Miño en Ourense. Comentarios sobre a pesca.

Tendes neste link o libro en inglés

Volver á "Vida nos ríos".           Volver ó río Miño.                      Salir R. Miño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O  PARAÍSO DO PESCADOR DE TROITAS.

A escritora inglesa C. Gasquoine Hartley a principios do século pasado pasou varios meses en España "pescando co meu marido en varias partes do país". Máis dun mes estuvo en Galicia. "De entre os lugares que visitamos un dos que nos proporcionaron as mellores experiencias e lembranzas foron o Miño e o sil".

Río Miño nos Peares, xusto onde desemboca o río Bubal. Nesta zona estuveron pescando no ano 1911 e quedaron enamorados do lugar. Non me extrana,  eu inda hoxe,  en octubro do 2002, estou namorado e xa non é nin a sombra do que era.

No seu libro Spain Revisited. A Summer Holiday in Galicia, publicado en London en 1911, e agora traducido co título Un verán en Galicia. Confesa Gasquoine Hartley: "Visitei moitos ríos en moitos países, pero non lembro ningún que tivera un atractivo tan grande para mín como o Miño. Aínda hoxe me obsesionan os soños que naceron naquelas raigadas fermosas, naquelas gorxas salvaxes onde xorden caóticamente penedos grandes e cinsentos de augas avoltas; sitios onde non hai sinais de vida, de quitando o miñato ou algunha chasca...".

O río Miño en Frieira. Una marabilla de río. Seguro que en tempos era do mellor de Europa. Hoxe está defesnestrado pola contaminación e os encoros que Fenosa ten non seu cauce.

     ... "É bo momento para deterse a describi-las posibilidades do pescador de cana en Galicia. Hai moitos ríos bos para a práctica deste deporte en tódalas partes do reino, especialmente nas provincias de Lugo e a Coruña, que posúen tódalas calidades para a producción de fauna acuática. En Mondariz, na Toxa, no Lérez preto de Pontevedra e en Ferrol tiven conversas con pescadores que falaban moi ben da pesca nestes lugares. Un escocés en Ferrol díxome que el pasaba tódalas súas horas de lecer pescando e tiña boa sorte coas troitas asalmonadas nos ríos do contorno. O Miño e o Sil teñen troitas grandes como as de calquera outro río de Europa. A pesca é gratis, a non ser porque hai que pagar unha licencia que custo o redor de tres xilíns. Non hai dúbida de que, cun cultivo axeitado, Galicia pode transformarse no paraíso do pescador ó cabo duns anos. Pero compre revisa-la Lei de pesca. Os ríos non se poboan e descoñecen os viveiros de troita. Abundan os pescadores furtivos que utilizan trampas, lanzas e, nalgúns lugares a mortífera dinamita. Tamén usan as follas dunha planta que en Galicia coñecen co nome de trobisco para pillar as troitas. Os labregos poden pescar grandes moreas delas só con botar as follas nas pozas pouco fondas dos ríos. O seu efecto é velenoso para os peixes, que soben á tona da auga e pódense capturar con facilidade"...

Río Eume un dos ríos citados por Gasquoine e que pescou co seu marido. Hoxe non é nin a sombra de aquel Eume. Unha magoa.

..."O Ulla, o Tambre, o Xallas e o Eume son todos ríos de pesca que se poden comparar cos mellores ríos de Inglaterra, Escocia e Irlanda. Pódense atopar salmóns en moitos ríos. Hai zamborcas, lampreas, barbos, bogas, escalos -unha sorte de cruzamento entre un alburo e un peixe cacho- e outros peixes menos finos. Nalgúns ríos tamén hai abundantes anguías, aínda que afortunamente os mellores lugares para a troita están libres delas. O barbo é distinto do de Inglaterra, ó ser un peixe fermoso e máis fino. A fermosa zamborca prateada péscase con redes que teñen a abertura cuberta cunha póla verde que parece unha alga e así engana os peixes que pasan por alí. A zamborca non pica con ningún engado, pesa entre dous e seis quilos e é un peixe de sabor excelente, parecido o salmón". ...

