O RÍO XALLAS EN ÉZARO RECUPERA A VIDA

(Agosto de 2012. Fotografías e texto de secundino Lorenzo)

Dende o ano 1998 esta páxina reivindica o caudal ecolóxico para o río Xallas no seu último tramo. 1,5 km. de río que dende 1985 está seco. Por fin o ano 2011 a compañía eléctrica, Ferroatlántica,  que explota o río non ten máis remedio que cumplir a lei. Para esta páxina, para mín,  é un motivo de ledicia e así o celebro con estas fotografías que poño a continuación.

Enhoraboa a natureza galega. Enhoraboa a todos os que loitaron por conseguir que o río Xallas nese tramo teña auga, inda que sexa pouca...

...................

Río Xallas no ano 1997. A pé de presa auga cero. Sin caudal ecolóxico. Un roubo...

 

Río Xallas agosto de 2012, caudal ecolóxico 10% do caudal medio. A lei...

Enhoraboa a todos os que loitamos por conseguir esta legalidade, que o río teña auga todos os días do ano e que a fervenza do Xallas en Ézaro poda ser vista a calquera hora, de calquera día de calquer ano...

A páxina web "A vida nos ríos galegos" está de festa, e esa festa vouna celebrar poñendo unhas fotografías para que as disfrutemos todos:

 

Fervenza do Xallas en Ézaro. Agosto de 2012

Fervenza do Xallas un pouco máis preto. Observar a poteira que ten na parte dereita, por certo a que non chega a auga deste caudal...

Un pouco máis cerca... o Concello fixo unha pasarela de madeira que chega prácticamente a fervenza. Boa idea.

Observar a poteira que ten na parte dereita, espectacular... Esa poteira (ou pilacons ou marmita)  está feita pola erosión das aguas o chocar contra ela e mover os elementos que ten a misma. Por suposto con este caudal a auga non chega a misma. Si queredes ver como se forma a poteira e algunhas fotografías delas visitar nesta misma páxina o meu dicionario fluvial.

Asi está a fervenza pola noite os sábados e domingos a partir das dez da noite. Espectacular. Todo un espectáculo...

Esta é a miña contribución a esta festa.

..............................................

Non convén esquecer a loita destos anos inda que soio fora poñendo a súa pequena historia en fotografías como fixo esta páxina. Ver algunhas fotografías desta loita.

                                            salir.jpg (922 bytes) Volver