Sigue decindo:

      "Galicia está case totalmente libre de ter ríos envelenados e contaminados. Hai centos de quilómetros de ríos fermosos que destacan pola ausencia de fábricas, industrias ou grandes ciudades preto das súas augas. Tamén a abundancia de peixes é milagrosa. Casi todos os grandes ríos están izados de troitas porque as pozas fondas deteñen  os pescadores furtivos que se concentran nos tramos pouco fondos e nos afluentes..."

    "...o Ulla, o Tambre, o Xallas e o Eume son todos ríos de pesca que se poden comparar cos mellores ríos de Inglaterra, Escocia e Irlanda, na que abundas as troitas. Na provincia de Ourense atopámo-la gran lagoa de Antela, na que abundan as troitas..."

 

Para chorar si comparamos có que hai hoxe nestos ríos e nestas lagoas inexistentes...

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O MIÑO E O SIL NOS PEARES.

 

Nota: poño un anaquiño da estancia da escritora e o seu marido (gran pescador) nos Peares, pescando no ríos Miño, Sil e Cabe (co río Cabe están equivocados seguramente co nome, xa que nos Peares é o río Bubal o que desemboca). Realmente a descripción do lugar e a súa grandeza queda perfectamente reflexada no texto. Acompaño cunhas fotografías do lugar sacadas no 2002. Soio pasaron case 100 anos. Case nada. 

--------------------------------

     

Nesta fotografía vese a desembocadura hoxe do río Bubal no río Miño e no río Sil o fondo a esquerda. Esta vista non dista moito da descrita pola escritora. O lugar é fora de serie.

"...Almorzamos nunha solaina cuberta cun parreiro que dominaba o río. Era un lugar feiticeiro, cunha vista magnífica. Xusto debaixo de nós, á dereita, estaba a confluencia do Cabe coa corrente principal. Os leitos dos dous ríos formaban como un Y. Na outra dirección, á esquerda, estendíase o barranco rochoso onde se xuntan o Miño e o Sil. A mañá, aínda que fresca, mostrábase gloriosamente brillante e en tódalas direccións resplandecían as cores alegres que seguen as tormentas. Os birrios voaban preto das fiestras da casa: era unha mañá perfecta..."

Río Sil, polos anos 1920. Hoxe esta zona está debaixo do encoro de San Esteban. O río da unha idea de como era polos anos 1911, que é cando escribe C. Gasquoine.

"...A sorte non nos acompañou á hora de pescar durante a nosa estadía nos Peares o tempo seguía a ser bo e radiante, Aínda así, os días que ali pasamos foron magníficos. Nunca vín unha paisaxe tan impresionante e fermosa coma a esgrevia gorxa do Sil, que continúa varios quilómetros maís aló dos Peares. Se, como creo eu, os lugares, igual cás persoas, teñen un caráter visible -si, unha alma de seu-, a alma do río Sil ten un poder abraiante. Nunca sentira unha atracción que era metade terror e metada fascinación, como a dalgunha xente que non sabes se amas ou odias. Nunca cheguei a perderlle por completo o medo a este río, á súa forza brutal e a súa corrente despiada e implacable. Ó meu parecer, o trazo máis salientable do seu caráter era a crueldade, un trazo que de por sí é máis poderoso ca bonito...

Río Sil por debaixo do encoro de San Esteban, non moi lonxe dos Peares. Realmente a escritora describe, perfectamente na miña opinión,  o que debía ser este río en tempos. Hoxe ten poucos tramos onde non esté domado por Iberdrola. O río Sil é temeroso pero por outras causas. Foto 2001.

 

"... Algunhas das pozas chegan os quince metros de profundidade. Hai poucos lugares por onde vadear o río. O mellor xeito de pescar é lanzando a sedela cun engado vivo dende os penedos......o noso amigo D. Carlos, experto pescador co carrete de Nottingham, tiña as capturas aseguradas gracias ó seu coñecemento do río. Contounos que adoitaba coller tre ou catro troitas ó día que, en total, podían pesar ata dez quilos. Non é a primeira vez, que colle un peixe de cinco quilos e chegou a ver unha troita de quince. Este peixe matárao un labrego cunha forquita nas augas pouco fondas dun afluente. Queda claro, logo, que as pozas do Sil teñen troitas tan grandes coma as de calquera outro río de Europa...".

Na fotografía vense os Peares, o cañón dos Peares co río Miño o fondo. A dereita a desembocadura do río Sil. Esta fotografía é de principios de siglo e non dista moito do que escribe C. Gasquoine Hartley no seu maravilloso libro. Para min unha xoia auténtica.

Esta fotografía aparece no libro "Os ríos galegos" de Ramón Otero Pedrayo. Edicións Castrelos  1977. Mostra o río Sil xusto pola dereita da fotografía anterior.

Nesta fotografía histórica vese a Ponte do tren dos Peares e o río Miño, a misma visión que tuvo a autora e o seu marido. Descoñezo o ano da fotografía pero si podo afirmar que é anterior a 1950.

Vista actual da misma ponte. Octubro do 2006. Fotografía do autor da www.

Esta é a zona actualmente vista dende o SIGPAC. A escritora inglesa C. Gasquoine Hartley efectivamente fala que dende unha casa dos Peares vía exactamente unha Y. Do que estou seguro e de que non vía a ponte coa estrada que leva de Ourense a monforte, o resto por soposto.

 

Atención: nunha das visitas o libro en Inglés atopo que ten fotografías.

Toda unha xoia:

Unha marabilla dos Peares en 1911, a fotógrafa é a autora do libro,  C. Gasquoine Hartley.

Unha marabilla no río Sil, na cabeceira, en Matarrosa. 1911, a fotógrafa é a autora do libro,  C. Gasquoine Hartley.

Matarrosa e río Sil hoxe. Pasaron 102 anos. http://youtu.be/HYGnJji-Sf8

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O MIÑO EN ARBO

Nota: poño un anaquiño da estancia da escritora e o seu marido en Arbo, a carón do gran Miño, un lugar onde o río Miño, inda hoxe, octubre deo 2002 inda é un río.

O texto selecionado comenza coa viaxe en tren dende Tui ata Arbo.

--------------------------------

    

Nesta fotografía vese, precisamente, a zona que describe dun xeito maxistral a escritora C. Gasquoine Hartley no seu libro. O río Miño denantes de chegar a Arbo. Realmente é un río fermoso. Os galegos déberamos esixir que estuvese vivo totalmente. É o mellor que temos. É o símbolo da nosa Galicia e da nosa bandeira.

"...A vía vai bordeando a ribeira do Miño, seguindo tódalas súas reviravoltas tan de preto que, ás veces, case semella que o tren vai dar na auga. Sería imposible imaxinar unha paisaxe máis fermosa cá que ofrece este camiño de ferro. O val faise máis estreito e fondo ó tempo que o río se precipita por entre penedos e rochas que o atormentan e cambian o seu cursp a cada pouco. Aquí as pedras sepáranse e ábrense formando vales fértiles con viñas; acolá obstaculizan o camiño obrigando a que o tren as rodee lentamente..."

Río Miño en Arbo

"...Arbo está situado como un niño de aguia nunha gorxa salvaxe do Miño.......Pasamos unha semana feliz en Arbo. O tempo non era propicio para a pesca: un sol radiante e a falta de choiva facían empeora-las condicións da auga día a día. O mellor lugar para a práctica do noso deporte atopámolo nun afluente que se xunta co Miño a menos de dous quilómetros da vila e que está situado nunha enfeitizante valgada sombriza. As troitas eran pequenas pero abundantes e vigorosas... "

"...Aquela tarde fixera máis calor que nunca. As rochas á beira do Miño queceran tanto que case poderiamos asa-los peixes nelas. Non había nin un alento de brisa. Alegrámonos de fuxir da abafante raxeira por un momento e descansar na pousada ata que a sombra das montañas caese sobre o Miño. Daquela seguímo-lo río ata onde ao afluente se xunta coas augas avoltas da corrente principal. O serán era perfecto e sobre a auga reflectíase unha tardía luz dourada. Chegamos a unha zona pouco fonda, larga e cunha corrente bastante rápida, onde crecían algas entre o grixo. O meu marido dixo que probablemente era un bon lugar para as troitas. Lancei a sedela, e, case inmediatamente, collín un peixe grande. A miña lixeira cana de loureiro das Indias dobrouse ata que pensei que se ía partir mentres o peixe nadaba rápidamente cara ó medio do río. Como dixen antes, non son unha gran deportista, pero aínda lembro a emoción daquel momento. Berrei polo meu marido como una tola.

-¡Déixao correr! -foi a súa resposta-.¡Sexa o que sexa, é un peixe grande!.

A miña cana cedeu máis, aínda que a liña seguía a saír do carrete. A uns vinte metros unha batuxada rompeu na auga e por un segundo un gran resplandor prateado escintilou por riba da auga. ¿Era un salmón, unha zamborca ou unha das poderosas troitas do Miño? Nunca o saberemos, a miña cana endereitouse e a sedela caeu sobre a ribeira. ¿Estaba triste ou leda?. Non sei. Creo que estaba anoxada pola emoción que sentira..."

Nota: Tal como describe C. Gasquoine, a zona é a que está xusto no medio da fotografía que é onde desemboca en Arbo o río Deva. Este río é o que pescaban e tal como describe foron ata desembocadura co río Miño. A verdade é que o libro escrito no 1911 paréceme unha xoia.

Esta é a zona vista exactamente dende o SIG PAC, os ingleses deberon pescar na desembocadura do río Deva. Un lugar extraordinario de pesca. Esta fotografía correspóndese exactamente coa de arriba (vista dende a parte inferior esquerda).

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O MIÑO EN OURENSE

Nota: poño un anaquiño da estancia da escritora e o seu marido en Ourense, a carón do gran Miño.

--------------------------------

    

Nesta fotografía vese, precisamente, a zona que describe a autora. A fotografía é de Pacheco. Hoxe o Miño neste lugar nin se parece.

Hai quen di que cambiou para mellor, sinceramente non é nin comparable a beleza do río Miño na fotografía a zona actual.

"...Daquela chegou a choiva, feito que parecía imposible durante o tempo radiante dos últimos días...como a choiva xa parara, fun andando co meu marido ata o río. O Miño é moi largo en Ourense e flúe paseniñamente por riba dun leito de grixos, pero en tempos de enchentes a auga sobe rápidamente e chega a unha altura considerable. Topamos cun home que levaba cana de pescar e o meu marido saudouno como a un irmán pescador. Mostrounos as súas moscas caseiras, máis pequenas, e estaban feitas con máis maña ca ningunha outra que viramos en Galicia. Uns homes andaban a poñerlles os cebos ás liñas que, logo, lanzaban ó río. Preguntámoslles qué collían e eles contestaron:

  -Maiormente anguías.

    O serán agoiraba treboada e o ceo do solpor tiña unha cor cobre alaranxada cando o vimos dende a magnífica ponte de pedra do século XIII, que estendía os poderosos arcos sobre as augas avoltas. A vila, tendida por riba do río, parecía unha muller vestida de branco durmindo docemente e as montañas cubertas de néboa ó lonxe eran o leito azul sobre o que repousaba..."

Esta fotografía, que tamén pode ser de Pacheco, está sacada por esa data e da unha idea da maravilla do río Miño en Ourense.

Volver